Ricardo Carballo Calero
En Santiago de Compostela nos anos 30. | |
Nome orixinal | Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero [1] Coñecido como: Ricardo Carballo Calero [2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12] Desde 1981 asinou: Ricardo Carvalho Calero [2][4][8][13][14][15][16][17][18][19][20][21] |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de outubro de 1910 Ferrol, España |
Morte | 25 de marzo de 1990 (79 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Cargos Membro da Real Academia Galega, 1958 | |
Datos persoais | |
Formación profesional | Dereito, Filosofía e Letras |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Madrid |
Director de tese | Santiago Montero Díaz |
Actividade | |
Campo de traballo | Política, belas letras, filoloxía hispánica, lingua galega e literatura galega |
Lugar de traballo | Ferrol Santiago de Compostela |
Ocupación | Catedrático de universidade |
Empregador | Seminario de Estudos Galegos Partido Galeguista Real Academia Galega |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio, poesía, narrativa |
Pseudónimo literario | Eduardo Colmeiro Leopoldo Calero Martinho Dumbria Namiq Ziyá José Loureiro Fernando Cadaval Ilex Erik Larsson Sanguijuela Corpus Christi |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Popular da República |
Conflito | guerra civil española |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Araceli Herrero Figueroa |
Familia | |
Cónxuxe | María Ignacia Ramos Díez |
Fillos | Margarita Carballo Ramos M.ª Victoria Carballo-Calero Ramos |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gran Enciclopèdia Catalana Diccionario biográfico español |
Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.
Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Erik Larsson, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria, Namiq Ziyá, P. F. (Pauviños Fontenla) .[22]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Cronobiografía de Ricardo Carballo Calero.
Naceu na rúa San Francisco do Ferrol Vello, sendo o primoxénito do empresario Gabriel Ricardo Carballo Naia e de Dolores Calero Beltrán, que terán cinco fillos máis, dous deles mortos nos primeiros anos de vida.[23] Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo como titor o escritor Manuel Comellas[24], cursou por libre o bacharelato e trasladouse a Compostela en 1926 para estudar Dereito (licenciouse en 1931) e Filosofía e Letras (licenciado en 1935) e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carballo, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil na Federación Universitaria Escolar, da que chegou a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu á redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia. En 1933 volveu a Ferrol, gañou a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade e casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.
Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol. En abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña para a elección do presidente da República dentro da candidatura da Fronte Popular.[25]
Golpe de estado, defensa da República e cárcere
[editar | editar a fonte]O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española.[3] Carballo posicionouse no bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Caeu prendido no fin da guerra, na fronte de Andalucía, e foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. A etapa de prisión foi aproveitada por Carballo para estudar alemán. A súa novela Scórpio recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeo, a peza teatral Os xefes, de 1982 e algúns poemas, como Fugíamos da nossa vila, incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985).
En 1941 saíu en liberdade provisional volvendo para Galiza, e regresando á súa cidade natal.[26] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista, que foi sobresido en setembro de 1944.[27] Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.
Ditadura franquista
[editar | editar a fonte]Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere.[12] En paralelo ao seu labor docente desenvolveu nestes anos un importante traballo investigador, iniciado coa tese de doutoramento Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea[28], dirixida por Santiago Montero Díaz, defendida en Madrid o 9 de decembro de 1954 coa cualificación de premio extraordinario e publicada en 1955 na colección Gredos co título Aportaciones a la literatura gallega contemporánea.
A proposta de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Xesús Ferro Couselo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958, pronunciando o discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, que foi respondido por Otero Pedrayo.[29] Logo de varios anos de traballo en 1963 publicou a obra Historia da literatura galega contemporánea, feita por encargo de Editorial Galaxia.
En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade.[30] En 1967 foi galardoado co Pedrón de Ouro.[31] Por fin, en 1972 obtivo por oposición a cátedra compostelá de Lingüística e Literatura Galega acabada de crear.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle impelería a asinar como Carvalho Calero pero tamén lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.[32] Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.[26]
En 1979 foi nomeado por Alejandrino Fernández Barreiro, responsable do departamento de educación da Xunta Preautonómica, presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo da lingua galega. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións, como a Associaçom Galega da Língua (AGAL), de tendencia lusista, e da cal era membro de honra. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciências de Lisboa.
