Elviña, A Coruña
Elviña | |
---|---|
Concello | A Coruña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′02″N 8°24′16″O / 43.333922, -8.404381 |
Área | 14,24 km² |
Poboación | 15.255 hab. (2014) |
Densidade | 1.071,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 20[2][1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicenzo de Elviña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.
Historia
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atópase o Castro de Elviña. Nesta parroquia tivo lugar a batalla de Elviña no curso da Guerra da Independencia Española.
Trala aprobación da Constitución española de 1812 e a creación dos concellos constitucionais, a parroquia de San Vicenzo de Elviña integrouse no concello de Oza xunto ás parroquias de San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e Santa María de Oza. En 1912, o concello da Coruña anexionou o concello de Oza, pasando Elviña a ser unha das cinco parroquias da Coruña.
En 1989, foi creada a Universidade da Coruña, sendo construídos os campus de Elviña (no lugar tradicionalmente coñecido como As Mariñas Douradas[3], nun terreo que xa se expropiara en 1963 para construír unha fábrica de fertilizantes[4]) e mais da Zapateira dentro dos límites da parroquia. Dende entón, a expansión do Campus de Elviña á custa das históricas localidades de Elviña e do Castro de Elviña, levantou as protestas dos veciños que teñen que facer fronte ás continuas expropiacións e á especulación urbanística[4][5][6]. A este problema únense as expropiacións do Parque Ofimático (Xuxán[7]) que xa destruíron lugares como As Cernadas e Galán e teñen proxectado derrubar parte da aldea de Elviña[8][9].
Notas etnográficas
[editar | editar a fonte]Para cantar e beilar,
as nenas da Pelengrina;
para beber a perrita,
as borrachonas de Elviña [10].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Ademais do Castro de Elviña e a igrexa de San Vicenzo de Elviña, consérvanse en Elviña dous hórreos centenarios de estilo Visma en bo estado, entre eles o da desaparecida reitoral de San Vicenzo de Elviña sobre a que se levantou o colexio das Franciscanas, que é un dos maiores da comarca, con 15×3,20 metros.[11]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escultura das Lavandeiras, en Feáns.
-
Plano perimetral da parroquia, 1863.
-
Plano das demarcacións de Elviña e Orro no monte de Areas, 1864.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Elviña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Elviña no concello da Coruña | |
---|---|
Aguaceiros | Carracedo | O Castro de Elviña | Elviña | O Escorial | Feáns | A Felga | Fontaíña | O Lagar | Mesoiro | Palavea | Pasaxe ao Burgo | Pedralonga | Pedro Fernández | Penarredonda | Río de Quintas | Santa Xema | O Souto | Vío | A Zapateira |
Parroquias da Coruña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sumando as entidades que figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia e mais as que figuran no do INE.
- ↑ Xurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. (pp. 58-59)
- ↑ 4,0 4,1 "La última aldea de A Coruña " Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego
- ↑ "La resistencia de la aldea de A Coruña" El País (04/04/2008)
- ↑ "Los más expropiados del concello" La Opinión A Coruña (01/04/2009)
- ↑ O parque Ofimático cambia de nome de xeito oficial a Xuxán
- ↑ "Novas mobilizacións na Coruña para evitar o desafiuzamento de 12 familias" Galicia Confidencial (29/08/2014)
- ↑ "'O que queren construír aquí é outro Gaiás'" Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine. Sermos Galiza (25-05-2013)
- ↑ O colector desta cantiga, Pérez Ballesteros, explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". Actualmente, O Burgo é lugar e parroquia do concello limítrofe de Culleredo, e nin Pelengrina nin forma parecida figuran no Nomenclátor. Segundo Eladio Rodríguez, a perrita é unha "copa de aguardiente de caña, que tomaban en La Coruña los pescadores y marineros en ayunas, para entonar el estómago, al salir a sus faenas. Esta costumbre antigua llamábase 'toma-la perrita', y desapareció en la primera veintena del actual siglo" (refírese ó século XX).
- ↑ "PXOM da Coruña" (PDF). SIOTUGA. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 1-5-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |