Štark Arena
Štark Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 44°48′51″N 20°25′17″L / 44.814153, 20.421358 |
Localización | Belgrado, Serbia |
Nomes antigos | Belgrade Arena (2004–2012) Kombank Arena (2012–2017) |
Construción | |
Inauguración | 31 de xullo de 2004 |
Arquitecto | Vlada Slavica |
Custo | €70 millóns de EUR |
Estadio | |
Capacidade | 18.386 espectadores |
Propietario | Cidade de Belgrado |
Localía | KK Crvena zvezda KK Partizan |
Web | https://starkarena.co.rs/ e https://starkarena.co.rs/en/ |
Eventos | |
EuroBasket 2005 Eurovisión (2008) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Štark Arena (en serbio: Штарк арена) é un pavillón multiúsos situado na cidade de Belgrado, capital de Serbia. Deseñado para a realización de diversos eventos culturais e deportivos (incluíndo baloncesto, balonmán e tenis, entre outros), ten unha superficie total que supera os 48.000 m²[1] e unha capacidade que pode chegar até os 20.000 espectadores.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A súa construción comezou en 1992 co fin de ser sede do Campionato Mundial de Baloncesto de 1994; con todo, os efectos da Guerra de Iugoslavia na economía serbia atrasaron o desenvolvemento do recinto e finalmente, produto dos embargos e sancións establecidas contra a República Federal de Iugoslavia, o evento foi cancelado e a construción eventualmente foi paralizada durante 1995. En 1998, as faenas comezaron novamente para poder terminar o recinto antes da realización do campionato mundial de tenis de mesa, o que sería cancelado igualmente debido ao bombardeo de Belgrado produto da Guerra de Kosovo.
Tralo derrocamento de Slobodan Milošević (2000) e o fin das sancións impostas contra Serbia, os labores para finalizar o Beogradska Arena retomáronse. O recinto foi inaugurado o 31 de xullo de 2004 e tivo un custo estimado que superou os €70 millóns,[3] que a converteron nunha das areas máis grandes de Europa. Dentro dos principais eventos realizados no recinto atópanse o EuroBasket 2005, diversos campionatos deportivos continentais e o Festival de Eurovisión 2008.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Encontro de voleibol
-
Partido do Partizan
-
Exterior do pavillón
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grad Beograd". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de abril de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014.
- ↑ Novosti | Vecernje novosti | Sport[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 07 de xullo de 2009 en Wayback Machine.