Clarinete
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Clarinete | |
---|---|
Información | |
Clasificación | |
Tesitura | |
Instrumentos relacionados | |
Músicos notables |
O clarinete é un instrumento musical da familia do vento-madeira. O seu nome vén da adición do sufixo -ete (que significa pequeno) á palabra italiana clarino (que é un tipo de trompeta de rexistro alto), xa que os primeiros clarinetes tiñan un son estridente similar ao deste tipo de trompetas. O seu diámetro é similar en toda a súa lonxitude (dise del que é aproximadamente cilíndrico) e usa unha soa cana: lingüeta sinxela. No mundo do jazz, nalgunhas ocasións, foi nomeado como "licorice stick" (pau de regalicia)[1].
Este instrumento comprende unha gran familia con diversos compoñentes diferenciados entre si polo seu tamaño e polo seu ton. É a familia máis grande dentro do grupo dos instrumentos de vento-madeira, con máis dunha ducia de compoñentes, que van desde o infrecuente BBB ♭ octo-contrabaixo ao soprano A ♭ (clarinete piccolo). De todos eles, moitos son moi raros ou xa están en desuso, como por exemplo o BBB ♭ octo-contrabaixo, do que soamente existe un, e a música que se compón para clarinete case se reduce aos tipos máis comúns (E ♭, B ♭, A e BB ♭). Por asiduidade, a palabra clarinete fai referencia ao modelo máis común, o de B ♭, o clarinete soprano.
Á persoa que toca o clarinete chámaselle clarinetista. Johann Christoph Denner inventou o clarinete a mediados do século XVIII na Alemaña, mediante a adicción dunha chave de rexistro ao antigo chalumeau. A partir deste momento seguiu evolucionando, coa incorporación de máis chaves e outras melloras, para facilitar a interpretación e a capacidade virtuosística do instrumento. A día de hoxe, o clarinete úsase en grupos de jazz, na interpretación clásica, na música de cámara e como instrumento solista.
Historia do clarinete
[editar | editar a fonte]O clarinete provén directamente de instrumentos como o arghul exipcio, o chalumeau de cana de bambú, a ciaramella ou o chalumeau francés. Foi inventado en 1690 por Johann Christoph Denner (Leipzig-1655, Nuremberg-1707), coa intención de perfeccionar o chalumeau francés. Neste perfeccionamento, Denner engadiulle dúas chaves, unha para o polgar da man esquerda e outra para o dedo índice da man dereita. Así, con todo tapado podíase obter o mi grave e todo aberto o si da terceira liña (clave de sol en 2ª). O la obtíñase pechando a chave do polgar e abrindo a do índice. Pouco despois o fillo de Denner alongou o clarinete e engadiu unha terceira chave coa que se obtiña a duodécima mi-si. Logo, Josehp Beer (1744-1811), aumentou dúas chaves, conseguindo as duodécimas fa#-do# e sol#-re#. Posteriormente, en 1791, X. Lefere (1763-1829) engade unha sexta chave para obter a duodécima de do#-sol#. O clarinete continuou coa súa evolución ata as 13 chaves, por Iwan Miller no 1811. Non se experimentaron máis melloras ata que no século XIX Augusto Buffet adapta o sistema de aneis movibles que inventara T. Bohem para a frauta traveseira. Dende aquel momento o clarinete pasa a chamarse clarinete Bohem, que é o que na actualidade ten uso xeral. Dende aquela ata os nosos días, fixéronse innumerables pequenas pero importantes innovacións, coma a dobre chave sol#-re#, o mib-sib aforcadado, o dobre do#-sol#, o trilo de si-do#, o mib grave, o trilo de sol#-la... Isto permite que o clarinete se implemente na orquestra, nas bandas, no jazz, música de cámara etc, debido á soltura que presenta en todos os rexistros e o seu son.
