Index Librorum Prohibitorum
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2023.) |
O Index Librorum Prohibitorum ou "Índice de libros prohibidos", tamén chamado Index Expurgatorius é unha lista daquelas publicacións que os laicos da Igrexa católica catalogaron como libros perniciosos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros. O propósito desta lista era previr a lectura de libros ou traballos inmorais que contivesen erros teolóxicos e previr a corrupción dos fieis.
Foi creado no ano 1559 pola Sagrada Congregación da Inquisición da Igrexa católica (posteriormente chamada a Congregación para a Doutrina da Fe). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de 1948, con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o Papa. A lista non era simplemente un conxunto de obras prohibidas, os autores víanse obrigados a defender o seu traballo: podían volver publicalas con modificacións se desexaban evitar que algunha engrosase a lista.
A trixésima segunda edición, publicada en 1948, contiña aproximadamente 4.000 títulos censurados por varias razóns: herexía, deficiencia moral, sexo explícito, inexactitudes políticas, entre outras. Autores notables foron incluídos nesta lista: Laurence Sterne, Voltaire, Daniel Defoe, Nicolao Copérnico, Honoré de Balzac, Jean-Paul Sartre, André Gide, o sexólogo holandés Theodor Hendrik van de Velde, autor do manual de sexo O matrimonio perfecto.
Algúns dos títulos integraron este índice por ter un contido político definido: en 1926, a revista Acción Francesa, que adoptaba os dereitos polas causas dese país, foi posta na lista.
Os efectos deste índice sentíronse por todos lados, máis aló do mundo católico. Durante moitos anos, en lugares como Quebec, España, Italia e Polonia (países católicos), foi moi difícil atopar copias destes libros, especialmente lonxe das grandes cidades. Como lista oficial foi abandonada en 1966 baixo o papado de Paulo VI, seguidamente do final do Concilio Vaticano II e en gran parte debido a consideracións prácticas. No entanto, quedou como un pecado para os católicos o feito de ler libros que eran inxuriosos contra a fe e/ou a moral.
Na primeira edición (1559) aparecían tres listas que agrupaban:
- Tódalas obras e escritos dun autor prohibido.
- Libros específicos dun autor prohibido.
- Escritos específicos dun autor incerto.
Autores prohibidos
[editar | editar a fonte]Algúns autores notables cuxa obra completa integraba a lista son:
- Anatole France (1922).
- André Gide (en 1952).
- Denis Diderot.
- Émile Zola.
- Honoré de Balzac.
- Jean-Paul Sartre (en 1959).
- Maurice Maeterlinck.
- François Rabelais.
Libros específicos
[editar | editar a fonte]Entre os libros específicos atopábanse:
- O contrato social de Denis Diderot.
- Ensaios de Michel de Montaigne.
- Justine e Juliete do Marqués de Sade.
- Os miserables, A nosa Señora de París de Victor Hugo.
- Madame Bovary de Gustave Flaubert.
- Gran Dicionario Universal de Pierre Athanase Larousse.
- Algunhas obras de Alexandre Dumas.
- As historias de amor de Stendhal (en 1828).
- As historias de amor de George Sand (en 1840).
- As historias de amor de Gabriele d'Annunzio (en 1911).