Audi
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2016) |
Audi | |
---|---|
Tipo | Empresa multinacional |
Fundación | 16 de xullo de 1909 |
Matriz | Grupo Volkswagen |
Localización | Ingolstadt, Alemaña |
Fundador | August Horch |
Persoas clave | Rupert Stadler[1] (Director executivo) |
Industria | Automótriz |
Produtos | Automóbiles |
Beneficio | 29.840 millóns de € (2009)[2] |
Beneficio operativo | 1.604 millóns de € (2009) |
Beneficio neto | 1.347 millóns de € (2009) |
Número de empregados | 58.046 (finais do 2009)[3] |
Na rede | |
https://www.audi.com, https://www.audi.co.za/, https://www.audi.de/ e https://www.audi.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Audi AG, con sede en Ingolstadt, en Baviera (Alemaña) é un fabricante de automóbiles, que pertence o Grupo Volkswagen.
A marca é un xogo de palabras para eludir os dereitos do nome da antiga fabricante de vehículos de motor Horch. O fundador da empresa August Horch, que foi un dos pioneiros da industria do automóbil en Alemaña, creara en 1899 "A. Horch & Cie." da cal seria expulsado por diferenzas entre el e o comité de vixilancia. Uns poucos anos máis tarde, fundou outra empresa "Horch Automobil-Werke GmbH" en Zwickau o 16 de xullo do 1909. Horch perdeu a disputa polo uso do nome, polo cal non puido volver usalo apelido para o nome da compañía, polo cal se puxo na procura dun novo nome para a compañía e encontrou unha proposta na escola de Zwickau,[4] "horch" ,significa "escoita", que levado o latín é Audi imperativo de Audire, co cal lle cambiou o nome da empresa a "Audi Automobilwerke GmbH", rexistrouna no Rexistro Mercantil como tal o día 25 de abril de 1910.
Historia
[editar | editar a fonte]1909-1931: Establecemento da fábrica de coches Audi GmbH
[editar | editar a fonte]A historia da marca Audi comenza en novembro de 1899 despois de que August Horch (1868-1951), un dos pioneiros da industria automobilística alemá, fúndase en Ehrenfeld un distrito municipal de Colonia (Alemaña), a empresa de autos „August Horch & Cie“ , cuxo primeiro automóbil comezou a circular por vías públicas en 1901, este era un coche de dous cabalos con motor horizontal[5]. A compañía mudouse a Reichenbach in 1902, onde en 1903 construíu o primeiro automóbil alemán de catro cilindros. A empresa trasladouse a Zwickau en 1904, onde se fabricou o primeiro motor de seis cilindros. O 16 de xullo de 1909 logo dalgunhas dificultades financeiras e desavinzas internas co consello de administración, decidiu abandonar a compañía para crear unha nova fábrica de automóbiles. Así naceu a „Horch Automobil-Werke GmbH“ en Zwickau, (no estado de Saxonia)[5] Como Horch perdeu a disputa legal polo nome da compañía, que xa estaba rexistrado anteriormente, non puido volver utilizar o seu apelido e escolleu o nome "Audi", a tradución ao latín do vocábulo alemán "horch", que en galego significa "oír" ou "escoitar".[6] Por iso, en 1910, meses logo da súa fundación cambiou o nome da compañía a "Audi Automobilwerke GmbH".
De 1918 a 1931
[editar | editar a fonte]En setembro de 1921,posiblemente en 1920, Audi foi a primeira compañía automotriz en introducir o volante con condución á esquerda, baseada nunha maior visibilidade dos vehículos e nunha maior manobrabilidade a horas de meter as marchas pois a panca quedaba á dereita. Fíxoo no seu modelo Audi K.[7] Cara a 1928 outras marcas seguirían o seu exemplo.
En agosto de 1928 o enxeñeiro danés Jørgen Skafte Rasmussen de DKW adquiriu un paquete maioritario de accións en Audi.