Características
[editar | editar a fonte]Son
[editar | editar a fonte]A súa cavidade cilíndrica é a principal responsable do timbre distintivo do clarinete, que varía entre os seus tres rexistros principais, coñecidos como o chalumeau, clarino e altissimo. Na calidade do son poden influír multitude de factores tales como son o músico, a música, o instrumento, a boquilla e a cana. As diferenzas nos instrumentos e o illamento xeográfico dos intérpretes nas distintas rexións produciu un desenvolvemento, a partir de fins do século XVIII, de diferentes escolas para tocar o clarinete. As máis destacadas foron as tradicionais alemás/vienesa e a escola francesa. Esta última centrouse nos clarinetistas do conservatorio de París [2]. A proliferación da música gravada deu exemplos de multitude de estilos e formas de tocar o clarinete.
O clarinete en la (A) e o clarinete en si bemol (B ♭) teñen case o mesmo diámetro de cavidade interior e utilizan a mesma boquilla. Nun concerto o mesmo clarinetista pode tocar os dous instrumentos coa mesma boquilla e incluso co mesmo barrilete. Ámbolos dous teñen unhas cualidades de son e tonais moi similares, pero, o clariente A ten un son máis cálido que o outro, que é máis brillante. O clarinete en mi bemol (E ♭), tamén chamado requinto, é o máis brillante, e é incluso perceptible baixo fortes intensidades orquestrais. O clarinete baixo (BB ♭) ten a característica principal de son profundo e suave, mentres que o clarinete alto (EE ♭) ten características sonoras similares ás do baixo e o corno di bassetto tenas similares á dun clarinete en si bemol.
Rango
[editar | editar a fonte]A familia dos clarinetes ten a maior cantidade de tipos en uso entre todas as outras familias de instrumentos de vento-madeira.[3] O feito de que haxa tantos tipos é polo feito de buscar maior versatilidade e virtuosismo. O rexistro grave de cada tipo de clarinete limita o seu uso. O clarinete máis común, o B ♭, ten como límite inferior E, debaixo de C medio. A incorporación de cada tipo de instrumento depende do ton máis baixo en concertos. Case todos os soprano e clarinete piccolo teñen outra chave que lles permite xogar co E debaixo do C medio (E3 na notación científica do ton) como a súa nota máis baixa por escrito, aínda que algúns clarinetes B ♭ poden baixar até un E ♭ 3 co fin de poderen coincidir co rango dun clarinete A. No clarinete soprano (B ♭), o rexistro solicitado é até un D3, un ton máis baixo do seu por escrito. A maioría dos clarinetes alto e baixo teñen unha chave extra para permitir un E ♭3 escrito. Os clarinetes baixos actuais teñen chaves adicionais para permitiren facer até un C3 escrito. Entre os membros menos comunmente encontrados da familia do clarinete, o contralto e o contrabaixo poden ter chaves para até un E ♭ 3, D3, ou C3 por escrito; o clarinete di bassetto e corno di bassetto xeralmente van até un C3 baixo.
Definir o extremo superior do rango dun clarinete non é doado, xa que moitos clarinetistas avanzados poden emitir notas moi por enriba das notas máis altas establecidas polo xeral como límites nos libros metodolóxicos. O G6, dúas oitavas por encima de G4 é, polo xeral, a nota máis alta que se encontra no repertorio clásico, pero moitos clarinetistas avanzados son capaces de chegar a un C7 e existen táboas de dixitacións que mostran todas as posibilidades para conseguilo.
O rango dun clarinete pódese dividir en tres rexistros distintos. O rexistro máis grave dun clarinete en B♭ escrito, vai desde a súa nota máis grave, un E3 até un B♭4, incluíndo ao C central, ao C4. Este rexistro coñécese como o rexistro chalumeau. O rexistro medio, chamado rexistro clarino (ás veces rexistro clarín) esténdese por algo máis dunha oitava, dun B4 até un C6, e é o rango dominante para a maioría dos membros da familia do clarinete. A parte superior do seu rexistro é o chamado rexistro altissimo ou máis comunmente sobreagudo e consta das notas escritas por encima do C6 podendo alcanzar notas superiores ao C7 dependendo da capacidade do músico. A diferenza doutros instrumentos de vento, os tres rexistros teñen sons característicos diferentes. O rexistro chalumeau é rico e escuro. O rexistro clarino é máis brillante e doce, como de trompeta (de aí a procedencia do seu nome: "Clarín" que se refire a trompeta). O rexistro altissimo pode ser penetrante e estridente ás veces.
