Gran Premio de España de 1975
Nome oficial | XXI Spanish Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de España |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 29 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Montjuïc (Barcelona) 41°21′58″N 2°09′07″L / 41.3661, 2.1519 |
Lonxitude | 3,79 km |
País | España |
Data | 27 de abril de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Jochen Mass |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Mario Andretti |
O Gran Premio de España de 1975 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada no circuíto de Montjuïc o 27 de abril de 1975, lembrado como un dos máis polémicos e tráxicos na historia do deporte, logo da a morte de cinco espectadores que foron afectados polo accidente do Hill GH1 de Rolf Stommelen. Tamén foi a carreira na que Lella Lombardi converteuse na primeira e única muller en anotar puntos para o Campionato do Mundo.
Foi o 21º Gran Premio de España, xa que a carreira celebrouse por primeira vez en 1913. Foi o cuarto e último Gran Premio que se celebrou no circuíto urbano de Montjuïc. A carreira foi acurtada a 29 das súas 75 voltas programadas, unha distancia da carreira de 109 quilómetros. A carreira foi gañada polo piloto alemán Jochen Mass que pilotaba un McLaren M23. Sería a única vitoria na fórmula un da súa carreira. Mass tiña só un segundos de vantaxe sobre o Lotus 72E do piloto belga Jacky Ickx cando a carreira foi suspendida. O piloto arxentino Carlos Reutemann foi declarado terceiro no seu Brabham BT44B, unha volta detrás dos líderes da carreira logo dunha sanción a Jean-Pierre Jarier.
Resumo
[editar | editar a fonte]Desde o principio, os pilotos membros da Asociación de Pilotos de Grandes Premios estaban furiosos porque as barreiras non estaban unidas entre si correctamente. Deste xeito, declaráronse en folga. A maioría dos pilotos máis importantes deste deporte negaronse a tomar parte nos adestramentos. Jacky Ickx non era membro da GPDA, e foi un dos poucos pilotos que fixeron as prácticas.
O persoal de pista traballou durante a noite para arranxar as barreiras, e para asegurarse de que todo ía estar listo a tempo para a cualificación do sábado, algúns equipos enviaron mecánicos para axudar. Os pilotos, con todo, aínda non estaban convencidos, pero os organizadores da carreira ameazaron con accións legais se non a participaban na carreira. Isto, e os rumores de que a Garda Civil apoderaríase dos coches que estaban no paddock, que estaba no Estadio de Montjuïc, obrigou aos pilotos a levantar a folga.
O Campión do Mundo Emerson Fittipaldi, con todo, aínda estaba furioso. Fíxoo o mínimo de tres voltas, pero a un ritmo moi lento, e logo detivose nos boxes. Á mañá seguinte, Fittipaldi, anunciou que non competiría, e volveu á súa casa. Tamén durante a mañá do día da carreira, Ken Tyrrell saíu ao circuíto coa súa chave de porcas para asegurarse de que os obstáculos estaban da maneira correcta.
Os dous Ferrari o de Niki Lauda ('pole') e Clay Regazzoni clasificaronse na primeira fila, pero a ledicia non duraría moito tempo. Na saída, o March de Vittorio Brambilla enganchouse co Parnelli de Mario Andretti. O coche de Andretti golpeou a parte traseira do de Lauda, e este bateu contra Regazzoni. Lauda quedou fóra de inmediato, mentres que Regazzoni levou o seu coche ao garaxe, onde fixeron as reparacións, e Regazzoni volveu á carreira. Patrick Depailler tamén retirouse na primeira volta, debido a danos na suspensión, e Wilson Fittipaldi e Arturo Merzario retiráronse en sinal de protesta.
Logo da tolemia da primeira curva, James Hunt quedou como líder. Sorprendentemente, Andretti logrou seguir adiante, e púxose segundo. John Watson estaba en terceiro lugar, Rolf Stommelen cuarto, quinto Brambilla, e Carlos Pace sexto.