-
Audi Tipo A (1910/12)
-
Audi Tipo C (1913)
-
Audi Tipo E (1923)
-
Audi Tipo SS (1930)
1932-1945: Audi e Auto Union
[editar | editar a fonte]En 1932, ambas as compañías Horch e Audi, xunto con DKW (fundada en 1907) e Wanderer (fundada en 1885) fusionáronse para formar Auto Union AG -sendo estas a base da que máis tarde seria Audi AG- e poder facer fronte ás dificultades derivadas da Gran Depresión de 1929, que afectaba, principalmente á racionalización dos procesos de produción e ensamblaxe. O 29 de xuño de 1932, naceu o logotipo de Audi, con catro aros entrelazados, como símbolo froito da alianza das catro marcas saxoas: Audi, DKW, Horch e Wanderer.
A sede da compañía estivo ata 1936 na fábrica da DKW na cidade de Zschopau para colocarse a partir de aquí na cidade de Chemnitz -cidade na que foi rexistra a marca- no edificio da administración da compañía Presto-Werke.[8] En 1938 convértese nunha das primeiras empresas automobilísticas en facer test de choque os coches.[6]
Para evitar a competencia dentro do grupo, asignouse a cada marca un segmento específico do mercado: automóbiles de luxo do segmento medio para Audi, motocicletas e coches pequenos para DKW, vehículos de tamaño medio para Wanderer e vehículos de luxo na parte máis alta da gama para Horch.
As catro marcas fundadoras foron comercializadas baixo o paraugas de Auto Union. A marca Audi presentou o menor volume de negocios do grupo (participación nas vendas das marcas individualmente na produción total de automóbiles en 1938 en Alemaña: 17,9% DKW, Wanderer 4,4%, 1,0% Horch, Audi 0,1%).[8]
En 1941, dous anos logo de comezar a segunda guerra mundial, Auto Union AG producía exclusivamente vehículos para o uso militar polo que o seu desenvolvemento automobilístico viuse gravemente afectado.
-
Audi 920 (1939)
1945-1991: da posguerra de Alemaña Oriental, a disolución de Auto Union AG
[editar | editar a fonte]Ao finalizar a guerra estando Auto Union AG na Zona de ocupación soviética foi dada de baixa no rexistro mercantil pois a administración da zona soviética expropiou e ordenou desmantelar todas as fábricas da empresa.
A antiga fábrica de Auto Union segue a producir automóbiles en Zwickau (nesa época pertencía á República Democrática Alemá) baixo o nome de VEB Automobilwerk Zwickau (AWZ) sacando neste tempo o VEB AWZ P70, en 1958 foi adquirida por Daimler-Benzy, que finalmente a vendeu en 1964 o Grupo Volkswagen, quen conservou o nome de Audi e o seu logo. O Trabant produciuse ata 1991 sendo este o último modelo producido pola VEB Sachsenring Zwickau.
Motocicletas
[editar | editar a fonte]O 18 de abril do 2012, Audi anunciou a compra da marca italiana de motocicletas Ducati.[9] Isto servirá para crear sinerxias para a fabricación de motores máis pequenos, que consuman menos combustible e na construción lixeira.
Accionistas
[editar | editar a fonte]A estrutura do capital social é o seguinte:
- 99,14 % Grupo Volkswagen[10]
- 0,40 % Porsche Automobil Holding
- 0,46 % Free float
As accións negócianse nas bolsas de valores de Berlín, Bremen, Dusseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Múnic e Stuttgart.
Audi: a reixa única
[editar | editar a fonte]A reixa única e un aspecto especialmente chamativo do deseño da grella de todos os vehículos da Audi dende 2004.
Houbo tres épocas no deseño da grella. A reixa, así chamado o marco decorativo, tiña só o marco cromado arredor da parte superior da reixa por riba do parachoques. O presentar a segunda xeración do Audi A4 (B6) no ano 2000, apareceu a grella de dobre marco, coa parte superior así como a parte inferior do parachoques rodeados por unha tira cromada. No 2004, apareceu a reixa única.
