Saltar ao contido

Christoph Martin Wieland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristoph Martin Wieland

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1733 Editar o valor en Wikidata
Oberholzheim, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1813 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Weimar, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga (1750–1752)
Kloster Berge school (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, profesor universitario, escritor, tradutor, poeta avogado Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRococó Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1751 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Erfurt (pt) Traducir (1769–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosCarlos Augusto de Saxe-Weimar-Eisenach (pt) Traducir e Frederico Fernando Constantino de Saxe-Weimar-Eisenach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1765–1801), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Adam Wieland Editar o valor en Wikidata  e Regine Catherine Kick Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Виланд Кристоф Мартин)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1196918 BNE: XX4770926 Musicbrainz: 68336462-b538-4258-ab2d-0ea5d5d03195 Discogs: 3372523 IMSLP: Category:Wieland,_Christoph_Martin WikiTree: Wieland-534 Editar o valor en Wikidata

Christoph Martin Wieland, nado o 5 de setembro de 1733 en Oberholzheim e finado o 20 de xaneiro de 1813 en Weimar, foi un poeta, tradutor e editor alemán da época do Aufklärung.

Wieland foi, con Gotthold Ephraim Lessing e Georg Christoph Lichtenberg, un dos escritores con máis capacidade de reflexión mo ámbito de lingua alemá da época e o máis vello dos representantes do cuarteto de Weimar, que compuxo con Johann Gottfried Herder, Johann Wolfgang von Goethe e Friedrich Schiller).

Os primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Vieland naceu na casa parroquial de Oberholzheim, unha aldea que pertencente na época ó cidade libre imperial de Biberach an der Riss (hoxe situada no concello de Achstetten, no estado de Baden-Württemberg). Os seus pais foron Thomas Adam Wieland (1704-1772), pastor protestante, e Regina Katharina, nada. Kick (1715-1789). Seu pai preocupouse moito pola súa educación, da que se ocupou en principio persoalmente. Despois do traslado do pai a Biberach, Wieland entrou na escola municipal desta localidade. e, ós doce anos, no ximnasio do internado pietista de Klosterberge, preto de Magdeburgo. Foi un neno precoz, que con doce anos tentaba xa compoñer versos en latín e alemán, e que ó deixar a escola en 1749 tiña un amplo coñecemento dos clásicos latinos e dos escritores franceses máis relevantes da época, dos que o atraían especialmente Voltaire, Bernard le Bovier de Fontenelle e Pierre Bayle. O seu poeta alemán preferido era Barthold Heinrich Brockes. Nos seus anos de estancia no internado de Klosterberge (1747-49) desenvolveu ademais unha profunda admiración polo poeta alemán Friedrich Gottlieb Klopstock. A través dun parente en Erfurt, onde empezara estudos universitarios de filosofía, coñeceu e valorou o "Don Quixote". O verán de 1750 coñeceu na casa paterna a súa curmá Sophie Gutermann (máis tarde Sophie von La Roche), da que se namorou. O namoramento sacouno do seu mundo interior pechado, e foi a orixe do seu primeiro poema extenso (Die Natur der Dinge. Ein Lehrgedicht in 6 Büchern) publicado de xeito anónimo en 1752.

