Saltar ao contido

Cocito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cocito /kˈstəs/ ou Kokytos /kˈktəs/ (grego antigo: Κωκυτός, literalmente "lamento") é un río no inframundo, na mitoloxía grega.[1] Cocito desemboca no río Aqueronte, no outro lado do que se atopa Hades, o inframundo, a morada mitolóxica dos mortos. Hai cinco ríos que rodean o Hades: o Estixia, Flegetonte, Lethes, Aqueronte e o Cocito.

Os que non podían pagar a Caronte percorrían as ribeiras do Cocito, segundo a maioría de fontes, durante 100 anos. Era afluente do Aqueronte (e trae a auga da lagoa Estixia) e estaba alimentado polas bágoas de ladróns, pecadores e todos aqueles de mala conduta. Presuntamente, o seu pai foi, como ocorre con outros ríos, Océano.

Na tradición romana (ntablemente en Virxilio), o Cocito converteuse no principal río do Hades.

Na mitoloxía grega

[editar | editar a fonte]

Como parte da mitoloxía grega, e segundo algunhas tradicións, o Cocito foi o río que delimitou a fronteira entre o reino dos vivos e os mortos, en continuidade co famoso Aqueronte, do que era afluente. Os mortos condenados a cruzalo tiñan que pagar un óbolo ao barqueiro Caronte, os que non podían permitirse pagar os custos víanse obrigados a vagar, coma as sombras, polas súas riberiras. Non obstante, moitas outras tradicións atribúen o papel da conca do inferno grego ao río Estixia e outras ao Aqueronte.

Na literatura

[editar | editar a fonte]

O río Cocito foi un dos ríos que rodeaban Hades. Cocito, xunto cos outros ríos relacionados co inframundo, foi un tema común para os autores antigos. Dos autores antigos, Cocito foi mencionado por Virxilio, Homero, Cicerón, Esquilo, Apuleio e Platón, entre outros.[2]

Na Divina Comedia

[editar | editar a fonte]
Dante e Virxilio no Cocito, ilustración de Gustave Doré.

Na visión do inferno dada por Dante na súa Divina Comedia, o Cocito é un enorme lago conxelado, situado no noveno e máis baixo círculo do Inferno. Aquí, segundo Dante, os traidores eran castigados, enterrados polo xeo e afectados continuamente polos refachos fríos de vento producidos polas inmensas ás de Lucifer. Na descrición de Dante, Cocito é retratado como un lugar terrible, cuxo aire fai eco das queixas das almas que sofren continuamente torturadas pola picadura de xeadas, con extremidades e caras xeadas polo frío extremo.

Segundo Dante, os pecadores, culpables de traizón á patria, enterrados no xeo a distintas profundidades, segundo a gravidade do seu crime, eran castigados aquí. Consecuentemente, Cocito dividiríase en catro zonas circulares concéntricas (4 esferas ou seccións) entre elas:

O cocito dantesco, ilustración de Gustave Doré.
  • A Caina, onde son castigados os que traizoaron aos seus familiares, enterrados no xeo ata o pescozo, debe o seu nome ao personaxe bíblico de Caín.
  • A Antenora, onde os que traizoaron a súa patria son castigados, enterrados ata a cintura, co corpo superior exposto aos fríos ventos infernais, debe o seu nome ao personaxe Antenor da Ilíada.
  • A Tolomea, onde os que traizoaron aos seus hóspedes son castigados, estaban reclinados coa parte traseira do corpo mergullada no xeo; debe o seu nome ao personaxe Ptolemeo, gobernador de Xericó, que asasinou aos seus hóspedes ("1 Macabeos").
  • A Xudeca, onde os que traizoaron aos seus amos e benefactores, son castigados completamente inmersos no xeo, debe o seu nome ao personaxe dos evanxeos xudas Iscariote.

No corazón da Xudeca, a última das catro zonas concéntricas está Lucifer, inmerso nunha pequena capa de xeo ata a súa cintura. Estes descríbeno como un enorme trifronte que coa súa tremenda boca mastiga continuamente en cuestión de segundos aos tres maiores traidores da historia: Caio Cassius Longinus e Marco Xunio Bruto, traidores de César e, na boca central Xudas Iscariote, o traidor de Xesús.[3]

Outros lugares do Inframundo

[editar | editar a fonte]
Referencias
  1. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Cocytus". Encyclopædia Britannica 6 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). pp. 631–632. 
  2. "KOKYTOS". Theoi Project. Consultado o 2009-12-08. 
  3. A información relativa á descrición do Cocito de Dante foi tomado da Divina Comedia narrada por Natalino Sapegno e Fernanda Cremascioli, ed. La Nuova Italia Editrice, Florencia, 1998, ISBN 88-221-1986-1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]