O escritor
[editar | editar a fonte]Autor dunha extensa obra literaria e de creación, sobre lingua e sobre literatura.
- Narrativa
Henrique Dacosta sinala catro eixes temáticos na súa narrativa:[33]
- Narracións que orbitan arredor da crise da fidalguía (A xente da Barreira, 1951).
- Narracións centradas no imaxinario autobiográfico do autor (Scórpio, 1987).
- Narracións de natureza introspectiva (Aos amores serodios, 1979).
- Narracións de natureza allea ou foránea, mesmo exótica (A cegoña, 1975)
- Poesía
Foi o xénero co que se sentiu máis identificado. A poesía "era unha sorte de relicario, un precioso ben ao que se aferrar por se tratar dun instrumento necesario sobre o que verter as súas inquedanzas, dúbidas, alegrías, pensamentos... Os poemas posteriores á guerra civil son máis sombríos que os precedentes... Frecuenta o clasicismo con referencias de natureza histórico-cultural."[34]
Segundo Pilar Pallarés "a súa poesía conecta intimamente coa europea e é testemuño, temática e esteticamente, dun século XX do que Carvalho se recoñece fillo"[35]. A súa obra poética, na que hai modernismo, neotrobadorismo, hilozoísmo, creacionismo, ultraísmo etc é ampla: (Pretérito imperfeito 1927-1961 -que recolle os primeiros libros-; 1980, Futuro condicional (1961-1980), 1982; Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985), 1986; Reticências... (1986-1989), 1990).
- Teatro
Segundo Henrique Monteagudo "A súa produción dramática, relativamente ampla, e en parte relacionada coa súa actividade didáctica no Colexio Fingoi, sitúase entre a tradición galega, estilizando a temática popular, e a conexión co teatro europeo coetáneo (teatro do absurdo), entre o clasicismo e a experimentación, con técnicas do teatro chinés, fórmulas expresionistas e aproximacións á linguaxe cinematográfica."[35] O seu teatro fala dos problemas da comunicación humana, da maternidade, do fracaso do amor, da comprensión e a sátira contra a ambigüidade política.[36] En Teatro completo (1982) recóllense as súas creacións, "Farsa das zocas" (Grial nº 1, 1963) é a máis coñecida.
- Ensaio
Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). E a obra máis extensa para o coñecemento da literatura galega Historia da literatura galega contemporánea (1963 e 1975), fonte indispensable para os estudos posteriores. Ademais de estudoso de Rosalía de Castro foi tamén editor de importantes figuras da literatura galega (Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas..).
É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), a máis completa ata ese momento e a primeira ferramenta para o ensino da lingua galega. Ademais destacan, entre outras, Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983).
Legado
[editar | editar a fonte]Desde 1997 a súa biblioteca persoal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia, adquirida xunto co seu arquivo persoal. A colección está formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas. Entre o heteroxéneo material da colección destacan documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis). Os fondos atópanse nunha das salas da biblioteca parlamentaria que leva precisamente o nome de “Sala Carballo Calero”.[37]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Obra completa
[editar | editar a fonte]- Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa (2022). Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro (Eds.). Biblos. 670 páxs. ISBN 978-84-15086-54-3.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Vieiros (1931). A Coruña: Ed. Nós.
- O silenzo axionllado (1934). Santiago: Ed. Nós.
- O trebo das catro follas (1944). Ed. de Carmen Blanco en Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, tomo I, 123-40, Santiago: Parlamento-USC (2000).
- Anjo de terra (1950). Pontevedra: Gráficas Torres. Colección Benito Soto.
- Poemas pendurados dun cabelo (1952). Lugo: Colección Xistral.
- Salterio de Fingoy (1961). Colección Salnés, Vigo: Galaxia.[38]
- Pretérito imperfeito (1927-1961) (1980). Sada: Ediciós do Castro. Colectánea.[39]
- Futuro condicional (1961-1980) (1982). Sada: Ediciós do Castro. Colectánea.
- Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (1986). A Coruña: AGAL.
