Saltar ao contido

Imperio Austrohúngaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Austrohúngaro
Österreich-Ungarn (de)
Osztrák-Magyar Monarchia (hu) Editar o valor en Wikidata

HimnoGott erhalte Franz den Kaiser (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°12′27″N 16°21′54″L / 48.2075, 16.365
CapitalViena
Budapest Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación52.800.000 (1914) Editar o valor en Wikidata (78,04 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá
lingua húngara Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo, protestantismo, Igrexas católicas orientais e Q25468576 Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie676.615 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar Adriático, Lago de Garda, Lago Constanza, Río Danubio, Río Rin, Río Inn, Río Sava, río Drina, Río Vístula, Przemsza (en) Traducir, Biała Przemsza (en) Traducir, Río Oder, Olza (en) Traducir, Rio Opava (pt) Traducir, Jizera (en) Traducir, Rio Una (pt) Traducir, río San, Zbruch (en) Traducir, Río Dnister, Rio Bug Ocidental (pt) Traducir e Río Prut Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de marzo de 1867:  (Compromiso austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Disolución11 de novembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porAustria Alemá, Reino de Hungría, República da Tchecoslováquia (pt) Traducir, Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, Reino de Romanía, Checoslovaquia e Segunda República Polaca Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquía dual
monarquía Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConselho Imperial (Áustria) (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaAustro-Hungarian gulden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Imperio Austrohúngaro[1][2], Austro-húngaro[3] ou Austria-Hungría[4] (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Escudo do Imperio en 1867

O Imperio Austrohúngaro ten a súa orixe en 1867 co Compromiso austrohúngaro. En 1879 tivo lugar a alianza de Austria-Hungría co Imperio Alemán, e en 1882 Italia uniuse á Tripla Alianza.

En 1892 entrou en circulación a coroa de ouro. En 1907 entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En 1908 levouse a cabo a anexión de Bosnia e Hercegovina. En 1912 Serbia e Bulgaria formaron unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek foron asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosníaco. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea, dando inicio á primeira guerra mundial. En 1915 o Imperio Austrohúngaro declarouse disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, segredo entre o Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.

O 21 de novembro de 1916, en plena guerra, finou o emperador Francisco Xosé I, após 68 anos de reinado. O novo emperador, Carlos I, procurou en 1917 conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.

En 1918 Carlos enviou a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza. O 28 de outubro dese ano proclamouse a república de Checoslovaquia, e o 31 dese mes tivo lugar a secesión de Hungría. O 3 de novembro levouse a cabo o armisticio entre o Imperio Austrohúngaro e os aliados. O 7 de novembro proclamouse a república de Polonia (que se adxudicou a rexión austríaca de Galitzia), e o 16 de novembro proclamouse a república de Hungría. O 1 de decembro as rexións do sur do Imperio uníronse a Serbia e Montenegro, formando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O 24 de decembro tivo lugar a unificación de Transilvania e Romanía.

O Imperio Austrohúngaro desapareceu por completo en 1919 tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Austrohúngaro.
  2. Gran Dicionario Xerais da Lingua (Xerais, 2009) e Superdicionario Castelán-Galego (Morgante, 2011).
  3. Dicionario Normativo Galego-Castelán, Editorial Galaxia (1998)
  4. Entrada para austrohúngaro Arquivado 15 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en DiGalego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]