No outono de 1750 Wieland comezou a carreira de dereito na Universidade de Tubinga, que descoidou axiña para dedicarse á literatura. Compuxo o poema heroico en cinco cantos Hermann, que enviou a Johann Jakob Bodmer, home forte da escena literaria de Zürich. A este envío seguiu un intercambio de correspondencia persoal. Wieland deixou o dereito e dirixiu a súa formación á literatura. O resto dos poemas da primeira época amósano como un apaixonado seguidor de Klopstock en procura dunha poesía especificamente cristiá.. O verán de 1752 trasladase, a invitación de Bodmer, a Zürich. A estancia en Suíza ía durar oito anos. Pasou unha tempada como alumno de Bodmer, colaborando con el na edición de 1741 dos „Züricherischen Streitschriften“ (escritos polémicos dirixidos contra Johann Christoph Gottsched. A noticia inesperada do casamento de Sophie co funcionario Georg Michael Franck von La Roche, e unha estancia longa na casa da familia pietista dos Grebel en Zúric, fixeron que Wieland se mantivera aínda durante un tempo nunha liña piadosa que contradicía a súa natureza. Os seus Hymnen (Himnos) de 1754) e os Empfindungen eines Christen (Sentimentos dun cristián) de 1755) son a derradeira mostra da súa poesía relixiosa e Weilan comeza a inclinarse cara a poesía amorosa. So a influencia de Luciano, Horacio, Miguel de Cervantes, Anthony Ashley Cooper, D'Alembert, Voltaire a obra de Wieland sofre un cambio radical. En 1754 afástase de Bodmer e acada a total independencia, para converterse no representante clásico Aufklärung. O drama Lady Johanna Gray (Zürich 1758), o primeiro drama alemán en verso branco foi xa saudado por Lessing como "o abandono [por Wieland] da esfera estética para volver entre os homes". O mesmo ano aparece o fragmento épico, composto so o estímulo de Federico II.de Prusia. Nesta época entra nunha editora da cidade suíza de Berna, onde entrou en relación estreita coa amiga de Jean-Jacques Rousseau, Julie Bondeli.

Biberach, Erfurt

[editar | editar a fonte]

Volveu en 1760 a Biberach, onde solicitou postos de senador e administrador na chancelería e comezou unha relación con Christine Hagel. A relixión católica desta non lles permitiu casar, malia teren un fillo, que morreu axiña. Baixo a presión da familia, Wieland casou en 765 con Anna Dorothea von Hillenbrand, filla dun comerciante de Augsburgo, coa que tería 13 fillos. Un deles, Ludwig Wieland, tería sona como xornalista de temas políticos, publicando, entre outras, a revista Der Patriot en Weimar.

Wieland atopou estímulo e refuxio do abafante mundo pequenoburgués de Biberach no castelo de Warthausen, propiedade dos condes Stadion, onde puido moverse nun ambiente de cultura mundana e dispor dunha rica biblioteca. Ademais reencontrouse coa súa antiga noiva Sophie, que vivía en Stadion co seu home. A relación con ela e con outras persoas dos círculos cultos selou o regreso definitivo de Wieland ó "mundo". Desa época é a frsae Non o amor e o espírito, senón o diñeiro e a razón reinan no mundo; o que toma en serio os ideais será con seguridade desgraciado.

Daquela comeza a parte da súa obra literaria na que se basea a súa importancia para a literatura en alemán. Contra 1761 comezou a novela Agathon que tería moito éxito. En 1764 seguiu Don Silvio von Rosalva, oder der Sieg der Natur über die Schwärmerey. En ámbalas dúas obras son evidentes as influencias de Miguel de Cervantes, Laurence Sterne e Henry Fielding. En 1762 comeza a súa tradución das obras de William Shakespeare , publicada en oito tomos entre 1762 e 1766 en Zürich. A influencia no teatro alemán desa tradución de Wieland foi fonda e duradeira. Coas dúas novelas citadas, os poemas Musarion, oder die Philosophie der Grazien (1768) e Idris (1768), os relatos Nadine (1769), Combabus (1770), Die Grazien (1770) e a novela Der neue Amadis (1771) Wieland enceta unha nova vía, que transmite unha filosofía da sensualidade ardente, a alegría mundana e a lixeireza que está en total contradición cos puntos de vista sostidos nos seus anos de mocidade.

En 1769 acepta o ofrecemento para exercer a docencia da universidade de Erfurt. As súas actividades profesorais non supuxeron un grande obstáculo para continuar escribindo: ademais dalgunha das obras xa citadas, en Erfurt escribiu a opereta Aurora, o Dialoge des Diogenes e a novela Der goldene Spiegel ou Die Könige von Scheschian (1772), que lle abriu as portas de Weimar.