- Reticências... (1986-1989) (1990).Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
- Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero) (1992). Edición de Pilar Pallarés. Ferrol: S. C. Valle-Inclán.[40]
- Antologia da Poesia em Galego (2019). Através Editora. 239 páxs. Edición de Paulo Fernández Mirás. Prólogo de Carmen Blanco. ISBN 978-84-16545-33-9.[41]
- Beleza, verdade (2019). Chan da Pólvora. 196 páxs. Escolma poética e limiar de Pilar Pallarés. ISBN 9788412101829.[42][43]
- Feixe levián (inédito). 1934-1948. Fora enviado a Buenos Aires ao certame do Centro Gallego.[44]
Teatro
[editar | editar a fonte]- O fillo (1982). Escrita en 1935.
- Isabel (1982). Escrita en 1945.
- A sombra de Orfeo (1971). Escrita en 1948. [46]
- Farsa das zocas (1963). Escrita en 1948. [46]
- A arbre (1965). Escrita en 1948. [46]
- O redondel (1979). Escrita en 1951.
- Auto do prisioneiro (1970). Escrita en 1969. [46]
- Os xefes (1982). Eescrita en 1980.
- Catro pezas (1971). Vigo: Galaxia.[47] Contén: Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, A sombra de Orfeo.
- Teatro completo (1982). Sada: Ediciós do Castro.[48] Contén: O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- A xente da Barreira (1951). Santiago: Bibliófilos Gallegos. Ilustracións de A. Portela.[49][50]
- Os tumbos (1950). Alba.
- As pitas baixo a chuvia (1952). Lar.
- A cegoña (1957). Vida Gallega.
- Aos amores serodios (1979). Grial.
- A gente da Barreira e outras histórias (1982). Santiago: Follas Novas. Contén: A gente da Barreira, As pitas baixo a chúvia, Os tumbos, A cegoña, Aos amores seródios.
- Narrativa completa (1984). Sada: Ediciós do Castro. Contén: A gente da Barreira, Os señores da Pena, O lar de Clara, As pitas baixo a chuvia, Os tumbos, A cegoña, Aos amores seródios.
- Provérbios otomanos (1985). Agália. Asinado como Namiq Ziyá.
- Scórpio (1987). Santiago: Sotelo Blanco.[51]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Sete poetas galegos (1955). Vigo: Galaxia.[52] (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo, Manuel Antonio)
- Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959). Lugo: Ediciones Celta. 133 páxs. Discurso de ingreso na RAG e resposta de Ramón Otero Pedrayo. Reeditado en 2015 e 2020.[29]
- Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961). Galaxia. 273 páxs.
- Historia da literatura galega contemporánea (1963 completada en 1975).[53] Vigo: Galaxia.
- Eduardo Pondal (1965). Vigo: Galaxia.
- Sobre lingua e literatura galega (1971). Vigo: Galaxia.
- Rosalía de Castro (1976). Vigo: Patronato Rosalía de Castro.
- Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (1979). Vigo: Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-8471543189.
- Libros e autores galegos I: dos trovadores a Valle-Inclán (1979). Fundación Barrié/RAG. 329 páxs. ISBN 84-85728-01-7.
- Problemas da língua galega (1981). Lisboa: Sá da Costa Editora. 147 páxs.
- Libros e autores galegos II: século XX (1982). Fundación Barrié/RAG. 411páxs. ISBN 978-8485728176.
- Da fala e da escrita (1983). Ourense: Galiza Editora. 138 páxs. ISBN 84-86129-03-6.
- Letras galegas (1984). A Coruña: AGAL. 394 páxs.
- Escritos sobre Castelao (1989). Santiago: Sotelo Blanco. 305 páxs. ISBN 84-7824-027-6.
- Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989). Sada: Ediciós do Castro.
- Do Galego e da Galiza (1990). Santiago: Sotelo Blanco (Póstumo).
- Umha voz na Galiza. Artigos de jornal (1933-1989) (1992). Sotelo Blanco (Póstumo). 330 páxs. ISBN 84-7824-153-1. UDC, 2020, ISBN 978-84-9749-781-7.
- Escritos sobre teatro (2000). A Coruña: B. Francisco Pillado, UDC (póstumo). Edición de Laura Tato. 256 páxs. ISBN 9788495322579.
- Ricaro Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010). Ed. de Mª Pilar García Negro. Santiago: Laiovento. (Póstumo)
Epistolarios
[editar | editar a fonte]- "Cartas de Cabanillas", en Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento (1997). Universidade de Santiago.
- Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero (2004). Cadernos Ramón Piñeiro V. Santiago. Edición de Luís Alonso Girgado, María Cuquejo Enríquez, Carmen Fariña Miranda.[54]
- Epistolario a Fernández del Riego (2006). Galaxia (póstumo).[12] 580 páxs. ISBN 978-84-8288-893-4.
- Cadernos Ramón Piñeiro XXIII: Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro (Historial dun libro) (2015). Edición de Luís Alonso Girgado, Luís Cochón, Nuria Rouco Aneiros, Xurxo Martínez González. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro (póstumo). ISBN 978-84-453-5205-2.[55]
- Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (2020). Henrique Monteagudo, coordinador. Patricia Arias Chachero, Nélida Cosme Abollo, Adrián Estévez Iglesias, editores. RAG. 319 páxs. ISBN 978-84-17807-04-7.[56]
- Unha amizade con Ferrol ao fondo. Correspondencia entre Carvalho Calero e Tomás Barros (1947-1983) (2023). Club de Prensa de Ferrol-Xunta de Galicia.[57] Edición de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Conversas
[editar | editar a fonte]- Antón L. Galocha (1977). "Carballo Calero. Do galeguismo e da língoa". A Nosa Terra.[58]
- Miguel Anxo Fernán-Vello e Francisco Pillado (1986). Conversas en Compostela con Carballo Calero. Sotelo Blanco. 254 páxs. ISBN 84-86021-32-4.
- Carmen Blanco (1989). Conversas con Carballo Calero. Editorial Galaxia. 281 páxs. ISBN 84-7154-654-X.
- Francisco Salinas Portugal (1991). Voz e Siléncio (Entrevista con Ricardo Carvalho Calero). Edicións do Cumio.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Versos iñorados ou esquecidos, de Eduardo Pondal (1961). Vigo: Galaxia-Centro de Estudios Fingoy.
- Contos populares da provincia de Lugo (1963). Vigo: Galaxia.
- Poesías, de Rosalía de Castro, con Lydia Fontoira Surís (1973). Vigo: Patronato Rosalía de Castro.
- Ramón Cabanillas. Escolma de poemas (1976). A Coruña: Real Academia Galega.
- Prosa Galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós (1976). Vigo: Galaxia.
- Antonio López Ferreiro. Escolma de prosa galega (1978). Real Academia Galega.
- Teatro Nós (1979). Follas Novas. 215 páxs. ISBN 84-85385-13-6. Edición e estudo de O bufón del Rei (Vicente Risco), A lagarada (R. Otero Pedrayo), Os vellos non deben de namorarse (Castelao).
- Prosa Galega II: Dos novecentistas aos nosos días (1978). Vigo:Galaxia.
- Prosa Galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo (1980). Vigo: Galaxia.
- Afonso X o Sábio. Cantigas de amor, de escarño e de louvor (1983). Con Carme García Rodríguez. Sada: Ediciós do Castro.
Publicacións na Universidade de Santiago de Compostela
[editar | editar a fonte]- O señor de Vilancosta. Loubanza de don Marcial Valladares Núñez no Día das Letras Galegas (1970).
- Lembranza de don Gonzalo López Abente no Día das Letras Galegas (1971).
- Lembranza de don Valentín Lamas Carvajal no Día das Letras Galegas (1972).
- Algunhas características do galego de Lago González (1973). Con profesores da cátedra.
- Xan Vicente Viqueira. Escolma de prosa e verso (1974). Limiar de Ricardo Carballo Calero.
- Xoán Manuel Pintos. Día das Letras Galegas. 17 de maio de 1975 (1975).
- Na noite estrelecida. Sagas, de Ramón Cabanillas (1976). Prólogo de Ricardo Carballo Calero.
- Antón Villar Ponte. Escolma (1976).
- Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento (1977).
- Antonio López Ferreiro. O niño de pombas (1978).
- Homenaxe a Manuel Antonio (1979). Con María do Carme García Rodríguez e Anxo González Guerra.
- Afonso X o Sábio. Pequena antologia (1980).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978) Ediciós do Castro.
- Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativa (1980). AS-PG/Xistral.[59]
- Castelao contra a manipulación (1984). Xistral.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza 1984 (1986). AGAL.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988). Ediciós do Castro.
- Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1990). AGAL.
