Saltar ao contido

Guerreiros do espazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Guerreiros do espazo ou Saiáns (サイヤ人 Saiyajin?) son a raza de guerreiros pertencentes ó universo de Dragon Ball que habitaron o Planeta Vexeta antes da súa destrución a mans do vilán Freezer, quen os mantivo baixo o seu mando. Porén, o seu maior temor era que fóra certa a Lenda do Super Guerreiro. E cando se decatou de que Barduck (O pai de Son Goku) estaba incrementando o seu poder decidiu por seguridade, destruír o Planeta Vexeta. Aínda que se salvaron uns poucos do desastre, como Raditz, Paragus, Turles, Brolin, Nappa, o Príncipe Vexeta, o seu irmán Tarble e Son Goku (chamado Kakarotto), logo uns foron morrendo pouco a pouco a mans dos Guerreiros Z como Raditz (por Piccoro coa axuda de Goku), Nappa (derrotado por Goku e eliminado por Vexeta), Turles (a mans de Goku), Paragus (por unha explosión), Brolin (unha onda vital de Son Gohanda, Son Goten e a alma de Goku), quedando unicamente Tarble, Vexeta e Kakarotto. Esta raza era moi diferente a tódalas demais, xa que os seus poderes os definían como os guerreiros máis poderosos do universo.

Todo comezou nun planeta chamado "Plant" nunha galaxia pertencente ó noso universo, cuxa gravidade era 10 veces maior que a gravidade da Terra. Neste planeta habitaban dúas clases de razas, os Tsuffles e os Guerreiros do espazo, que eran moi diferentes; os Tsuffles ocupaban máis da metade deste planeta, aínda que eran de menor tamaño que os Guerreiros, eran máis avanzados en tecnoloxía. Os Guerreiros do espazo eran menos pero de maior tamaño e complexión; a súa característica principal era o seu rabo e todos eles tiñan un espírito loitador por natureza. Un día os Guerreiros do espazo guiados polo Rei Vexeta (o pai de Vexeta), decidiron atacar os Tsuffles, que pelexaron coa axuda dun armamento moi avanzado. A maior vantaxe dos Guerreiros do espazo era que cada 8 anos aparecía a lúa chea no planeta e se a ollaban directamente sufrían unha gran transformación chamada Ōzaru que os transformaba en monos xigantes cun enorme poder. A guerra rematou co exterminio dos Tsuffles, e os Guerreiros ocuparon todo o planeta.

Logo decidiron nomear ó planeta "Vexeta" na honra do seu líder o "Rei Vexeta". Aínda que a súa tecnoloxía era primitiva, lograron viaxar a través do espazo unindo forzas con habitantes doutros planetas. Estes proporcionábanlles os mellores armamentos, naves espaciais e cartos a cambio de que os Guerreiros do espazo lles entregaran os planetas conquistados.

Grazas a isto, os habitantes de Vexeta foron progresando rapidamente e o seu poder de combate foi aumentando cada vez máis. O seu sistema para conquistar planetas consistía en enviar ós bebés con menos poder a planetas con poboadores febles e, bebés con grandes poderes a aqueles planetas habitados por seres extremadamente fortes.

Aparencia e características

[editar | editar a fonte]

Á parte dos seus rabos, os Guerreiros do espazo aseméllanse ós seres humanos, aínda que moito máis fortes, pero necesitan comer máis para manter o seu poder. Todos teñen cabelo negro, o cal dende o momento en que medra por completo non lles cambia xamais. O seu punto feble é a súa cola de mono (aínda que poden eliminalo con adestramento).

A súa habilidade máis salientable é a do Zenkai Power, a cal fai que cada vez que son feridos de gravidade nunha batalla, ó recuperarse aumentan o seu poder, chegando a multiplicarse se estiveron a piques de morrer.

Artigo principal: Ōzaru.

Esta transformación dáse cando fitan cara a un astro que reflicte a luz dunha estrela próxima (como a Lúa chea da Terra), porén non calquera astro lles serve, xa que dito astro de luz debe producir unhas emisións chamadas raios Brutz. Estes raios teñen un número determinado de ondas Zenos, que cando superan os 17 000 000 de unidades provocan a transformación. Cando o cerebro recibe estas ondas Zenos, o seu corpo reacciona transformándose nun mono xigante, co que o poder do Guerreiro multiplícase por dez.

Súper Guerreiro

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Súper Guerreiro.

Neste estado o guerreiro libera todo o seu poder. A súa forza aumenta considerablemente, o pelo vólvese dourado e ponse de punta e os ollos toman unha cor azulada.

Durante a saga de Freezer, Vexeta fala sobre unha lenda da raza que di que cada 1000 anos aparece un individuo cunha habilidade para pelexar moi superior ó resto. O último Súper Guerreiro coñecido antes do inicio do manga apareceu aproximadamente no ano 228 antes do ano cero na cronoloxía de Dragon Ball e causou caos e destrución a través do universo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra de orixe xaponesa Saiyan (サイヤ人?), é un xentilicio. Así, a palabra significa habitante de Saiyan, natural de Saiyan ou, nun contexto máis xeral, persoa Saiyan. En canto ó significado de saiyan trátase dun xogo de palabras en xaponés, cambiando a orde das sílabas da palabra yasai (野菜 vexetal?). Os nomes dos "saiyan" de raza pura coñecidos derivan da pronunciación xaponesa de nomes de vexetais en inglés:

Nome Xaponés Galego Xaponés Inglés
Vexeta ベジータ Vexetal ベジタブル Vegetable
Kakkaroto カカロット Cenoria キャロット Carrot
Raditz ラディッツ Rabo ラディッシュ Raddish
Nappa ナッパ Repolo Chinés 菜っ葉 Chinese cabbage
Barduck バーダック Lampazo バードック Burdock
Tooma トーマ Tomate トマト Tomato
Selypar セリパ Perexil パセリ Parsley
Toteppo トテッポ Pataca ポテト Potato
Pumbukin パンブーキン Cabaza パンプキン Pumpkin
Paragus パラガス Espárrago アスパラガス Asparagus
Brolin ブロリー Brócoli ブロッコリー Broccolly
Turles ターレス Leituga レタス Lettuce
Onio オニオ Cebola オニオン Onion
Tarble ターブル Vexetal ベジタブル Vegetable