Saltar ao contido

Afternoon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afternoon (アフタヌーン)
Editor: Kodansha
Idioma: Xaponés
Categoría: Manga Seinen[1]
Periodicidade: Mensual
Ano de fundación: 1986
Páxina web: afternoon.co.jp

Afternoon (アフタヌーン?) é unha publicación xaponesa de manga seinen, publicada por Kodansha. É de carácter mensual, e cada número conta con arredor de 30 historietas de varios mangakas, co cal a miúdo rolda as 800 páxinas. Ó longo da súa historia a revista publicou numerosas series célebres, como Ah! Megami-sama, A espada do inmortal ou Mushishi.

A publicación forma parte da serie "1día" de Kodansha, que tamén inclúe as revistas Morning e Evening.

  1. "J-Magazine.or.jp on Afternoon" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 20-01-2007. Consultado o 13-04-2007. (en xaponés)