- Comentarios de textos contemporáneos (1992). Xerais.
- Tamén navegar (2011). Editorial Toxosoutos.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Trinitarias (poesías) (1928). Ferrol: El Correo Gallego. Prólogo de Nicolás García Pereira.
- La soledad confusa (1932). Santiago: Imprenta Nós.[60]
- Poesía perdida (1993). Edición de Claudio Rodríguez Fer. Sada: Ediciós do Castro.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955). Madrid: Gredos. Biblioteca Románica Hispánica. Colección Estudios y Ensayos, nº 25.
- La poesía gallega del siglo veinte (1955). Madrid: Universidade de Madrid.
- Gramática elemental del gallego común (1966). Vigo: Galaxia.
- Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966). Barcelona: Real Academia Galega.
- Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (1972). Santiago: Universidade.
- La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987). Sada: Ediciós do Castro.[61]
- El grupo Nós (2019). Madrid: Antonio Machado libros. (Póstumo)
Edicións
[editar | editar a fonte]- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1963 e 1969). Salamanca: Anaya.
- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1974). Madrid: Cátedra.
- Antología literaria bilingüe (1983). De Castelao, edición, tradución e notas. Madrid: Taurus.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao, en 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu lugar á creación da Mesa pola Normalización Lingüística,[62] en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.
En 1990 O Facho rendeulle homenaxe cun ciclo de conferencias. Nos anos 2000 e 2010, conmemorando o seu pasamento e o centenario do seu nacemento, celebráronse diferentes homenaxes sobre todo en Ferrol. Fillo Predilecto de Ferrol dende o ano 1990, o Parlamento de Galicia nomeouno por unanimidade Fillo Ilustre de Galicia desde 1996[63].
Estivo en varias ocasións (2008, 2010, 2013, 2015, 2016, 2017 e 2018) entre os nomeados polos membros da Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas. Finalmente, en xuño 2019 foi o único candidato proposto e a figura escollida polo plenario da RAG para ser a figura homenaxeada o Día das Letras do ano 2020, coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento.[64]
Leva o seu nome un centro de ensino público da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o IES Ricardo Carballo Calero, no barrio de Caranza de Ferrol.[65] Tamén o Complexo Deportivo Carballo Calero de Carballo e o Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol.
Desde 1990 convócanse os premios Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ricardo Carballo Calero.
-
Trinitarias, poesías en castelán, Ferrol, 1928.
-
Vieiros, Nós, 1931.
-
La soledad confusa, Nós, 1932.
-
O silenzo axionllado, Nós, 1934.
-
Poemas pendurados de un cabelo, 1952.
-
Gramática elemental del gallego común, 1966.
-
2ª ed. da Historia da literatura galega contemporánea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centenário Carvalho Calero. Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Carballo Calero, Ricardo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ 3,0 3,1 "Membros da Academia. Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega.
- ↑ 4,0 4,1 "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 432.
- ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. p. 422-423.
- ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. pp. 180–183.
- ↑ 8,0 8,1 Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). "Carballo [Carvalho] Calero, Ricardo" en Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores).
- ↑ Fernández del Riego 1971, p. 256, 260, 269–271.
- ↑ Fernández del Riego 1992, p. 73.
- ↑ Méndez Ferrín 1984, pp. 102-104.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Epistolario a Fernández del Riego (2006). Editorial Galaxia.
- ↑ Ricardo Carvalho Calero Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
- ↑ Gómez Sánchez; Queixas Zas (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). pp. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344.
- ↑ Marco 1992.
- ↑ García Negro 2010.
- ↑ Fernández Lorenzo 2019.
- ↑ Pardo de Neyra 2019.
- ↑ Cajaraville 2020.
- ↑ Dacosta 2020.
- ↑ Rabuñal 2020.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 10/9/2019.
- ↑ García Negro 2020, p. 16.
- ↑ «Centenário Carvalho Calero. Cronologia» Academia Galega da Língua Portuguesa.
- ↑ El Correo Gallego, 28/4/1936, p. 1.
- ↑ 26,0 26,1 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
- ↑ Expediente de responsabilidades políticas de Ricardo Carballo Calero e outros
- ↑ "Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea: tesis doctoral / Ricardo Carballo Calero". Biblioteca do Parlamento de Galicia.[Ligazón morta]
- ↑ 29,0 29,1 Carballo Calero, R. (2020). Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía. Real Academia Galega.