Acústica
[editar | editar a fonte]O son é unha onda que se propaga polo ar como resultado dunha variante local da presión atmosférica. A produción do son dun clarinete segue estes pasos:
- O ar está a presión atmosférica normal dentro da cavidade do instrumento e móvese cara a campá, que é o primeiro burato de saída do cilindro interior. O espazo minúsculo entre a boquilla e a cana permite que pase soamente unha pequena cantidade de ar no instrumento. Isto crea unha área de baixa presión na boquilla. A diferenza de presión entre os dous lados da cana increméntase, provocando que a cana se achegue e intente bloquear o pulo de ar.
- A onda de ar, a baixa presión, móvese a través do cilindro en dirección á campá, pero, de camiño, pode encontrarse cun burato aberto.
- O ar exterior, a presión atmosférica normal, é aspirado pola baixa presión interior. O ar que antes estaba dentro do clarinete de camiño á campá, cambia de súpeto e atópase cun ar que entra por outro burato.
- O ar entrante normaliza as presións dentro do burato e estendéndose polo interior da cavidade do cilindro cun movemento ao revés, cara á boquilla.
- Unha vez que todo o ar na cavidade cilíndrica do clarinete está á presión atmosférica, a diferenza de presión aos dous lados da cana diminúe e volve á súa posición orixinal.
- A columna de ar en movemento, é detida polo choque repentino co ar a presión procedente do músico. Unha onda de ar a presión desprázase cara ao burato aberto máis preto.
- Cando o ar a alta presión chega a este burato aberto, o ar que estaba entrando por el cambia de súpeto de sentido e torna a saír por el.
- A alta presión normalízase e reiníciase o ciclo.
O ciclo repítese cunha frecuencia constante e emite unha nota relacionada con esa frecuencia. Por exemplo, A4 (440 Hz) prodúcese cando o ciclo se repite 440 veces por segundo. O burato do clarinete soprano é cilíndrico e para a maioría, os diámetros interiores dos tubos roldan os 14 e 15,5 milímetros. Teñen unha forma sutil de reloxo de area, coa parte máis estreita debaixo da unión entre a parte superior e a inferior do corpo do instrumento. A redución é de 1 a 3 milímetros dependendo do fabricante. Esta forma, que non é visible a simple vista, axuda a corrixir a discrepancia de ton/escala entre os rexistros chalumeau e clarino. O diámetro do burato afecta a características tales como os harmónicos dispoñibles, o timbre e a estabilidade da altura (a medida na que unha nota pode ser "dobrada" na forma esixida no jazz e noutros estilos musicais). A campá na parte inferior do instrumento ten un labor fundamental de mellora do ton das notas máis graves.
Polo xeral, o obxectivo do clarinetista cando emite un son é facer vibrar a maior cantidade de cana como sexa posible, facendo o son cun maior corpo, máis cálido e cunha maior presenza. Tapar ou destapar os buratos de ton supón variar a lonxitude da tubaría, o cambio das frecuencias de resonancia da columna de ar encerrado e, polo tanto, o ton do son. Un clarinetista precisa para moverse entre os rexistros chalumeau e clarino a chave de rexistro. Esta chave supón unha ruptura, porque cando se activa, cancélase a escala de frecuencia fundamental e créase outra escala harmónica dominante unha doceava máis aguda. Cando se pasa do rexistro clarino ao altissimo, non hai outra chave de cambio de rexistro, senón que se emprega o dedo índice da man esquerda que actúa como tal. O cambio de escala harmónica dominante é agora dunha sexta máis aguda. Pola contra, case todos os instrumentos de vento ao cambiaren de rexistro fano cunha oitava de diferenza. Isto explica a complexidade da súa dixitación e as 19 chaves que pode chegar a ter un clarinete soprano. Todas as peculiaridades da súa cavidade case cilíndrica son resultado destas peculiaridades sonoras.
