Saltar ao contido

Gran Premio de Bélxica de 1982

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica de 1982
Imaxe
Nome oficialXL Belgian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento70 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo de Zolder (Heusden-Zolder) 50°59′20″N 5°15′20″L / 50.988888888889, 5.2555555555556 Editar o valor en Wikidata
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Data9 de maio de 1982 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJohn Watson Editar o valor en Wikidata
Pole positionAlain Prost Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJohn Watson Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1982 disputouse en Zolder o 9 de maio de 1982. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1982, o 40º Gran Premio de Bélxica e o noveno, que se celebrou no Autódromo de Zolder.

Cualificación

[editar | editar a fonte]

O piloto canadense Gilles Villeneuve morreu nun accidente durante a última sesión de clasificación. No momento do accidente, o seu compañeiro de equipo Didier Pironi fixara un tempo de 0,1 segundos máis rápido que Villeneuve no sexto lugar. Os periodistas deportivos contemporáneos e máis recentes din que trataba de mellorar o seu tempo na súa última volta. Algúns suxiren que especificamente para vencer a Pironi debido ao seu cabreo por ser adiantado por el dúas semanas antes nas voltas finais de San Marino, cando Villeneuve cría que Pironi recibira a orde de permanecer detrás de el.[1][2] O biógrafo de Villeneuve Gerald Donaldson cita ao enxeñeiro de carreira de Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, aínda que apremando ao seu xeito habitual, volvía a boxes co seu último xogo de pneumáticos de cualificación cando se produciu o accidente.[3] Si fora así, el non establecería un tempo nesa volta.

A falta de oito minutos para rematar a sesión, Villeneuve achegouse á primeira chicane e atopou a Jochen Mass que pilotaba moito máis lentamente a través de Butte, a curva a esquerdas antes da curva Terlamenbocht. Mass viu a Villeneuve achegándose a gran velocidade e moveuse cara á dereita para deixarlle un paso na trazada. No mesmo instante Villeneuve tamén se moveu á dereita para pasar a Mass. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass e saíu lanzado polo aire a unha velocidade estimada entre 200 e 225 km/h. Voou polo aire máis de 100 m antes aterrar e desintegrarse, logo dun salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, aínda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, saíu lanzado a 50 m dos restos no cercado de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht.[3][4]

Varios pilotos detivéronse e correron ata o lugar. John Watson e Derek Warwick sacaron a Villeneuve da vala de seguridade.[5] O primeiro médico chegou á escena aos 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, aínda que tiña pulso, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro médico do circuíto e logo en helicóptero ao Hospital Universitario de San Rafael onde foi diagnosticada unha fractura de pescozo mortal.[6] A Villeneuve mantivérono vivo artificialmente, mentres a súa esposa viaxaba ao hospital e os médicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu ás 9:12 da noite.

O equipo Ferrari retirouse da carreira tralo accidente e abandonou o circuíto. Os últimos oito minutos da fase de clasificación disputáronse logo da retirada dos restos do accidente. Ningún piloto mellorou os seus tempos, quedando os Renault de Alain Prost e René Arnoux na primeira fila da grella.[7]

A carreira foi gañada por Watson por diante de Keke Rosberg e Eddie Cheever. Niki Lauda terminou en terceiro lugar na carreira, pero foi descualificado cando o seu coche foi atopado con baixo peso na verificación técnica posterior á carreira.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7 John Watson McLaren-Ford 70 1:35:41.995 10 9
2 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 70 + 7.268 3 6
3 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 69 + 1 volta 14 4
4 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 68 + 2 voltas 11 3
5 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 67 + 3 Laps 8 2
6 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford 67 + 3 voltas 23 1
7 29 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 66 + 4 voltas 22
8 18 Raul Boesel March-Ford 66 + 4 voltas 24
9 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 66 + 4 voltas 17
DSC 8 Austria Niki Lauda McLaren-Ford 70 Descualificado 4
Ret 5 Derek Daly Williams-Ford 60 Trompo 13
Ret 17 Alemaña Jochen Mass March-Ford 60 Motor 25
Ret 15 Francia Alain Prost Renault 59 Trompo 1
Ret 2 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW 52 Trompo 9
Ret 30 Italia Mauro Baldi Arrows-Ford 51 Acelerador 26
Ret 31 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 37 Á rota 16
Ret 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 34 Caixa de cambios 6
Ret 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 33 Motor 20
Ret 3 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 29 Motor 5
Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 29 Transmisión 19
Ret 36 Italia Teo Fabi Toleman-Hart 13 Freos 21
Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 9 Embrague 7
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 7 Turbo 2
Ret 9 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-Ford 0 Embrague 12
Ret 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Colisión 15
Ret 10 Chile Eliseo Salazar ATS-Ford 0 Colisión 18
NTS 28 Francia Didier Pironi Ferrari Retirouse
NTS 27 Gilles Villeneuve Ferrari Accidente mortal
NSC 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford
NSC 33 Países Baixos Jan Lammers Theodore-Ford
NSCP 32 Italia Riccardo Paletti Osella-Ford
NSCP 19 España Emilio de Villota March-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1981
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1983
  • Didier Pironi e todo o equipo Ferrari retiráronse e non competiron na carreira. Pironi sería o único piloto de Ferrari que participaría nas posteriores carreiras de Mónaco, Detroit (EE.UU.) e Canadá.
  • Nesta carreira Chico Serra logrou o primeiro e único punto.
  1. "BBC Sport - Formula 1's greatest drivers. Number 12: Gilles Villeneuve". Bbc.co.uk. 2012-07-04. Consultado o 2012-08-21. 
  2. Bamsey (1983) p.50, Lang (1992) pp.96–97, Watkins (1997) p.98 and Fearnley (May, 2007) all write that Villeneuve was attempting to beat Pironi. Jenkinson (June 1982) writes only that he "was in the middle of a last desperate bid to improve his grid position."
  3. 3,0 3,1 Donaldson (2003) pp.296–298
  4. Lang (1992) p.97
  5. Fearnley (May, 2007)
  6. Watkins (1997) pp.96–98
  7. Lang (1992) pp.95 99

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Libros
Revistas
  • Fearnley, Paul (May 2007). "It's war. Absolutely war". Motor Sport (Haymarket). pp. 52–61.