Igrexa de San Xoán de Sadurnín
Igrexa de San Xoán de Sadurnín | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Sadurnín | |
País | España |
Localización | Sadurnín (Cenlle) |
Coordenadas | 42°19′33″N 8°05′00″O / 42.325833333333, -8.0833333333333 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Xoán de Sadurnín é un templo relixioso situado na parroquia de San Xoán de Sadurnín (concello de Cenlle).
É románica do século XII e, aínda que profundamente reformada, o corpo principal, de reducidas dimensións, semella manter a súa estrutura primixenia. Construída en cachotaría, a súa escasa decoración exterior limítase a unha serie de relevos nos beirados a modo de almofadas. Representan na súa maioría figuras xeométricas e vexetais con escasa representación animal e humana.
O resto, como a capela maior son de finais do século XVIII ou principios do século XIX.
Destacan amais dos canzorros, a porta principal composta por un arco apuntado e tres arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas. Ten un altar barroco da Virxe do Rosario e un altar maior neoclásico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Igrexa parroquial de San Xoán de Sadurnín na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.