As notas máis agudas no clarinete poden ter unha calidade demasiado estridente e poden chegar a ser difíciles de axustar con precisión. Existen dixitacións alternativas e os axustes persoais dos músicos na embocadura axudan a corrixir esa precisión sonora das notas máis agudas. Un intérprete experto pode usar a súa embocadura para alterar considerablemente a afinación das notas individuais ou para producir vibrato, que vén a ser un cambio de ton pulsante empregado a miúdo no jazz. O vibrato é estraño na literatura clásica ou no concerto bandístico. Non obstante, algúns clarinetistas, como Richard Stoltzman, fan uso do vibrato na música clásica. Así mesmo, existen dixitacións especiais que son empregadas para xogar cos cuartos de ton e outros intervalos microtonais.
Construción
[editar | editar a fonte]Materiais
[editar | editar a fonte]Os corpos dos clarinetes foron construídos con diversas clases de materiais como son a madeira, o plástico, o caucho duro, os metais e incluso o marfil. A gran maioría dos clarinetes utilizados na actualidade por clarinetistas profesionais están feitos dunha madeira africana chamada mpingo, de nome científico ''dalbergia melanoxylon''. Algunha vez, por mor da diminución das subministracións, foron utilizados o Rosewood de Honduras e incluso o cocobolo (dalbergia retusa). Tamén a madeira de ''buxus'' foi usada para a construción deste instrumento.
Na actualidade, para facer instrumentos máis económicos, constrúense con resinas plásticas, como as ABS. Son os chamados "resonite" que é o nome que lle outorgou a empresa fabricante de instrumentos Selmer. Os clarinetes soprano feitos en metal foron populares durante o século XX. Hoxe en día este material é utilizado para a construción dalgúns clarinetes contraltos e contrabaixos, e para algunhas pezas, como as campás e os pescozos, dos clarinetes altos e baixos. O marfil foi usado durante o século XVIII para a construción do clarinete, pero daba malos resultados, xa que tendía a agretarse e non gardaba ben a súa forma.
A liña de clarinetes "Greenline" da casa francesa Buffet Crampon está feita dun composto de po de madeira de mpingo e fibra de carbono. O bo deste material é que sofre menos pola humidade e polos cambios de temperatura que os que están feitos de madeira, pero pesan máis. O caucho endurecido, como a ebonita, utilizouse para a construción de clarinetes desde 1860, aínda que poucos clarinetes actuais están feitos da mesma. Os deseñadores de clarinetes Alastair Hanson e Ridenour Tom son fortes defensores da goma dura. A casa Hanson de Inglaterra fabrica clarinetes utilizando un composto reforzado con mpingo e ebonita, coñecido por mpingo "BTR" (bitérmica reforzada). Este material non se ve afectado tampouco pola humidade e o peso é o mesmo que o dun clarinete de madeira.
As boquillas son, polo xeral, feitas de caucho endurecido, inda que algunhas para seren máis económicas poden ser de plástico. Outros materiais como o cristal, a madeira, o marfil, o metal foron tamén usados para a construción das mesmas. As abrazadeiras, que son os aros que envolven a boquilla para suxeitar a cana, fanse, polo xeral de metal e chapadas en níquel, prata ou ouro. Tamén poden ser feitas de arame ou malla de arame, de plástico, de corda ou coiro.
Cana
[editar | editar a fonte]O clarinete usa unha soa cana (ou palleta). Está feita a partir da cana común (Arundo donax). Tamén poden ser fabricadas con materiais sintéticos. A abrazadeira é a peza que liga a cana coa boquilla. Ao soprar ar a través da abertura entre a cana e a boquilla, fai que a cana comece a vibrar para equilibrar as diferentes presións creadas e é así como se produce o son.
