Kosovo no Festival de Eurovisión
Kosovo | |
---|---|
Estación membro | RTK |
Final nacional | |
Aparicións | 0 |
Primeira aparición | |
Mellor resultado | |
Final | |
Semifinal | |
Peor resultado | |
Final | |
Semifinal | |
Ligazóns externas | |
[ Páxina de Kosovo en Eurovision.tv] |
Kosovo intentou participar no Festival de Eurovisión dende 2009 ata o 2014 sen éxito. España, Rusia e Serbia opóñense á súa participación xa que estes non o recoñecen como país. O motivo español sería o dos seus territorios con presenza de independentismo, como Galicia, Cataluña ou Euskadi. O mesmo motivo ten Rusia con Chechenia entre outros. Serbia non recoñece a Kosovo entre outros motivos porque toma a Kosovo como lugar de nacemento da cultura serbia.[1][2]
No ano 2012, a cantora kosovar Rona Nishliu representou a Albania no Festival de Eurovisión coa canción "Suus" quedando en 5ª posición na final.
Aínda que non participou nunca de forma independente, ata a súa independencia o territorio kosovar foi representado por Iugoslavia, Serbia e Montenegro e Serbia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kosovo drommer om eurovision". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Musik ar makt".