Saltar ao contido

Gilbert Keith Chesterton

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaGilbert Keith Chesterton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1874 Editar o valor en Wikidata
Kensington, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Beaconsfield, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBuckinghamshire Editar o valor en Wikidata
Presidente Detection Club (pt) Traducir
1930 – 1936 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo e anglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
St Paul's School (pt) Traducir
Slade School of Fine Art (pt) Traducir
Colet Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía, apologética cristã (pt) Traducir, crítica literaria, crítica de arte, poesía, Prosa, drama, ensaio e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, ensaísta, historiador da literatura, escritor de xénero policial, dramaturgo, historiador, xornalista de opinión, crítico literario, ilustrador, filósofo, novelista, poeta, biógrafo, autobiógrafo, guionista, escritor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1890 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoEnsaio e poesía Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeFrances Blogg (1901–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
IrmánsCecil Chesterton Editar o valor en Wikidata
ParentesA. K. Chesterton, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Честертон Гилберт Кит)
Encyclopædia Britannica
Biblioteca dixital BEIC, (sec:Chesterton, Gilbert Keith 1874-1936) Editar o valor en Wikidata
Sitio webchesterton.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0156363 Allmovie: p316614 IBDB: 5726
Galiciana: 42287 BNE: XX846338 Bitraga: 3391 Dialnet: 1157313 Musicbrainz: ff8002a4-37ac-4b36-a128-0b5f43e35fc9 Discogs: 609363 IMSLP: Category:Chesterton,_Gilbert_Keith WikiTree: Chesterton-7 Find a Grave: 8965688 Editar o valor en Wikidata

Gilbert Keith Chesterton, nado en Londres o 29 de maio de 1874 e finado en Beaconsfield o 14 de xuño de 1936, foi un escritor inglés de inicios do século XX. Cultivou, entre outros xéneros, o ensaio, a novela, a biografía, a poesía, o xornalismo e o libro de viaxes. O seu personaxe máis famoso é o Padre Brown, un sacerdote católico de aparencia inxenua que exerce de detective e que aparece en máis de 50 historias reunidas en cinco volumes, publicados entre 1911 e 1935.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gilbert Keith naceu nunha familia de clase media, e foi bautizado nunha pequena igrexa anglicana, chamada St. George. Ao pouco de nacer Chesterton o seu pai xubilouse por un problema cardíaco, pero seguiu obtendo unha renda do seu negocio familiar de topografía. Chesterton tivo dous irmáns, unha maior, chamada Beatrice, que faleceu sendo aínda nena, e un máis novo, Cecil, co que compartiría aventuras xornalísticas.

A súa educación iniciaríase na escola de Colet Court, en 1881, onde permaneceu ata 1886. En xaneiro de 1887 ingresou nun colexio privado de nome St. Paul, en Hammersmith Road. Logo estudaría debuxo e pintura na Slade School of Art" (1893-1896), onde aprendeu a debuxar, algo que máis adiante lle permitiría ilustrar tanto para as súas obras, como libros do seu amigo Hilaire Belloc.

Durante esta época interesouse polo ocultismo. Na súa Autobiografía sinala que dentro do grupo dos que realizaban espiritismo, ocultismo ou xogos co demo?, el era o único dos presentes que realmente cría no demo. Retirouse da universidade sen alcanzar un título, e comezou a traballar en diferentes xornais, onde traballou como editor de literatura espiritista e teosofía.

As colaboracións cos xornais fixérono rapidamente famoso. Opúxose á guerra dos Bóers de 1889, pola súa ideoloxía antiimperialista, pero denostaba o pacifismo, e apoiou a participación británica na primeira guerra mundial (1914-1918). Porén, non participou en ningunha das dúas: medía 1'93 centímetros e pesaba ao redor de 134 quilos.

Asociado primeiro aos liberais británicos, comezou a escribir en The Speaker e a gañar sona como autor de ensaio e de novelas, como coa novela O Napoleón de Notting Hill (1904), ou con Heretics, un ensaio de 1905 onde se dedica á crítica literaria de Lev Tolstoi ou Bernard Shaw. Continuou as súas simpatías liberais escribindo no Daily News, pero a partir de 1910, grazas á súa amizade co escritor anglofrancés Hilaire Belloc, deu unha fonda viraxe relixiosa e ideolóxica. Dende o punto de vista relixioso, Chesterton, que na súa mocidade virara agnóstico e que a raíz de que en 1901 contraera matrimonio con Frances Blogg, anglicana practicante, se achegara de novo ao cristianismo, comezou a achegarse ao catolicismo. Con todo, non se convertería, logo dun amplo tempo de reflexión, ata 1922.

Por outra parte, Belloc compartiu con el a teoría política que os faría famosos, o distributismo, unha especie de reforma agraria que lle concedería a cada británico unha pequena propiedade de terra para a súa explotación de carácter anticapitalista. O distributismo afastouno do liberalismo e achegouno ao tradicionalismo, se ben mantivo unha ampla independencia partidaria. Foron os tempos dos tres xornais que fundaron entre el, Belloc e máis seu irmán Cecil: o Eye Witness (1911), o New Witness (1912), e posteriormente, logo de problemas económicos e de que Cecil falecese na guerra en 1916, o G.K.'s Weekly (1925).