Saltar ao contido

Grandma Moses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGrandma Moses

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anna Mary Robertson Editar o valor en Wikidata
7 de setembro de 1860 Editar o valor en Wikidata
Greenwich, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de decembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Hoosick Falls, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMaple Grove New Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMoses, Anna Mary Robertson Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAmericanos brancos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArte de paisaxes e pintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Eagle Bridge (en) Traducir
Virxinia
Bennington Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, bordadeira (pt) Traducir, ilustradora, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFolk art (en) Traducir e Arte de paisaxes Editar o valor en Wikidata
MovementoArte Naïf e Arte marxinal Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoGrandma Moses (en) Traducir (1973) Editar o valor en Wikidata
RepresentanteOtto Kallir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeThomas Salmon Moses (1887–1927), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosWinona Fisher, Loyd Robert Moses, Forrest K. Moses, Anna Mary Moses, Hugh Worthington Moses Editar o valor en Wikidata
PaisRussell King Robertson Editar o valor en Wikidata  e Margaret Shanahan Editar o valor en Wikidata
IrmánsFred E. Robertson
Joseph Devereux Robertson
Winona Grace Robertson
Celeste Robertson Foster Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Directory of Southern Women Artists (en) Traducir
American Women Artists, Past and Present: A Selected Bibliographic Guide (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0608576 WikiTree: Robertson-3751 Find a Grave: 743 Editar o valor en Wikidata

Anna Mary Robertson Moses, nada en Greenwich (Nova York) o 7 de setembro de 1860 e finada en Hoosick Falls o 13 de decembro de 1961, máis coñecida como Grandma Moses ("avoíña Moses"), foi unha recoñecida artista folclórica estadounidense. Adoita ser citada por comezar a súa carreira nas artes a unha idade avanzada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Grandma Moses naceu en 1860 e viviu na época da Guerra de Secesión e ambas as guerras mundiais. Moses foi unha dos dez fillos dun agricultor.[1] Aos doce anos de idade foi contratada nunha granxa e aos vinte anos casou con Thomas Salmon Moses, que tamén era un traballador contratado. Foron alugando varias granxas ata comprar unha. O matrimonio tivo dez fillos, pero cinco deles morreron cando eran bebés.[2]

O presidente Harry S. Truman outorgoulle o premio "Women's National Press Club" polo logro excepcional na arte en 1949, e en 1951 actuou en See It Now, un programa de televisión presentado por Edward R. Murrow. En 1952 publicou a súa autobiografía titulada Grandma Moses: My Life's History. No seu centésimo aniversario, en 1960, o gobernador de Nova York, Nelson Rockefeller, proclamou o "día de Grandma Moses" na súa honra e a revista Life púxoa na portada do seu número do 19 de setembro de 1960.[3]

Faleceu o 13 de decembro de 1961 aos 101 anos de idade, pintando o último ano da súa vida vinte e cinco imaxes.[4]

Como esposa e nai nova, Moses era creativa no seu fogar; por exemplo, en 1918 empregaba pintura para decorar as táboas da cheminea. A partir de 1932, Moses facía imaxes bordadas de fío para os amigos e a familia.[3][5][6] Tamén creaba obxectos acolchados, unha forma de "hobby arte", como o definiu Lucy R. Lippard.[7]

Aos 76 anos, Moses desenvolveu artrite, que facía o bordado doloroso. A súa irmá Celestia suxeriulle que a pintura sería máis fácil para ela, e esta idea impulsou a súa carreira pictórica despois dos seus setenta anos.[3][5] Cando a súa man dereita comezou a doerlle, cambiou á man esquerda.

En 1938, Louis J. Caldor, un coleccionista, descubriu a súa pintura nun supermercado en Hoosick Falls, Nova York.[8] En 1939 un distribuidor de arte, Otto Kallir, exhibiu algúns dos seus traballos na Galerie Saint-Etienne en Nova York. Isto chamou a atención dos coleccionistas de arte de todo o mundo, e os seus cadros fixéronse moi cobizados. Pasou a expor o seu traballo en toda Europa e no Xapón, onde o seu labor foi especialmente ben recibido. Continuou a súa prolífica produción de pinturas, cunha demanda que non diminuíu durante a súa vida. Grandma Moses pintou sobre todo escenas da vida rural. Algunhas das súas moitas pinturas foron realizadas sobre as cubertas dos cartóns de Hallmark.