Pouco a pouco, todos os modelos da Audi acolleron este deseño. O primeiro modelo coa reixa única foi o A8 6.0L W12, un tempo despois, foi a versión de cinco portas do Audi A3, o A3 Sportback. Co cambio de modelo do A6 foi a primeira vez que unha serie enteira levaba a nova reixa. Co tempo todos recibiron a nova reixa, o A3, o A8 e o A4 dende as versións da serie B7. O Audi TT foi o último en recibir a reixa unica. O Audi A2 non chegou a usala posto que a súa produción rematou pouco despois da introdución da reixa única.
Modelos e tipos
[editar | editar a fonte]Segmento B
[editar | editar a fonte]Construción | Serie | Nota | Imaxe |
---|---|---|---|
1974–1978 | Audi 50 Tipo 86 |
Influenciado pola crise do petróleo, desenvolveuse o novo Audi 50. En setembro de 1975 apareceu un VW Polo I con motores máis pequenos que foron vendidos por Volkswagen. Ata xullo de 1978, vendéronse arredor de 181.000 exemplares do Tipo 86 antes de que Audi cesase a súa produción. | |
1999–2005 |
Audi A2 8Z |
O compacto Audi A2 foi o primeiro coche de produción masiva cunha carrocería monocasco de aluminio (Audi Space Frame) e foi (na versión 1.2 TDI) un dos primeiros "Drei-Liter-Autos" que se ofreceu no mercado alemán. | |
dende 2010 | Audi A1 8X |
O Audi A1 e o terceiro utilitario de Audi AG. A plataforma baséase no VW Polo V. |
Segmento C
[editar | editar a fonte]Construción | Serie | Nota | Imaxe |
---|---|---|---|
1996–2006 | Audi A3 8L |
É o primeiro modelo da Audi no segmento dos compactos. Foi deseñado sobre a plataforma do VW Golf IV. A versión de cinco portas apareceu no 1999. É fixeronlle un "Facelift" no ano 2000. | |
dende 2003 | Audi A3 8P/AU350 |
Novo desenvolvemento sobre a plataforma do VW Golf V. No 2005 apareceu a variante A3 Sportback sendo reconsideradas revisións do modelo no 2008 e no 2010. | |
dende 2004 | Audi A3 Sportback 8PA/AU353 |
É unha variante do A3 8P. Introduciu a reixa única no A3. "Facelift" o igual que o modelo de tres portas no 2008 como no 2010. |
Segmento D
[editar | editar a fonte]Construción | Serie | Nota | Imaxe |
---|---|---|---|
1965–1972 | Audi F103 | ||
1972–1976 | Audi 80 B1/Typ80 |
||
1976–1978 | Audi 80 B1/Typ82 |
||
1978–1984 | Audi 80 B2/Typ81/85 |
||
1984–1986 | Audi 80 B2/Typ81/85 |
||
1984–1986 | Audi 90 B2/Typ81/85 |
||
1986–1991 | Audi 80 B3/Typ89/8A |
||
1987–1991 | Audi 90 B3/Typ89/8A |
||
1991–1994 Avant: 1992–1995 |
Audi 80 B4/8C |
||
1994–2000 Avant: 1996–2001 |
Audi A4 B5/8D |
||
2000–2004 Avant: 2001–2004 |
Audi A4 B6/8E |
||
2004–2007 Avant: 2004–2008 |
Audi A4 B7/8E |
||
Dende 2007 Avant: dende 2008 |
Audi A4 B8/8K |
||
Dende 2009 |
Audi A4 allroad quattro B8/8K |
Segmento E
[editar | editar a fonte]Construción | Serie | Nota | Imaxe |
---|---|---|---|
1968–1976 aproximadamente 800.000 |
Audi 100 C1/F104 |
||
1976–1982 aproximadamente 950.000 |
Audi 100 C2/Typ43 |
||
1979–1982 | Audi 200 C2/Typ43 |
||
1982–1991 | Audi 100 C3/Typ44 |
||
1983–1991 | Audi 200 C3/Typ44 |
||
1990–1994 | Audi 100 C4 |
||
