Saltar ao contido

Gianni Rodari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGianni Rodari

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Francesco Rodari Editar o valor en Wikidata
23 de outubro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Omegna, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 1980 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio comunal monumental Campo Verano Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Católica do Sagrado Corazón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil, Escrita creativa e profesional, pedagoxía, xornalismo e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, educador, letrista, escritor, poeta, xornalista, guionista, pedagogo, escritor de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCommunist Party of Italy (en) Traducir (1944–) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLiteratura infantil Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:22 : Ремень—Сафи, sec:Родари Джаннn, p.159)
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:6, sec:Родари, p.322-323)
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webgiannirodari.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0734427 Facebook: giannirodari BNE: XX4579353 Bitraga: 216 Musicbrainz: 2f668255-37cd-44df-9b08-51255771d37a Discogs: 1563503 Find a Grave: 92490614 Editar o valor en Wikidata

Gianni Rodari, nado en Omegna (Piemonte) o 23 de outubro de 1920 e finado en Roma o 14 de abril de 1980, foi un escritor, mestre e pedagogo italiano. Obtivo o Premio Hans Christian Andersen en 1970.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rodari naceu o 23 de outubro de 1920, mais aos 9 anos, morreu seu pai dunha bronconeumonía e tivo que mudarse coa súa familia (a súa nai e o seu irmán) á localidade natal materna, Gavirate (Varese).[1] Tras o paso desafortunado polo seminario católico de San Pedro Mártir da vila de Seveso (Milán), ingresa en 1934 no Istituto Magistrale (hoxe Liceo Delle Scienze Sociali) onde estudou humanidades. Aprendeu naquela época a tocar o violín e entrou en contacto coa literatura crítica da man de Nietzsche, Schopenhauer, Marx, Engels, Lenin, Stalin e Trotski.

En 1937, Rodari obtivo o título de maxisterio en Gavirate. Foi titor nunha familia xudía, pasou pola Facultade de Linguas da Universidade Católica do Sagrado Corazón de Milán, e impartiu aulas en escolas de Brusimpiano, Ranco e Cardana di Besozzo. Durante a segunda guerra mundial, exento do servizo militar por razóns de saúde, empezou a facer suplencias docentes en Uboldo.

Tras diversos avatares durante a guerra, afiliouse ao Partido Comunista Italiano en 1944. Por entón, Rodari comezou a traballar en publicacións, revistas e periódicos. Deste xeito, pasou pola revista de historietas Cinque punte e o xornal da Federación Comunista de Varese L'Ordine Nuovo. Publicou lendas populares e contos co seudónimo de Francesco Aricocchi. Posteriormente dirixiu a sección La domenica dei piccoli do xornal milanés L'Unità.

En 1950 trasladouse a Roma onde fundou e dirixiu con Dina Rinaldi (1921-1997) o semanario xuvenil Pioniere (Pionero), da API (Associazione Pionieri d'Italia), organización coa que mantería unha colaboración durante dez anos. En 1951, tras a publicación do seu primeiro libro de carácter pedagóxico, Il manuale del Pioniere, Rodari foi excomulgado polo Vaticano coa consecuente queima de libros e revistas súas nos patios das parroquias.[2]

En 1953, casou con Maria Teresa Ferretti, secretaria do grupo parlamentario da Fronte Democrático Popular, e fundou o xornal de ámbito nacional Avanguardia, instrumento de expresión da Federación Xuvenil Comunista Italiana. Seguiron dez anos de numerosas colaboracións escribindo artigos, dirixindo seccións xuvenís e editando libros até que regresou en 1956 a L'Unità.

En 1958, Gianni Rodari comezou de enviado especial do Paese Sera, edición do serán do diario Il Paese. Neste xornal tamén se deu a coñecer co seudónimo Benelux. Por entón, empezou a colaborar coa RAI e a BBC no programa infantil Giocagiò.

Interrompeu a edición de libros até 1969 para dedicarse ao traballo con nenos. Posteriormente asumiu a dirección de Il giornale dei genitori até 1977.[3]

Morreu o día 14 de abril de 1980 durante unha operación na perna debido a unha insuficiencia cardíaca aos 59 anos. Os seus restos descansan no Cimitero del Verano (Roma).[4]

A Gramática da Fantasía

[editar | editar a fonte]

En 1973, Gianni Rodari publicou a obra Grammatica della Fantasia, subtitulada Introduzione all'arte di inventare storie, que ofrece 45 capítulos de ensaio pedagóxico dirixido ao persoal docente, pais e nais, e aos animadores. A obra é resultado de anos de traballo no campo da fantasía.[5]

Nos antecedente da obra, explica as súas fontes de inspiración como Novalis (1772-1801) que nos seus Frammenti di: «Se disporamos dunha Fantástica, como dispomos dunha Lóxica, tería descuberto a arte de inventar.»[5] Tamén recoñece a influencia do surrealistas franceses. A través do seu paso polas escolas onde lle contaba contos fantásticos ao alumnado, foinos recompilando nunha carpeta que chamou Quaderno di Fantastica até que publicou no diario romano «Paese Sera» un Manuale per inventare favole en dous capítulos (9 e 19 de febreiro de 1962)[5]. Retomou a idea no Giornale dei Genitori en 1969[5].