- ↑ Villanueva, Malores (30/10/2020). "Don Ricardo, o profesor vocacional". La Voz de Galicia. Consultado o 31/10/2020.
- ↑ Villares Mouteira, Félix. "Ricardo Carballo Calero · Otras firmas". Diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Consultado o 31/10/2020.
- ↑ Rodríguez Fernández, José Luis (17/10/2018). "Carvalho Calero converteuse nunha bandeira sen el procuralo". adiante.gal.
- ↑ Dacosta 2020, p. 66.
- ↑ Dacosta 2020, p. 47.
- ↑ 35,0 35,1 "Letras Gal-Actual - Real Academia Galega". academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 03/04/2020. Consultado o 9/2/2020.
- ↑ Dacosta 2020, p. 55.
- ↑ O pazo do Hórreo Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia.
- ↑ Salterio de Fingoy en Google Books.
- ↑ Contén a produción xa publicada en Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e Salterio de Fingoi.
- ↑ Nicolás, Ramón (17/11/2019). "Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero), edición de Pilar Pallarés". Caderno da crítica. Consultado o 18/11/2019.
- ↑ "Clube". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 1/10/2019.
- ↑ "Beleza, verdade [Ricardo Carvalho Calero]". A poesía necesaria. Consultado o 14/8/2020.
- ↑ Rabuñal, Henrique (Xaneiro-xuño, 2020). "Ricardo Carvalho Calero, poeta da beleza e da verdade". Grial. LVIII (225, 226): 75–76. ISSN 0017-4181.
- ↑ Fernandes, Paulo (2022-08-03). "Paulo Fernandes: "Mais da metade dos poemas de 'Feixe levián', de Carvalho Calero, estão completamente inéditos"". Nós Diario. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Araguas, V. (2010). "Moitos seguimos a chamarlle mestre" (PDF). Galegos (Ézaro Ediciones) (9): 122–126. ISSN 1889-2590.
- ↑ 46,0 46,1 46,2 46,3 Fernández del Riego 1971, p. 260.
- ↑ Contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro
- ↑ Contén: O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A árbore, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes.
- ↑ Dobarro, Xosé María. "A primeira novela da posguerra". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 116–117. ISBN 84-9757-097-9.
- ↑ Marco, Aurora. "Criar prosa en galego". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 117–118. ISBN 84-9757-097-9.
- ↑ Publicado en castelán como Escorpio en 2022, por Cielo Eléctrico Narrativa. Tradución e prólogo de Carmen Blanco. 352 páxs. ISBN 978-84-12-51911-2.
- ↑ Versa sobre Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carballo e Manuel Antonio.
- ↑ Reedicións en 1981 e 2001.
- ↑ Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero en Cervantesvirtual
- ↑ Bouzas Gorgal, Belén (14/11/2017). "Epistolario Ricardo Carballo Calero/Ramón Piñeiro (Historial dun libro)". Boletín Galego de Literatura 0 (51). ISSN 2174-4025.
- ↑ "Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo". publicacions.academia.gal. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ Galicia, Xunta de (2023-01-13). "O volume ‘Unha amizade con Ferrol ao fondo’ editado co apoio da Xunta reúne a correspondencia entre os escritores Carvalho Calero e Tomás Barros". Xunta de Galicia. Consultado o 2023-04-17.
- ↑ Antón L. Galocha (1977). "Carballo Calero. Do galeguismo e da língoa". A Nosa Terra.[Ligazón morta]
- ↑ "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018.
- ↑ Iglesias, Xabier (15/3/2014). "La soledad confusa". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Contén oito artigos en galego.
- ↑ A Mesa, ed. (21 de xuño de 2019). "A Mesa reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero, que mañá será elixido protagonista do Día das Letras de 2020". Consultado o 21 de xuño de 2019.
- ↑ P, Redacción. "Entregado o premio » Ricardo Carvalho Calero» de investigación lingüística". Galicia Ártabra Digital. Consultado o 31/1/2020.
- ↑ "O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega. 22/6/2019.
- ↑ IES Ricardo Carballo Calero Consellería de Educación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Carballo Calero |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco García, Carmen (1991). Carballo Calero: política e cultura. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-519-3.
