Saltar ao contido

Kingsman: The Golden Circle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kingsman: The Golden Circle
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalKingsman: The Golden Circle
DirectorMatthew Vaughn
Produtor
Guión
Baseado enThe Secret Service de Mark Millar
Dave Gibbons
Intérpretes
Música
FotografíaGeorge Richmond
MontaxeEddie Hamilton
Estudio
Distribuidora20th Century Fox
EstreaLondres: 18 de setembro de 2017
Duración141 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción e comedia
Orzamento104 millóns de dólares[2]
Recadación410,9 millóns de dólares[3]
Filme anteriorKingsman: The Secret Service
Filme seguinteThe King's Man
Na rede
http://www.foxmovies.com/movies/kingsman-the-golden-circle
IMDB: tt4649466 Filmaffinity: 828541 Allocine: 237561 Rottentomatoes: m/kingsman_the_golden_circle Mojo: kingsman2 Allmovie: v645000 TCM: 2086329 Metacritic: movie/kingsman-the-golden-circle TV.com: movies/kingsman-the-golden-circle
Twitter: kingsmanjp BNE: XX5743881 Netlix: 80183188 Editar o valor en Wikidata

Kingsman: The Golden Circle é un filme británico-estadounidense de 2017 dirixido por Matthew Vaughn e escrito por Jane Goldman e Vaughn. Baséase na serie de banda deseñada The Secret Service (poteriormente titulada Kingsman) creada por Mark Millar e Dave Gibbons, e é o segundo título da franquía cinematográfica homónima, sendo a secuela de Kingsman: The Secret Service (2014). Está protagonizado por Colin Firth, Taron Egerton, Mark Strong, Edward Holcroft e Hanna Alström, que retoman os seus papeis do primeiro filme, xunto con Julianne Moore, Halle Berry, Pedro Pascal, Elton John, Channing Tatum e Jeff Bridges como novos membros do elencco. O filme conta como os membros de Kingsman se unen co seu homólogo estadounidense, Statesman, despois de que a organización Kingsman quedase paralizada e o mundo fose tomado como refén por Poppy Adams e o seu cartel da droga, "The Golden Circle".

Personaxes

[editar | editar a fonte]