Mar de Weddell
Tipo | mar marxinal | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | James Weddell (pt) | |||
Parte de | Océano Antártico | |||
Localización | ||||
Continente | Antártida | |||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Profundidade | 6.820 m | |||
Superficie | 2.800.000 km² | |||
O mar de Weddell é unha ampla porción do océano Glacial Antártico comprendida entre a Península Antártica polo oeste, as illas Orcadas do Sur polo norte, a Terra de Coats e a Terra da Princesa Marta ao leste. Ao sur atópase a segunda barreira de xeo máis grande do mundo: o conxunto Filchner-Ronne, que se apoia na Terra de Edith Ronne, esta barreira rodea en gran parte á grande illa Berkner. Xunto ao litoral da Península Antártica está a barreira de xeo Larsen, cuxa parte norte colapsou rapidamente nos últimos anos.
A parte da Antártida localizada ao oeste deste mar, ata o mar de Ross, denomínase Antártida Occidental ou Menor, e ao leste, Antártida Oriental ou Maior.
A anchura máxima deste mar é duns 2.000 km, cubrindo unha área de 2,8 millóns de km².
Foi nomeado en honor ao mariño británico James Weddell que se internou neste mar en 1823 alcanzando os 74° S. Foi explorado amplamente por primeira vez polo escocés William S. Bruce entre 1902 e 1904. Foi neste mar que o barco de Shackleton, o Endurance foi atrapado e destruído polo xeo.
Crese que a separación do ex-continente Gondwana comezou no mar de Weddell.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Weddell |