Saltar ao contido

Gregorio VIII, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGregorio VIII, antipapa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Grégoire VIII Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
Corrèze, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1137 Editar o valor en Wikidata
Cava de' Tirreni, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arcebispo
Antipapa Pascual II, Xelasio II, Calisto II
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Gregorio VIII, nado no Lemosín e finado en Salerno en agosto de 1137, foi antipapa durante un breve período de tempo na primeira metade do século XII, do 10 de marzo de 1118 ao 22 de abril de 1121.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome verdadeiro era Maurice Bourdin e era natural de Aquitania. Educado en Cluny, Limoges e finalmente en Castela, facéndose diácono da Sede de Toledo.

Debido á súa conexión coa Orde de Cluny, fíxose un legado papal perfecto para a Península Ibérica, que recentemente adoptara o rito romano como versión oficial do catolicismo, en vez do vello rito mozárabe, que foi considerado como herético. Así, fíxose bispo de Coímbra en 1099, aínda que a súa actividade non o deixara permanecer moito tempo na súa diocese, vello foco da cultura mozárabe.

Foi en peregrinación a Terra Santa durante catro anos, e foi nomeado arcebispo de Braga no seu regreso (1109). Nesa situación, próximo ao conde Henrique de Borgoña, foi un dos principais axentes da reorganización eclesiástica do Condado Portucalense.

En 1114, Maurice envolveuse nunha disputa co arcebispo primado de Toledo, Bernardo (que era ao mesmo tempo legado papal igual que el), clamando ambos pola primacía entre as dioceses de Hispania, polo que foi chamado á Santa Sé onde foi reprendido polo Papa Pascual II.

Pero a súa posición tivo algúns partidarios entre a Curia Romana, e en 1116, cando o emperador Henrique V do Sacro Imperio Romano Xermánico invadiu Italia para opoñerse ao Papa na Querela das Investiduras, o Papa enviou a Maurice á fronte dunha delegación dirixida ao emperador, mentres Pascual e a Curia desprazábanse para Benevento, no Sur de Italia.

Maurice acabaría por traizoar a súa posición e abrazar a causa do emperador. Henrique entrou en Roma un domingo de Pascua (23 de marzo de 1117) facéndose coroar solemnemente por Maurice. Con isto, o Papa Pascual II excomungou a Henrique e quitou a Maurice dos cargos que ocupaba, incluíndo o de arcebispo de Braga.

Pascual II morreu o 24 de xaneiro de 1118, sendo sucedido despois da reunión do conclave, polo Papa Xelasio II, en marzo dese mesmo ano. Henrique, sabendo que o novo papa estaba tamén contra a súa política, dirixiuse a Roma, pero Xelasio, avisado, fuxiu cara Gaeta e rexeitou atoparse co emperador para discutir calquera asunto relacionado coa reforma gregoriana.

Como reacción, os cardeais afectos ao emperador (os xibelinos) declararon nula a elección de Xelasio, e proclamaron ao contrario Maurice como Papa, co nome de Gregorio VIII (10 de marzo). Celasio, en Capua, excomungou tanto a Henrique como ao antipapa Gregorio o 7 de abril.

Despois da morte de Xelasio, Calisto III foi elixido Papa o 8 de maio de 1118, o novo Papa tentou facer un acordo co emperador, o chamado Concordato de Worms ou Pacto Calixtino (1122).

Calisto regresou a Roma e Gregorio fuxiu, refuxiándose en Sutri; aí fórono buscar as tropas papais, tendo cercada a cidade durante oito días, ata que os seus cidadáns entregaron ao Antipapa (abril de 1121). Este foi despois levado a Roma e feito prisioneiro e encadeado en sucesivos mosteiros. Nesa situación morrería nun mosteiro en Salerno, en agosto de 1137.