En 1946 a súa pintura The Old Checkered Inn in Summer apareceu no fondo dunha campaña nacional de publicidade de brillo de beizos para mulleres novas dos cosméticos Primitive Red by Du Barry.

Selo conmemorativo de Grandma Moses (1969)
  • Unha peza de 1942, The Old Checkered House, 1862 foi avaliada nos Antiques Roadshow de Memphis (2004). A pintura é unha escena de verán en Geneva, Nova York, non tan común como as súas paisaxes de inverno. Orixinalmente comprados na década de 1940 por menos de 10 dólares, á peza asignóuselle un valor de seguro de 60 000 dólares polo taxador Alan Fausel.
  • Outra das súas pinturas, Catro de Xullo, foi pintada en honra ao presidente Eisenhower, que aínda se exhibe na Casa Branca.
  • En novembro de 2006, a súa obra de 1943 Sugaring Off converteuse na súa pintura vendida por un prezo máis alto, con 1,2 millóns de dólares.[9]
  • A personaxe Daisy "Granny" Moses, interpretada pola actriz Irene Ryan na poular serie de televisión da década de 1960 Beverly Ricos recibiu ese nome como homenaxe a Grandma Moses, que faleceu pouco antes de que comezase a serie.[10]
  • Norman Rockwell e Grandma Moses eran amigos e vivían separados polo límite dos estados de Vermont e Nova York.[11] Moses vivía en Eagle Bridge, Nova York e dende 1938 os Rockwell tiñan unha casa na veciñanza de Arlington, Vermont.[12] Grandma Moses aparece no bordo esquerdo do cadro de Norman Rockwell Christmas Homecoming, que foi impreso na portada do 25 de decembro de 1948 de The Saturday Evening Post.[13][14]
  1. "Grandma Moses". Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  2. "Beautiful World". Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Anna Mary Robertson ("Grandma") Moses Biography". Galerie St. Etienne. Consultado o 30 de agosto de 2014. 
  4. "Information on Grandma Moses, American Folk Artist". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 "Grandma Moses in the 21st Century (originally published in Resource Library Magazine.)". Traditional Fine Arts Organization Inc. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  6. Arnett, Paul; Arnett, William (2000). Souls Grown Deep: The tree gave the dove a leaf. Tinwood Books. p. 282. ISBN 978-0-9653766-0-0. 
  7. Stein, Judith (2001). The White-Haired Girl: A Feminist Reading: Grandma Moses in the 21st Century. Alexandria, VA: Art Services International. pp. 48–63. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de maio de 2019. 
  8. "Anna Mary Robertson Moses – Grandma Moses". Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  9. Bjergegaard, Martin; Milne, Jordan (1 de maio de 2014). Winning Without Losing: 66 strategies for succeeding in a business while living a happy and balanced life. Pine Tribe Limited. p. 180. ISBN 978-0-9912609-7-3. 
  10. Schubert, Sunny (27 de abril de 2012). "View from the Pier: Brushing up on some art with Vino and Van Gogh". The Herald-Independent. Consultado o 30 de agosto de 2014. 
  11. Saloman, Deborah (1 de novembro de 2013). "Norman Rockwell’s New England". The New York Times. Consultado o 30 de agosto de 2014. 
  12. Marling, Karal Ann (2006). Designs on the Heart: The Homemade Art of Grandma Moses. Harvard University Press. p. 182. ISBN 978-0-674-02226-3. 
  13. Marling, Karal Ann (2006). Designs on the Heart: The Homemade Art of Grandma Moses. Harvard University Press. pp. 189, 284. ISBN 978-0-674-02226-3. 
  14. "Norman Rockwell's Christmas Homecoming cover of the Saturday Evening Post". coverbrowser.com. Consultado o 30 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]