Honduras
República de Honduras (es) | |||||
Himno | Himno Nacional de Honduras (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Libre, Soberana e Independiente» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tegucigalpa | ||||
Contén a división administrativa | Departamento de Atlántida Departamento de Choluteca Departamento de Colón Departamento de Comayagua Departamento de Copán Departamento de Cortés Departamento de El Paraíso Departamento de Francisco Morazán Departamento de Gracias a Dios Departamento de Intibucá Departamento de Islas de la Bahía Departamento de La Paz Departamento de Lempira Departamento de Ocotepeque Departamento de Olancho Departamento de Santa Bárbara Departamento de Valle Departamento de Yoro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.062.994 (2021) (89,46 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 112.492 km² | ||||
Punto máis alto | Cerro Las Minas (pt) (2.849 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1821 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidenta | Xiomara Castro (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of Honduras (en) | ||||
• Presidenta | Carlos Roberto Flores (en) (1998–2002) Ricardo Maduro (2002–2006) Manuel Zelaya (2006–2009) Roberto Micheletti (2009–2010) Porfirio Lobo (2010–2014) Juan Orlando Hernández (2014–2022) Xiomara Castro (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Congresso Nacional de Honduras (pt) , (Escano: 128) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 28.488.721.296 $ (2021) | ||||
Moeda | lempira (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .hn | ||||
Prefixo telefónico | +504 | ||||
Teléfono de emerxencia | 198 (pt) e 199 (pt) | ||||
Código de país | HN | ||||
Páxina web | honduras.travel… | ||||
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.
A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.
Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.
A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia das Honduras.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política das Honduras.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións das Honduras.
A República de Honduras está dividida en 18 departamentos. A súa capital é a cidade de Tegucigalpa, municipio de Distrito Central; xurisdición do departamento de Francisco Morazán.
N.º1 | Departamento | Pob (2010/2011) | Sup (km²) | Cabeceira | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Atlántida | 572 551 | 4.372 | La Ceiba | ||||
2 | Colón | 293 540 | 8.249 | Trujillo | ||||
3 | Comayagua | 442 251 | 5.124 | Comayagua | ||||
4 | Copán | 362 226 | 3.242 | Santa Rosa de Copán | ||||
5 | Cortés | 2 120 291 | 3.923 | San Pedro Sula | ||||
6 | Choluteca | 605 504 | 4.360 | Choluteca | ||||
7 | El Paraíso | 427 232 | 7.489 | Yuscarán | ||||
8 | Francisco Morazán | 1 691 056 | 8.619 | Tegucigalpa | ||||
9 | Gracias a Dios | 88 314 | 16.997 | Puerto Lempira | ||||
10 | Departamento de Intibucá | 232 509 | 3.123 | La Esperanza | ||||
11 | Departamento de Islas de la Bahía | 47 158 | 236 | Roatán | ||||
12 | La Paz | 196 322 | 2.525 | La Paz | ||||
13 | Lempira | 315 565 | 4.228 | Gracias | ||||
14 | Departamento de Ocotepeque | 132 453 | 1.630 | Ocotepeque | ||||
15 | Departamento de Olancho | 509 564 | 23.905 | Juticalpa | ||||
16 | Santa Bárbara | 402 367 | 5.024 | Santa Bárbara | ||||
17 | Valle | 171 613 | 1.665 | Nacaome | ||||
18 | Departamento de Yoro | 552 100 | 7.781 | Yoro | ||||
Información do Censo 2010 Fonte: INE[1] |
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Honduras.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Honduras.
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía de Honduras.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Honduras.
Honduras é un país multiétnico, por conseguinte é un país multicultural. A composición étnica xenotípica de Honduras é a seguinte: 10% caucásicos, 2% afroamericanos garífunas, 6% indíxenas e o resto da poboación é mestiza. Este conglomerado de grupos étnicos é o que finalmente contribúe á riqueza da cultura do país xunto á incorporación e achegas de recentes grupos de inmigrantes que enriqueceron o conglomerado cultural desde os grupos afroamericanos caribes, que chegan en 1797, até os grupos xinoides ou arabezcos que se incorporan coa chegada das compañías bananeiras e a súa economía de enclave a finais do século XIX e principios do século XX.
Pintura
[editar | editar a fonte]O pintor máis destacado que tivo Honduras é José Antonio Velásquez. Este pintor foi recoñecido como o primeiro pintor primitivista de América. Expuxo as súas obras en EE. UU. e América Latina, así como nun bo número de países de Europa e Asia. En escultura e pintura destacaron Mario Zamora, Virginia Castillo, Santos Arzu Quioto, Santos Guardiola, Rolando Trochez, Julio Vizquerra entre outros.
Literatura
[editar | editar a fonte]A literatura no territorio da actual Honduras remóntase a hai máis de mil cincocentos anos. Foi desenvolvida pola civilización maia na cidade de Copán, coñecida como literatura maia, escritos empregando a escrita maia dos antepasados que empregaba logogramas e glifos silábicos, a literatura maia encóntrase conservada en estelas, pirámides e templos en Copán. A cidade alberga unha pirámide, a dos xeroglíficos, que conta con máis de 2500 glifos.
Na actual Honduras existiron varios períodos de literatura contando con moitos autores no romanticismo, modernismo, posmodernismo etc. Entre os escritores máis notables de Honduras están Froylán Turcios Juan Ramón Molina, Rafael Heliodoro Valle, Víctor Cáceres Lara, Glenda Umaña e Ramón Amaya Amador, Marco Antonio Rosa, Roberto Sosa, Lucila Gamero de Medina, Eduardo Bähr, Amanda Castro, Javier Abril Espinoza e Roberto Quezada. En teatro sobresaen as obras do pai José Trinidad Reyes Sevilla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Honduras: metropolitan areas". ine.gob.hn. 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2011.