Saltar ao contido

Cenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCenlle
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°20′33″N 8°05′16″O / 42.3425, -8.0877777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalXubín Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.087 (2023) Editar o valor en Wikidata (37,48 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie29 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude117 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataRebeca Sotelo (2022–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cenlle Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32459 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32025 Editar o valor en Wikidata

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total (habitantes) 1.235 (2014)
Menores de 15 anos 60 (4.86 %)
Entre 15 e 64 anos 661 (53.52 %)
Maiores de 65 anos 514 (41.62 %)
Evolución da poboación de Cenlle   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.047 5.115 5.334 2.342 1.575 1.396
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ocupa unha extensión de 29,2 km². Está situado entre o río Avia e o Miño xeograficamente é o reborde dos Chaos de Maside e Santo Amaro, que caen máis bruscamente cara ao Miño que non ao Avia.

O relevo é accidentado, pero carece de elevacións importantes, destacando:

  • Piñeiro (477 m).
  • A Corredoira (489 m).
  • Názara (415 m).
  • Monte de San Breixo, Monte de San Berismo e monte de San Trocado.

Bañan o termo pequenos regos que desembocan nos ríos Avia e Miño (como por exemplo, o regato da Fareixa), que limitan ao municipio polo oeste e polo leste, respectivamente.

Vías de comunicación

[editar | editar a fonte]

As principais vías de comunicación son:

  • Estrada N-120.
  • Autovía A-52.
  • 3 estradas locais. OU-CV-348 (Valdepereira-Maside)
  • A liña de ferrocarril Ourense - Vigo.

Economía

[editar | editar a fonte]

A viticultura, cunha variada gama de especies continúa sendo a actividade agrícola máis estendida, ocupando o 93,47 % das terras labradas, sendo o concello do Ribeiro coa maior porcentaxe de terra cultivada dedicada o cultivo da vide.

Dada a topografía irregular, o cultivo realízase frecuentemente en bancadas, sendo o tamaño das propiedades pequeno.

As variedades cultivadas son as seguintes:

  • Brancas: Albariño, Treixadura, Xerez (Palomino), Caiño Branco, Catalán Branco, Godello,Loureiro o Marqués, Torrantes, Albilla....
  • Tintas: Caiño Mouro, Tinta femia, Alicante, Gran negro, Souson o Ferran, Garnacha, Mencia, Catalán Roxo, Folla redonda, Jazquez, Brancellao...

Os viños tintos teñen moita capa e bastante corpo, uns 11 graos de alcohol e característico sabor ácido. Os brancos teñen entre 11 e 12 graos e menor acidez. Todos eles son moi suaves e dixestivos.

Fóra do sector primario apenas existen iniciativas empresariais destacadas, aínda que o moderno Balneario de Laias é un sinal dun posible florecemento de servizos turísticos.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvanse bifaces de cuarcita, con ampla reserva de codia atopados neste concello.

Outro achado nunha carballeira deste termo revelou un acocho de 5 ou 6 machados de talón con aneis. Un deles, de dous aneis e 244x50 mm, foi regalado ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Maximino Álvarez, alcalde que foi do Carballiño.

Piedade do cruceiro de Osmo.

En primeiro lugar cómpre destacar a testemuña do Bispo Hidacio no seu Cronicón, que remata situando o achado no río Miño, a 5 millas de Laias, de catro peixes de ouro por parte duns pescadores, que interpreta coma un mal presaxio.

Cenlle sitúase na histórica Terra de Castela, xa coñecida con este nome dende o século IX.

As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o Deán da Catedral de Ourense afora a Abril Eáns varias propiedades, entre as que se atopaba unha seara cerca da Torre (In Cauto de Ceeli), obrigándose a entregar a metade do viño e un terzo do centeo que recollera nesa seara.

Outros documentos recollen relacións forais entre as xentes de Cenlle e, principalmente o Cabido da Catedral de Ourense ou o Mosteiro de San Clodio.

Os tres documentos mais antigos conservados están redactados en latín e datan de 1191, 1238 e 1258 (no que tiña que entregar un terzo de tódolos froitos) e os catro seguintes no tempo en galego nos anos 1286, 1289 e 1421 (nel obrigábase a entregar unha cuarta parte de tódolos froitos e un quinto do viño).

En xullo de 1836 os seus veciños, xunto cos de Regadas acoden na axuda da parroquia de Beade repelendo o ataque das tropas carlistas dirixidas por Guillade e Pobadura.

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]
Casa grande de Lentille.

Moitos pazos e igrexas son testemuña da importancia económica do Ribeiro nos séculos pasados. Destacan polo seu estado de conservación:

Pazo de Saa.

Cruceiros

[editar | editar a fonte]
  • Cruceiro de Ánimas e Cruceiro da Procesión de Santa María de Cenlle.
  • Cruceiro de San Miguel de Osmo.
  • Cruceiro de San Lourenzo da Pena.

Petos de ánimas

[editar | editar a fonte]
  • Peto de ánimas de Santa María de Cenlle.
  • Explotación aurífera galaico-romano de Laias

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Cenlle.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Lugares de Cenlle

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cenlle vexa: Lugares de Cenlle.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • González Pérez, Clodio (1998): Sete datas de Cenlle, Santiago de Compostela.
  • González Pérez, Clodio, e Marín Martínez, Xoán Ramón (2008): As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro, (1º premio do VII Concurso de Investigación "Romaría Raigame", 2008), Deputación de Ourense, ISBN 978-84-96503-92-2.
  • González Pérez, Clodio (2015): "Cruceiros do concello de Cenlle (Ourense)", Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, Lugo.
  • González Pérez, Clodio (2015): "A casa reitoral de San Lourenzo da Pena (Cenlle). Restos dunha obra románica do s. XII-XIII", Boletín Avriense, XLV, Ourense.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.