Weimar (1772-1798)

[editar | editar a fonte]

En 1772 a duquesa viúva Anna Amalie ofreceulle o posto de educador dos seus dous fillos en Weimar. Malia non ser partidario do absolutismo, a idea de poder influír no próximo duque de Weimar atraeu a Wieland, que aceptou a proposta. Con isto o escritor puido integrarse no círculo cultural máis importante da Alemaña da época, formado entre outros por Johann Karl August Musäus, Karl Ludwig von Knebel, Friedrich Hildebrand von Einsiedel e Friedrich Justin Bertuch, no que se integrarían axiña coma un aire renovador Johann Wolfgang von Goethe e Johann Gottfried Herder. O título de conselleiro da corte supuxo para Wieland a seguridade económica, situación que continuaría despois da chegada ó poder de Karl August, que lle concedeu unha pensión.

Neste ambiente relaxado e confortable desenvolveuse a actividade literaria de Wielan con obras frescas e amables. As operetas Die Wahl des Herkules e o drama lírico Alceste (1773) dérono a coñecer amplamente e puido, seguindo o modelo francés, editar a súa propia revista literaria, o "Der teutsche Merkur", do que foi redactor entre 1773 e1789. Nela apareceron os seus propios poemas e unha gran cantidade de escritos de crítica literaria que abranguían case tódolos ámbitos e que tiveron gran significación dentro do mundo dos escritores da época. Como crítico, Wieland non era agre, e prefería o consello e a indulxencia. Malia iso non estivo nunca de acordo cos poetas do Göttinger Hain como Johann Heinrich Voß ou Ludwig Christoph Heinrich Hölty, e ós primeiros románticos e as súas teorías fóronlle completamente alleos..

As súas Briefe über Alceste publicadas en 1773 foron o detonante da farsa de Goethe Götter, Helden und Wieland (Deuses, heroes e Wieland). Wieland criticara a figura de Hércules na traxedia de Euripides por inadecuada e brutal e Goethe, que estaba no seu período do Sturm und Drang, converteu a Hércules nun matón chufón que deixaba en ridículo ó Wieland escritor. Wieland respondeu comprensivamente ós ataques de Goethe, que sería chamado pouco despois a Weimar polo conde Karl August. Entre os dous autores desenvolveríase unha relación duradeira de recoñecemento, como amosa o discurso funeral de Goethe no enterro de Wieland. Despois da toma do poder polo novo duque, Wieland dedicábase en exclusiva as súas actividades como crítico, tradutor e pensador. A sátira social Geschichte der Abderiten, o poema de ton romántico Oberon (Weimar 1781), as narracións en verso Das Wintermärchen, Geron der Adlige, Schach Lolo, Pervonte e outras ( reunidas nas Auserlesenen Gedichten publicadas en Jena entre 1784 e 1787), e a colección de contos Dschinnistan (Winterthur 1786-1789) naceron en Weimar e son testemuña do polifacetismo de Wieland, como amosa tamén a preparación das Obras completas de Luciano de Samosata (Leipzig, 1788 a 1789).

Oßmannstedt (1798-1803) e de novo Weimar (1803-1813)

[editar | editar a fonte]

Os ingresos producidos pola edición das súas obras completas ata 1802 ( a partir de 1794 en Leipzig), permitiron ó escritor a compra dunha propiedade en Oßmannstedt, preto de Weimar, onde quería construírse "unha illa de paz e felicidade". Mesmo soñaba con facerse agricultor. Alí, dende 1798, viviu anos felices e creativos, coa súa muller e os sete fillos da parella que sobreviviran, e recibindo as visitas ocasionais de Sophie, que viña acompañada da súa neta Sophie Brentano, coa que Wieland tivo unha estreita amizade. Na súa propiedade recibiu tamén a Heinrich von Kleist que lle presentou o manuscrito da obra Robert Guiscard. A morte da muller en 1803 e os gastos ocasionados pola propiedade obrigárono a vendela e volver a Weimar. Foi editor das publicacións Attisches Museum, (1796-1801), e Neue attische Museum (1802-10), que pretendían pór a disposición da nación alemá as obras mestras da poesía, a oratoria e a filosofía da Grecia antiga. No Attischen Museum, que sacou ó prelo en solitario, publicou as súas traducións de catro comedias de Aristófanes e dúas traxedias de Eurípides.

