Saltar ao contido

Bixara Pedro al-Rai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBixara Pedro al-Rai

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) بشارة بطرس الراعي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Himlaya, Líbano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
24 de novembro de 2012 –
Patriarca de Antioquía dos Maronitas
15 de marzo de 2011 –
Bispo diocesano
9 de xuño de 1990 –
← Antonios Mhasseb (en) Traducir
Bispo titular
2 de maio de 1986 –
Diocese: Caesarea Philippi (en) Traducir
Bispo auxiliar
2 de maio de 1986 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollège Notre-Dame de Jamhour (en) Traducir
Universidade Pontificia Lateranense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1986–), sacerdote católico (1967–) Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade San Xosé Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde Mariamita Maronita Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónNasrala Pedro Sufair Editar o valor en Wikidata
Participou en
marzo de 2013conclave de 2013 Editar o valor en Wikidata
Premios

Bixara Pedro al-Rai[1] (en árabe: مار بشارة بطرس الراعي‎, Mār Bishārah Buṭrus al-Rāʿī), nado en Himlaia (Líbano) o 25 de febreiro de 1940, é o 77º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 15 de marzo de 2011, e polo tanto cabeza da Igrexa católica maronita. É tamén cardeal da Igrexa católica dende 2012.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bixara al-Rai naceu en Himlaia, unha vila da gobernación do Monte Líbano, o 24 de febreiro de 1940. Estudou a secundaria no mosteiro de Notre-Dame de Duq Musbih, e posteriormente Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Lateranense. Logo de ser ordenado sacerdote en setembro de 1967, o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo titular de Cesarea de Filipo e auxiliar do Patriarcado de Antioquía dos Maronitas o 2 de maio de 1986.

Recibiu a consagración episcopal o seguinte 12 de xullo, de mans do patriarca Nasrala Pedro Sufair, entón patriarca de Antioquía.

Xoán Paulo II nomeouno posteriormente bispo de Biblos o 9 de xuño de 1990.

Logo da renuncia por idade do patriarca Nasrala, aceptada por Bieito XVI o 26 de febreiro de 2011, O Sínodo da Igrexa Maronita elixiuno patriarca o 15 de marzo seguinte.

O 24 de marzo, dez días logo da súa elección, Bieito XVI concedeulle a necesaria "comuñón eclesial".[2]

Ao longo de 2011 asumiu a presidencia da Conferencia Episcopal Libanesa e do Consello dos Patriarcas Católicos Orientais.

O papa Bieito XVI creouno cardeal no consistorio do 24 de novembro de 2012.[3] En novembro de 2017 protagonizou un feito histórico, ao converterse na primeira autoridade cristiá en visita oficial a Arabia Saudita.[4]

Galería fotográfica

[editar | editar a fonte]
  1. Tamén escrito adaptado ao francés: Béchara Pierre Raï, Béchara Boutros Raï e Bechara Boutros al-Rahi.
  2. Bieito XVI (24 de marzo de 2011). Libreria Editrice Vaticana, ed. "Mensagem do papa Bento XVI a Sua Beatitude Béchara Boutros Raï, patriarca de Antioquia dos Maronitas, para a aceitação do pedido de comunhão eclesiástica". 
  3. Ufficio delle Celebrazioni Liturgiche del Sommo Pontefice (ed.). "Concistoro ordinario pubblico del 24 novembre 2012 - Assegnazione dei titoli e delle diaconie ai nuovi cardinali". vatican.va (en italiano). Consultado o 10/04/2022. 
  4. Espinosa, Ángeles (13 de novembro de 2017). "Histórica visita oficial de una autoridad cristiana a Riad" [Histórica visita oficial dunha autoridade cristiá a Riad]. El País (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2017. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(creación da sé)
 Bispo de Biblos 
1990 - 2011
Sucesor:
Mixal Aun
Predecesor:
Nasrala Pedro Sufair
 Patriarca de Antioquía 
2011 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)