1994–1997 | Audi A6 C4/4A |
||
1997–2004 Avant: 1998–2005 |
Audi A6 C5/4B |
||
1999–2006 | Audi allroad quattro C5/4B |
||
Dende 2004 Avant: dende 2005 |
Audi A6 C6/4F |
||
Dende 2006 | Audi A6 allroad quattro C6/4F |
||
Dende 2011 | Audi A6 C7 C7 |
Este A6 é 70 kg máis lixeiro que o seu predecesor e consome grazas aos seus modernos motores e técnicas de aforro de combustible até un 19 por cento menos que o seu predecesor[11] |
Segmento F
[editar | editar a fonte]Construción | Serie | Nota | Imaxe |
---|---|---|---|
1988–1994 | Audi V8 D11/4C |
||
1994–2002 | Audi A8 D2 D2/4D |
||
2002–2010 | Audi A8 D3 D3/4E |
||
Dende 2010 | Audi A8 D4 D4/4H |
||
Dende 2010 | Audi A7 4G |
Construción | Serie | Nota | Imaxe |
---|---|---|---|
1991–2000 | Audi Cabriolet 89/8G |
||
2002–2006 | Audi A4 Cabriolet B6/8H |
||
2006–2009 | Audi A4 Cabriolet B7/8H |
||
2006–2009 | Audi S4/RS4 Cabriolet B7/8H |
||
Dende 2008 | Audi A3 Cabriolet 8P |
||
Dende 2009 | Audi A5 Cabriolet 8F |
||
Dende 2009 | Audi R8 Spyder Typ 42 |
Quattro GmbH
[editar | editar a fonte]Quattro GmbH[12] é unha empresa totalmente privada, filial de Audi AG, parte á súa vez do maior fabricante de automóbiles alemán, o conglomerado empresarial (holding) Grupo Volkswagen (Volkswagen AG - VWAG).
A súa sede atópase en Neckarsulm, preto de Stuttgart, na rexión de Baden-Württemberg. A fábrica baséase na sede do agora extinto fabricante de automóbiles alemán (e do motor rotatorio sen pistón Wankel) NSU Motorenwerke AG (NSU).Foi fundada en 1983 e desde 1996 ten a súa produción independente.
A pesar de que "Quattro GmbH" como empresa pode ser relativamente descoñecida, os seus principais produtos son susceptibles de ser moi ben coñecidos, especialmente o Audi RS4, o Audi RS6 e o Audi R8.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 'FAS': Finanzvorstand Rupert Stadler wird neuer Audi-Chef (en alemán)
- ↑ "Beneficios 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2011. Consultado o 01 de febreiro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2011.
- ↑ Pelicula de Audi AG: As frechas de prata de Zwickau, Entrevista a Dr. August Horch, Video 1992.
- ↑ 5,0 5,1 Centenario de Audi. Un exercicio de constante superación. O Mundo. Suplemento Motor n.º 396 (1-9-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 Audi, 100 anos de éxitos. Terra-Autopista (15-7-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2011.
- ↑ 8,0 8,1 Véxase: de:Presto-Werke
- ↑ "Audi kauft Motorradbauer Ducati - Piechs Marken-Dutzend komplett". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2012.
- ↑ http://www.porsche-se.com/filestore.aspx/default.pdf?pool=pho&type=download&id=aktientausch-disclaimer-infopdf4mitteilung&lang=de&filetype=default Arquivado 31 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en alemán)
- ↑ http://www.autobild.de/artikel/audi-a6-2011-vorstellung-1301869.html
- ↑ quattro GmbH Arquivado 15 de outubro de 2004 en Wayback Machine.(en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Audi |