Saltar ao contido

Conón, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConón, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento630 Editar o valor en Wikidata
Sicilia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 687 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteveleno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
83º Papa
24 de outubro de 686 – 21 de setembro de 687 (Gregoriano)
← Xoán VSerxio I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Sicily-28 Find a Grave: 9604360 Editar o valor en Wikidata

Conón,[1] finado o 21 de setembro de 687, foi papa desde o 21 de outubro de 686 ata a súa morte en Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo do pasamento de Xoán V había fortes desacordos para a elección do seu sucesor, entre os que apoiaban ao arcipreste Pedro e os que apoiaban ao presbítero Teodoro.[2] A solución pasou por un terceiro candidato, Conón, grego nativo de Sicilia e fillo de militar,[3] quen tiña sona de home piadoso e afastado dos asuntos seculares.[2][3] Foi consagrado o 21/22 de outubro de 686 como papa, mais o seu papado foi breve.[3][2] Obtivo do emperador unha baixada de impostos para as propiedades eclesiásticas de Sicilia e Calabria.[2][3] Foi tamén quen recibiu aos misioneiros irlandeses Quiliano e os seus compañeiros, consagrou bispo a Quiliano, e enviounos a evanxelizar a Franconia.[2][3] Finou o 21 de setembro de 687 logo dunha longa doenza.[2][3]

  1. Forma galega do nome latino Conon. Carracedo Fraga, José (1999). Diccionario latín-galego. Galaxia. p. 80. ISBN 9788482883182. Conōn, -ōnis m. Conón [...] 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Bower, Archibald (1844). "Conon, eighty-scond Bishop of Rome". The History of the Popes: From the Foundation of the See of Rome to A.D. 1758 1. Griffith & Simon. pp. 490–491. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Mann, Horace Kinder (1913). "Conon, Pope". The Catholic Encyclopedia 4. p. 258.