Pero foi en 1972, durante unha formación a docentes das escolas de Reggio Emilia (localidade de longa tradición pedagóxica en Italia), onde se deu conta da relevancia de traballar a fantasía como estratexia pedagóxica fundamental e empezou a compilar e dar forma ao que acabaría sendo o libro. A transcrición deses obradoiros gravados deron lugar ao libro.[5]

A obra presenta algunhas técnicas que a fixeron famosa como o binomio fantástico combinando listas de palabras de diferentes ámbitos para crear novas realidades, a ensalada de contos mesturando tramas de varios contos para crear outro, os contos do revés invertendo os riscos das personaxes de contos tradicionais, o erro creativo aproveitando a darlle un significado ás palabras mal escritas, os xogos vellos utilizando listas de preguntas etc.[5] Todas elas estimulan a creación, a fantasía e a imaxinación e son habitualmente utilizadas en cursos e obradoiros para o desenvolvemento da creatividade, da fantasía, da imaxinación, da creación literaria ou a resolución de problemas.[6][7][8][9][10]

nenos e nenas ao redor dunha mesa facendo actividades
Taller "O imaxinario de Gianni Rodari", en 2015 en Sabadell.
  • 1950 - Il manuale del Pioniere.
  • 1951 - Il libro delle filastrocche.
  • 1951 - Il romanzo di Cipollino.
  • 1952 - Cipollino e le bolle di sapone.
  • 1952 - Il libro dei mesi.
  • 1952 - Il treno delle filastrocche.
  • 1952 - Le carte parlanti.
  • 1959 - Gelsomino no país dos mentiráns.[11]
  • 1960 - Filastrocche in cielo e in terra.
  • 1960 - Contos por teléfono[12]
  • 1962 - Gip nel televisore. Favola in orbita di Gianni Rodari.
  • 1962 - Il pianeta degli alberi di Natale.
  • 1963 - Castello di carte.
  • 1964 - Il libro degli errori.
  • 1964 - La freccia azzurra.
  • 1966 - La torta in cielo.
  • 1969 - Venti storie più una.
  • 1970 - Le filastrocche del cavallo parlante.
  • 1971 - Tante storie per giocare.
  • 1972 - Filastrocche in cielo e in terra, ed. definitiva.
  • 1972 - Os negocios do señor Gato: contos e rimas felinas.[13]
  • 1972 - Il palazzo di gelato e altre otto favole al telefono.
  • 1973 - Gramática da fantasía: introdución á arte de contar historias[14]
  • 1973 - I viaggi di Giovannino Perdigiorno.
  • 1973 - Contos á máquina.[15]
  • 1974 - La filastrocca di Pinocchio.
  • 1974 - Marionette in libertà.
  • 1978 - A Góndola fantasma.[16]
  • 1978 - Era dúas veces o Barón Lamberto ou O misterio da illa de San Giulio.[17]
  • 1978 - Il teatro i ragazzi la città.
  • 1979 - Parole per giocare.
  • 1979 - Bambolik.
  • 1980 - Il gioco dei quattro cantoni.
  • 1980 - Os ananos de Mantua.[18]
  • 1980 - Piccoli vagabondi.
  • 2001 - Il ragioniere pesce del Cusio, Interlinea, Novara.
  • 2001 - Un giocattolo per Natale, Interlinea, Novara.
  • 2001 - Il mago di Natale, Interlinea, Novara.


Traducións ao galego

[editar | editar a fonte]

Moitas das súas obras foron traducidas ao galego. Entre os tradutores e tradutoras están[19]: Valentín Arias, Xela Arias, Silvia Gaspar, Dolores Sánchez Palomino, Leandro García Bugarín, Xosé Ballesteros, Ignacio Chao, Carlos Acevedo, Isabel Soto e María Alonso Seisdedos.

  1. Gianni Rodari, historia de un rebelde, Infolibre, Clara Morales, 11 de decembro de 2020
  2. Marcello Argilli (n. 1926): Gianni Rodari. Una biografia, Turín, Einaudi, 1990, pp. 64 - 65.
  3. O número especial XXII, n. 58/59, xullo/agosto 1980, dedicouse á súa figura.
  4. Gianni Rodari, historia de un rebelde, Infolibre, Clara Morales, 11 de decembro de 2020
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Rodari, Gianni (1973). Grammatica della fantasia : introduzione all'arte di inventare storie (1ª ed. ed.). Turín: Einaudi. ISBN 88-06-03817-6. OCLC 797738116. 
  6. AMARANTA, LARA IGLESIAS (2016-01-01). Técnicas y recursos de animación en actividades de tiempo libre (en castelán). Editorial Paraninfo. ISBN 978-84-283-9685-1. 
  7. Páez, Enrique (2010-09-30). Escribir. Manual de técnicas narrativas (en castelán). Ediciones SM España. ISBN 978-84-675-4434-3. 
  8. Badia, Dolors; Armengol, Dolors Badia; Santasusanna, Montserrat Vilà; Vilà, Montserrat (1992). Juegos de expresión oral y escrita (en castelán). Grao. ISBN 978-84-7827-579-3. 
  9. Bregantin, Daniela (2016-04-25). Curso para hablar en público (en castelán). Parkstone International. ISBN 978-1-68325-019-7. 
  10. Sebastián, Raquel Gutiérrez (2016-09-27). Manual de Literatura Infantil y educación literaria (en castelán). Ed. Universidad de Cantabria. ISBN 978-84-8102-790-7. 
  11. Rodari, Gianni; Otero, Pablo; Soto López, Isabel (2020). Gelsomino no país dos mentiráns. Seteleguas (1ª ed.). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-1343-045-4. 
  12. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  13. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  14. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  15. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  16. Rodari, Gianni; Gaspar, Silvia; Delicado, Federico (2002). A Góndola fantasma. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  17. Rodari, Gianni; Zabala, Javier; Soto López, Isabel (2020). Era dúas veces o Barón Lamberto ou O misterio da illa de San Giulio. Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-1343-005-8. 
  18. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  19. Gianni Rodari na Biblioteca da Tradución Galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]