Foreigner
Foreigner | |
---|---|
Foreigner en 2016 | |
Orixe | Nova York, |
Período | 1976 - presente |
Xénero(s) | hard rock, arena rock, soft rock, pop rock |
Selo(s) discográfico(s) | Rhythm Safari, Atlantic Records |
Membros | Mick Jones Jeff Pilson Kelly Hansen Michael Bluestein Chris Frazier Bruce Watson Luis Maldonado |
Antigos membros | Thom Gimbel Lou Gramm Al Greenwood Ian McDonald Dennis Elliott Ed Gagliardi Rick Wills Johnny Edwards Bruce Turgon Jason Bonham |
Na rede | |
foreigneronline.com | |
Foreigner é unha banda anglo-estadounidense de rock formada orixinalmente na cidade de Nova York no ano 1976 polo veterano guitarrista e compositor británico Mick Jones e o seu compatriota e ex-membro de King Crimson Ian McDonald, xunto co vocalista estadounidense Lou Gramm. A Jones ocurríuselle o nome da banda (foreigner significa estranxeiro en galego) porque el, McDonald e Dennis Elliott eran británicos, mentres que Gramm, Al Greenwood e Ed Gagliardi eran estadounidenses.[1][2]
En 1977 Foreigner publicou o seu álbum de estrea autotitulado, o primeiro disco de catro consecutivos en ser polo menos cinco veces platino nos Estados Unidos. Foreigner chegou ao 4 da lista estadounidense de álbums e entrou no top 10 no Canadá e Australia. O seu seguinte álbum, Double Vision (1978), tivo aínda máis éxito, acadando o número 3 en América do Norte. O terceiro álbum de Foreigner, Head Games (1979), chegaría ao número 5 en Norteamérica.
Reducida a un cuarteto, o seu álbum 4 (1981) estivo no número 1 durante 10 semanas nos Estados Unidos e no número 2 no Canadá, converténdse no seu álbum revelación fóra de América do Norte, chegando ao top 5 no Reino Unido, Alemaña e Australia. En 1982 a banda lanzou o seu traballo de grandes éxitos Records, que chegaría a vender 7 millóns de copias nos Estados Unidos. En 1984, Foreigner tivo o seu sinxelo máis exitoso, a balada "I Want to Know What Love Is", que chegou ao número 1 nos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Australia. O seu álbum, Agent Provocateur, foi o máis exitoso do grupo no Reino Unido, Alemaña e outros países europeos, chegando ao número 1, e en Australia, onde foi número 3, chegando ao top 5 nos Estados Unidos e o Canadá.
Tras un descanso, Foreigner publicou Inside Information (1987), que tivo unha gran caída en vendas con respecto aos seus anteriores traballos, chegando tan só ao top 10 nun feixe de países europeos. Os discos máis recentes do grupo, Unusual Heat (1991), sen Gramm, que marchou debido ao maior us de sintetizadores na banda, Mr. Moonlight (1994), con Gramm de volta nas voces, e Can't Slow Down (2009), outra vez sen Gramm, non venderon demasiado. Foreigner é un dos grupos con máis vendas en todo o mundo, superando os 80 millóns de discos vendidos,[3] incluídos 37,5 millóns nos Estados Unidos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Foreigner | 1977 | Atlantic Records |
Double Vision | 1978 | Atlantic Records |
Head Games | 1979 | Atlantic Records |
4 | 1981 | Atlantic Records |
Agent Provocateur | 1984 | Atlantic Records |
Inside Information | 1987 | Atlantic Records |
Unusual Heat | 1991 | Atlantic Records |
Mr. Moonlight | 1994 | Arista Records |
Can't Slow Down | 2009 | Rhino Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "4eigner.net The Foreigner Website: The Band: Interviews: Chat with Lou Gramm". www.4eigner.net. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2013. Consultado o 2022-12-24.
- ↑ Billboard. p. 26. 19 de abril de 1986
- ↑ Fulton, Rick (2014-03-28). "Foreigner frontman Mick Jones insists he has no plans to retire as he reveals his band's plans for new album and more tours". Daily Record (en inglés). Consultado o 2022-12-25.