Saltar ao contido

Portal:Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) ao portal Galicia, a portada temática sobre Galicia, da Wikipedia en lingua galega.


O desenvolvemento do portal Galicia, ao igual que o resto do contido da Wikipedia, está aberto a toda persoa interesada en contribuír.   Xa temos máis de 33.333 artigos relacionados con Galicia.

Benvida Guía Preguntas frecuentes Políticas Axuda

Galicia ou Galiza é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española e con estatuto de nacionalidade histórica no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

A galegofobia ou galaicofobia fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916. As primeiras manifestacións de galegofobia correron a cargo de múltiples e sobranceiros literatos en lingua castelá (Miguel de Cervantes, no seu Quixote, como exemplo destacado), mais tamén é posible rastrexala na historiografía nacionalista española (cuxa figura paradigmática é Menéndez Pidal) ou mesmo nos ámbitos político e televisivo contemporáneos. Se ben é certo que os meirandes e máis numerosos exemplos de galegofobia proceden do ámbito hispánico, tamén existiu (e segue a existir) a nivel europeo e internacional.


← O mes pasado  O mes que vén →
Vexa o mes de novembro na cultura popular galega




Portada da enciclopedia ]