- Cajaraville, Héctor (2020). Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9121-632-2.
- Castelao, Manuel (2019). Elucidacións na sombra. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-196-5.
- Cidrás, Francisco, Coord. (2020). As formas do compromiso. USC. ISBN 978-84-17595-86-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 225.
- Dacosta, Henrique (2020). Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9121-625-4.
- Fernán-Vello; Pillado Mayor (1986). Conversas en Compostela con Carballo Calero. Sotelo Blanco. ISBN 84-86021-32-4.
- Fernán-Vello; Pillado Mayor (1992). Carballo Calero. Biblioteca 114. El Correo Gallego.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. pp. 256, 260, 269–271.
- ——— (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 73. ISBN 84-7492-465-0.
- Fernández Lorenzo, Rafael. (2019). Abecedario de Ricardo Carvalho Calero. Morgante. Rinoceronte. ISBN 978-84-15166-78-8.
- G. Soto, Luís; Roca, Tareixa (2020). Carvalho sempre. Alustres de vida e obra. Espiral Maior. ISBN 978-84-122271-2-3.
- García Negro, Pilar (2010). Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-195-8.
- ——— (2020). Ricardo Carvalho Calero: Escritor e profesor, galego cabal. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-336-8.
- ——— (2021). Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero. Laiovento. ISBN 978-84-8487-519-2.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 09/12/2018.
- Marco, Aurora (1992). Foula e ronsel: os anos xuvenís de Carvalho Calero. Sada: Ediciós do Castro.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 102–104. ISBN 84-7507-139-2.
- Montero Santalha, José-Martinho (1993). Carvalho Calero e a súa obra. Laiovento. ISBN 84-87847-21-8.
- Pena, Xosé Ramón (2019). Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A "longa noite". Edicións Xerais. p. 171-179. ISBN 978-84-9121-481-6.
- Pardo de Neyra, Xulio (2019). Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Edicións Embora. ISBN 978-84-17824-01-3.
- Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9151-436-7.
- Ramos, Alberto (2020). Carvalho Calero fronte ao espello da memoria. Auga. ISBN 978-84-120597-4-8.
- Rei Núñez, Luís (1990). Oficio de escribir. Ensaio. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-464-2.
- Reimunde Noreña, Ramón (2010). Cautivério de Fingoi: os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero. Deputación de Lugo.
- Salinas Portugal, F. (1991). Voz e siléncio. Entrevista con R. Carvalho Calero. Edicións do Cumio. ISBN 84-87126-33-2.
- Seijas, Antonio (2020). Carvalho Calero fronte ao espello da memoria. Auga Ed. ISBN 978-84-120597-4-8.
- Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Universitaria. Xerais. ISBN 84-7507-778-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 108–110. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA (1982). Homenaxe a Carballo Calero. Ferrol. Cadernos do Medulio. ISBN 978-84-300-7158-6.
- VVAA (1991). "Ricardo Carvalho Calero. A razón da esperanza". Coord. Xan Carballa, Fernando Cuñarro e Cesáreo Sánchez. A Nosa Terra, A nosa cultura 13. ISSN 0213-3105. Inclúe:
- “Vida de sabio nun país ingrato”. Fernán-Vello, M.A.
- “Da vida e da obra: tres Carballos”. Blanco, Carme
- “O tenento Carballo”. Rodríguez Fer, Claudio
- “Traxectoria galeguista dun significado escritor”. Fernández del Riego, Francisco
- “Xa somos esquerda”. Rodríguez Sánchez, Francisco
- “Elógio da razom prática”. L. Suevos, Ramom
- “Carvalho Calero e a língua portuguesa da Galiza”. Montero Santalha, J.M.
- “A aplicaçom sucessiva da doutrina lingüística em textos de Carvalho Calero”. Henríquez Salido, Mª do Carmo
- “A língua agarimo de tradiçom e arma de progresso”. García Negro, Mª Pilar
- “Política e planificaçom lingüísticas nos escritos de C. Calero”. Prieto Alonso, Domingos
- “Na poesía de preguerra”. Salinas Portugal, Francisco
- “Anjo de terra”. Souto Presedo, Elvira
- “Scorpio ou a moi intelixente contra-cruzada dun fantasma”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
- “Intertextualidade, contra-obra e reteatralizaçom”. Herrero Figueroa, Araceli
- “Rafael-Orfeu: a sombra de um mito”. Marco, Aurora
- VVAA (1999-2002). "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. pp. 422–423. ISBN 84-7680-288-9.
