Saltar ao contido

Eulalio (antipapa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eulalio, antipapa»)
Modelo:BiografíaEulalio
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte423 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Nepi, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Antipapa Bonifacio I
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Eulalio, nado sobre o 380 e finado sobre o 450, foi un antipapa de orixe romana en oposición ao papa Bonifacio I entre o 27 de decembro de 418 e o 3 de abril de 419.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Á morte do papa Zósimo, o clero romano dividiuse ao elixir o que tería que ser o seu sucesor, posto que mentres unha parte deles elixiron a Bonifacio I un grupo de diáconos descontentos apoiados por Símaco, o prefecto de Roma, optou por elixir o diácono Eulalio.

Ao non solucionarse o conflito entre os dous bandos, requiriuse ao emperador Flavio Honorio para que interviñese na disputa. O emperador convocou un sínodo, converténdose con isto no primeiro emperador que interveu activamente nunha elección papal. A presenza dos aspirantes en Roma e os conflitos que na cidade provocaron os partidarios dun e outro fixeron que o sínodo non chegase a unha decisión, polo que o emperador ordenou a celebración dun segundo sínodo ordenando que os dous candidatos se afastasen de Roma. Este segundo sínodo confirmou no trono papal a Bonifacio I.

Eulalio aceptou a decisión do sínodo retirándose a Nepi de onde, posteriormente, baixo o pontificado de Celestino I, foi nomeado bispo, exercendo esta dignidade até a súa morte.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.