Wieland, que se mantivo activo ata os seus últimos días morreu o 20 de xaneiro de 1813 das secuelas dun catarro. Os seus restos repousan baixo a mesma lápida cós da súa muller e os de Sophie Brentano.

A súa influencia

[editar | editar a fonte]

Wieland foi o fundador da tradición do Bildungsroman alemán e un tradutor notable. Despois da súa época pietista converteuse nun dos escritores máis influentes do Aufklärung. Os seus relatos en verso están marcados pola mestría técnica e dominaba tanto a sátira como a crítica literaria. O estilo e a perspicacia intelectual fixeron del un dos poetas alemáns con máis repercusión do seu tempo, pero valéronlle a desafección dos poetas das xeracións posteriores, en desacorda coa súa tolerancia e o seu sentido erótico da literatura. No século 19 era un dos clásicos alemáns menos lidos e a súa rehabilitación chegou na segunda parte do século 20 da man do entusiasmo que amosou por el o escritor Arno Schmidt. Wieland dotou á literatura alemá dunha lixeireza e dun ton cálido que ata daquela lle faltaban. O 25 de xuño de] 2005 a propiedade de Wieland de Oßmannstedt foi aberta de novo ó público como museo de centro de estudos sobre o poeta.

Geschichte der Abderiten (1887)
  • Zwölf moralische Briefe in Versen (Doce cartas morales en verso) , Heilbronn 1752.
  • Der Sieg der Natur über die Schwärmerei oder die Abenteuer des Don Sylvio von Rosalva, (O triunfo da natureza sobre o entusiasmo, ou as aventuras de Don Sylvio von Rosalva), novela (Ulm 1764).
  • Geschichte des Agathon (Historia de Agathon), novela (1ª e 2ª partes, Frankfurt, Leipzig, Zürich, 1766 e 1767) Redacción orixinal.
  • Musarion, oder die Philosophie der Grazien (Musarion ou a filosofía das Grazas), (Leipzig 1768).
  • Idris und Zenide (Leipzig 1768).
  • Nadine (Leipzig 1769).
  • Combabus (Leipzig 1770).
  • Die Grazien (As grazas) (Leipzig 1770).
  • Der neue Amadis (O novo Amadís) (Leipzig 1771).
  • Der goldene Spiegel, oder die Könige von Scheschian, eine wahre Geschichte (O espello dourado), novela (Leipzig 1772).
  • Alceste, opereta (Leipzig 1773, estrenada en Weimar, o 25 de maio de 1773).
  • Die Geschichte der Abderiten (A historia dos abderitas), movela (Leipzig 1774-1780)
  • Hann und Gulpenheh, relato en verso (Weimar 1778)
  • Schach Lolo, relato en verso, (Weimar 1778)
  • Oberon, relato en verso (Weimar 1780; versión reducida: Leipzig 1784).
  • Dschinnistan (3 tomos, Winterthur 1786-1789).
  • Geheime Geschichte des Philosophen Peregrinus Proteus (Historia secreta do filósofo Peregrinus Proteus), novela (avence de impresión: Weimar 1788/89; Leipzig 1791).
  • Agathodämon, novela (Leipzig 1796-1797).
  • Aristipp und einige seiner Zeitgenossen, novela epistolar, (4 tomos, Leipzig: Göschen 1800-1802).
  • "Menander und Glycerion", novela de amor en cartas, (Leipzig: Göschen 1804).

Traducións

[editar | editar a fonte]