Na cuarta volta, o motor do Tyrrell de Jody Scheckter reventou, e provocou unha vertedura de aceite no circuíto que provocou que Alan Jones e Marcos Donohue estrelásense. Tres voltas máis tarde, Hunt tamén patinou no aceite e estrelouse. Os tres primeiros eran Andretti, Watson, e Stommelen. O coche de Watson sufria vibracións e retirouse. A suspensión traseira de Andretti durou só sete voltas máis antes de que fallase, o que lle causou un accidente indo líder. Jean-Pierre Jarier e Brambilla detíveronse a cambiar pneumáticos, mentres que Tom Pryce e Tony Brise engancharonse. Stommelen atopouse no primeiro posto, seguido por Pace, Ronnie Peterson, Jochen Mass, e Ickx. Na volta 24, Peterson abandonou despois de engancharse con François Migault ao tratar de dobrar ao francés.
Dúas voltas máis tarde, chegou a traxedia. O alerón traseiro do Embassy Hill de Stommelen rompeu, chocando contra a barreira, ironicamente, no punto no que os seus propios mecánicos traballaran. Rebotou nela e de novo volveu á pista, voando sobre ela. Ao tratar de evitar a Stommelen ao cruzar a pista, Pace estrelouse. Cinco espectadores morreron a causa do coche voador de Stommelen o piloto sufriu unha fractura na perna, unha boneca e dúas costelas rotas.
A carreira continuou por outras catro voltas, durante a cal Mass pasou a Ickx. Na volta 29, a carreira detívose con Mass gañador, segundo Ickx, e Jean-Pierre Jarier cruzou a meta en terceira posición. Carlos Reutemann terminou cuarto por diante de Brambilla e Lella Lombardi sexto. Coa carreira cancelada antes de que chegara a metade da distancia, só outorgaronse a metade dos puntos. Logo da carreira os comisarios atoparon que Jarier adiantara nunha porción da pista con bandeira amarela. Jarier recibiu unha penalización de sesenta segundos o que relegouno á cuarta posición.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 29 | 42:53.7 | 11 | 4´5 |
2 | 6 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 29 | + 1.1 | 16 | 3 |
3 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 28 | + 1 volta | 15 | 2 |
4 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 28 | + 1 volta | 10 | 1´5 |
5 | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 28 | + 1 volta | 5 | 1 |
6 | 10 | Lella Lombardi | March-Ford | 27 | + 2 voltas | 24 | 0´5 |
7 | 21 | Tony Brise | Williams-Ford | 27 | + 2 voltas | 18 | |
8 | 18 | John Watson | Surtees-Ford | 26 | + 3 voltas | 6 | |
NC | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 25 | Non clasificado | 2 | |
Ret | 22 | Rolf Stommelen | Hill-Ford | 25 | Accidente | 9 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 25 | Accidente | 14 | |
Ret | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 23 | Accidente | 8 | |
Ret | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 23 | Suspensión | 12 | |
Ret | 31 | Roelof Wunderink | Ensign-Ford | 20 | Transmisión | 19 | |
NC | 23 | François Migault | Hill-Ford | 18 | Non clasificado | 22 | |
Ret | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 16 | Suspensión | 4 | |
Ret | 14 | Bob Evans | BRM | 7 | Sistema combustible | 23 | |
Ret | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 6 | Accidente | 3 | |
Ret | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 3 | Motor | 13 | |
Ret | 28 | Mark Donohue | Penske-Ford | 3 | Accidente | 17 | |
Ret | 25 | Alan Jones | Hesketh-Ford | 3 | Accidente | 20 | |
Ret | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 1 | Accidente | 7 | |
Ret | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 1 | Retirouse | 21 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Williams-Ford | 1 | Retirouse | 25 | |
Ret | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 0 | Accidente | 1 | |
NTS | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 0 | Non arrancou | 26 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1974 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1976 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grand Prix Results: Spanish GP, 1975". grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 2011-08-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1975 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2007. Consultado o 2007-10-04.