O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland),<ref group="nota">No Reino Unido e as súas dependencias, outras linguas ademais do inglés son recoñecidas como linguas rexionais. Nalgunhas delas o nome oficial do Reino Unido é: ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Á parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.
O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.
O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.
|
Artigo destacado
editar
Hannah Beswick, coñecida de maneira póstuma como a momia de Manchester, nada en 1688 e finada en febreiro de 1758, foi unha muller británica adiñeirada que vivía nunha propiedade chamada Birchin Bower, situada na área de Hollinwood, en Oldham, Inglaterra. Debido aos seus antecedentes familiares, Beswick tiña un medo patolóxico a ser enterrada viva. Así, dise que antes de morrer manifestara o desexo de que o seu corpo permanecese sen sepultar, coa finalidade de verificar periodicamente a existencia de sinais de vida. Con todo, tras a súa morte en 1758, o seu corpo foi embalsamado.
A pesar de que non quedou constancia do método utilizado no embalsamamento, crese que consistiu na substitución do sangue por unha mestura de trementina e vermellón, método chamado embalsamamento arterial. O corpo foi gardado dentro dunha vella caixa de reloxo e almacenado en casa do doutor Charles White, o médico da familia. A aparente excentricidade de Beswick terminou converténdoa nunha celebridade local, especialmente polo feito de que os visitantes puidesen observala na casa de White.
Finalmente o corpo foi legado ao Museo da Sociedade de Historia Natural de Manchester, onde foi exhibido e onde recibiu o alcume de Momia de Manchester ou a momia de Birchin Bower. Posteriormente toda a colección do museo foi transferida á Universidade de Manchester e decidiuse, coa aprobación das autoridades e o bispo, enterrar a Beswick. O acto tivo lugar no cemiterio de Harpurhey o 22 de xullo de 1868, 110 anos despois da súa morte. A tumba na que xacen os seus restos carece de nome ou marca ningunha.
Cidade destacada
editar
Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital de Inglaterra e do Reino Unido; atópase ás beiras do río Támese na illa de Gran Bretaña. Segundo os datos do censo do 2012, viven 8 173 194 habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais ( boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita ( City of London), nunha área de 1579 km². A aglomeración urbana ten preto de 11,3 millóns de habitantes.
Dunha cidade romana chamada Londinium, a capital da rexión administrativa romana Britannia, a cidade acabou por se tornar o centro do imperio británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.
Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios (a pesar de ter sido Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).
Países Constituíntes do Reino Unido
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados co Reino Unido? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Guy Fawkes ( ), nado en York en 1570 e finado o 31 de xaneiro de 1606, tamén coñecido coma Guido Fawkes, nome que adoptou cando loitou no bando español, foi un membro dun grupo de católicos ingleses que planearon a fracasada conspiración da pólvora de 1605. Educouse na súa cidade natal de York. O seu pai faleceu cando el tiña 8 anos de idade, e tras isto a súa nai casou cun católico recusante. Fawkes converteuse ó catolicismo e viaxou ó continente, onde loitou na guerra dos Oitenta Anos no bando do Imperio Español católico contra os neerlandeses protestantes nos Países Baixos. Viaxou ata España procurando apoio para unha rebelión católica en Inglaterra sen éxito, onde coñeceu a Thomas Wintour, con quen retornou a Inglaterra.
Wintour presentoulle a Robert Catesby, quen planeaba asasinar o rei Xacobe I e instaurar unha monarquía católica no trono. Os conspiradores alugaron unha cripta baixo a cámara dos lords, e Fawkes quedou ó cargo da pólvora que almacenaron alí. As autoridades, tras recibir unha carta anónima, comezaron unha procura no Palacio de Westminster nas primeiras horas do 5 de novembro, e atoparon a Fawkes protexendo os explosivos, tralo que foi arrestado. Nos días seguintes foi interrogado e torturado, confesando eventualmente. Xusto antes da súa execución o 31 de xaneiro Fawkes caeu da plataforma dende a que ía ser aforcado e partiu o pescozo, evitando así a agonía da subsecuente mutilación.
Fawkes pasou a ser sinónimo da conspiración da pólvora, fracaso polo que se conmemora en Inglaterra dende o 5 de novembro de 1605. Tradicionalmente quéimase a súa efixie nunha fogueira, habitualmente acompañada de fogos artificiais. Segundo Lewis Call, Fawkes está considerado coma "un instrumento potencialmente poderoso para a articulación do anarquismo posmoderno", exemplificado na máscara do protagonista da banda deseñada V for Vendetta e do filme homónimo.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Proxectos relacionados
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (22)
Artigos bos (1)
Portais relacionados
editar
Países e dependencias do Reino Unido
Países de Europa
Proxectos irmáns
|