As medidas básicas das canas son as seguintes: 12 milímetros de ancho, 15 milímetros de longo (desde a punta até o lugar onde toca coa boquilla) e de 1 milímetro desde a parte inferior da punta da cana e a boquilla. As variacións nestas medidas son as que afectan ao ton da cor do son.
A maioría dos clarinetistas mercan canas fabricadas, aínda que haxa logo que axustalas. Outros incluso as fan. No mercado véndense segundo o grao de dureza, que polo xeral van do grao un (moi brando), até o grao cinco (moi duro) e con variacións cada 0.5, polo tanto existen: 1, 1.5, 2, 2.5, 3, 3.5, 4, 4.5 e 5. Este sistema de numeración non está estandarizado, xa que hai moitas variacións no seu grao de dureza para unha mesma numeración dependendo da casa fabricante ou incluso entre as fabricadas nunha mesma empresa.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]Os compoñentes mostrados agora son os dun clarinete soprano do sistema Boehm. Porén, os compoñentes dos outros tipos de clarinetes son similares. O clarinete divídese polo xeral en cinco partes: a boquilla (coa abrazadeira e maila cana), o barrilete, os corpos superior e inferior e maila campá.
A cana achégase á boquilla pola abrazadeira. O clarinetista mete na boca parte dela, cousa dun centímetro. Chámaselle embocadura ao conxunto destas tres pezas maila boca, e é fundamental o seu correcto desenvolvemento para obter un bo resultado sonoro.
A cana sitúase na parte inferior da boquilla, premendo contra o beizo inferior do músico, mentres que os dentes de arriba normalmente están en contacto coa parte superior da boquilla (algúns clarinetistas envolven co beizo superior os dentes formando o chamado dobre beizo na embocadura). Para mellorar o agarre dos dentes na parte superior da boquilla, utilízanse unhas láminas de plástico mol de diferentes grosores, para acomodar os dentes. Na parte inferior, algúns clarinetistas colocan papel dobrado recubrindo os dentes para aliviar a rozadura que se produce na parte interna da boca por suxeitar a boquilla co beizo de por medio.
Detalles
[editar | editar a fonte]Entrou a formar parte da orquestra grazas ao uso por parte de Mozart dunha parella deles nas súas sinfonías, no Concerto para clarinete e óperas da última época.
Ampliou o timbre do chalumeau e estendeu considerablemente a súa gama alta. O clarinete está afinado en si bemol mentres que o clarinete tenor en mi bemol está afinado unha cuarta máis alta (as bandas militares utilizaban esporadicamente clarinetes en do e en re). O instrumento máis agudo da familia é o requinto, igualmente transpositor en si bemol, pero soa unha oitava máis aguda.
O clarinete tenor en fa e o clarinete baixo están afinados unha cuarta e unha oitava máis baixa, respectivamente. O clarinete contrabaixo está afinado dúas oitavas máis baixas.
Igual que os óboes, os clarinetes séguense fabricando en madeiras duras e escuras (como o ébano), aínda que os clarinetes baixos e contrabaixos tamén levan unha cantidade considerable de tubos e pavillóns metálicos. De tonalidade suave, os clarinetes distínguense dentro dos instrumentos de vento pola súa capacidade para producir un son igualmente potente en calquera parte da súa gama, extraordinariamente ampla (máis de 3 ½ oitavas) así como un son notablemente suave na parte baixa da gama.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definition of Clarinet at the Free Dictionary by Farlex. Retrieved April 2010.
- ↑ Lawson, Colin James. The Cambridge companion to the clarinet. Cambridge University Press, 1995.
- ↑ Reed, Alfred. "The Composer and the College Band". Music Educators Journal, Vol. 48, No. 1 (September–October 1961), pp. 51–53
- ↑ Síntese de acoustics University of New South Wales.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clarinete |