- VVAA (2000). Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Coord. José Luís Rodríguez Fernández. Parlamento de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8121-826-X. Inclúe:
- Vol. 1: A obra de Ricardo Carvalho Calero; Lingüística. ISBN 84-8121-827-8. Colaboran: José Luís Rodríguez Fernández, Ricardo Carballo Calero, Ernesto Guerra Da Cal, José Augusto Seabra, Xesús Alonso Montero, Ernesta Basanta Cornide, Carmen Blanco García, Concepción Delgado Corral, Pedro Fernández-Vello, Luís S. Soto, Carlos Garrido Rodríguez, Mª do Carmo Enríquez Salido, M. Araceli Herrero Figueroa, Basilio Losada Castro, Domingos Prieto Alonso, Henrique Rabuñal Corgo, Claudio Rodríguez Fer, José Ramom Rodrigues Fernandes, Darío Villanueva Prieto, Mario Gomes dos Santos, Larissa Semënova, José Antonio Souto Cabo, Carlos Valcárcel Riveiro, Xavier Vilhar Trilho, Isaac Alonso Estreviz, Rosario Álvarez Blanco, Xosé Xove, Óscar Díaz Fouces, Julio Diéguez González, Francisco Dubert García, Carlos Durao, Francisco Fernández Rei, Fernando V. Peixoto da Fonseca, José Luis Fontenla Rodrigues, José Luís Forneiro Pérez, Antonio Gil Hernández, Luís Gonçales Blasco, Brian Franklin Head, Alvaro Iriarte Sanromán, Jesús Lago Garabatos, Carmen Maciñeiras, Aurora Marco López, Ramón Mariño Paz, José María Monterroso Devesa-Juega, Benjamim Moreira, Bernardo Penabade Rei, José Henrique Pérez Rodríguez, J. Carlos Quiroga Díaz, Júlio César Barreto Rocha, Jorge Rodrigues Gomes, Xosé-Manuel Sánchez-Rei, Helena Sánchez Rodríguez.
- Vol. 2: Literatura; Miscelánea. ISBN 84-8121-828-6. Colaboran: Mariña Arbor Aldea, Leodegário A. de Azevedo Filho, António Rodrigues Baptista, Ángel Basanta, Raquel Bello Vázquez, Xoán Bernárdez Vilar, Fernando Cristovão, Mercedes Brea López, Arturo Casas, José Pires da Cruz, Xosé Manuel Dasilva, Xosé María Dobarro Paz, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Goretti Sanmartín Rei, Manuel Ferreiro, Elvira Fidalgo Francisco, Lydia Fontoira Suris, Xosé Ramón Freixeiro Mato, María Pilar García Negro, Joel R. Gômez, Pires Laranjeira, Gérard Lelièvre Houiseau, Teresa López, Armando López Castro, Elisardo López Varela, Elena Losada Soler, Kathleen N. March, María Josefa Martínez-López, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Luis Martul Tobío, Paulo Meneses, José-Martinho Montero Santalha, María Isabel Morán Cabanas, César Morán Fraga, Francisco Nodar Manso, María Camino Noia Campos, Juan Salvador Paredes Núñez, Andrés Pociña Pérez, Aurora López López, María Felisa Rodríguez Prado, Francisco Salinas Portugal, Ana María Sánchez Tarrío, Arnaldo Saraiva, Vítor Manuel de Aguiar e Silva, Elvira Souto, Anxo Tarrío Varela, Cleofé Tato, Elias J. Torres Feijó, Telmo Verdelho, Yara Frateschi Vieira, M. Carmen Villarino-Pardo, Marcial Gondar Portasany, José Antonio López Taboada, Henrique Monteagudo Romero, Ramón Nicolás Rodríguez, José Luis Pensado Tomé, Paulino Pereiro, José Ignacio Pérez Pascual, Ramón G. Romani Barrientos, Ramón Varela Puñal.
- VVAA (2002). Actas do Simpósio Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século. Universidade da Coruña/AS-PG. Inclúen:
- “Prólogo”. Meilán Gil, José Luis
- “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
- “O compromiso cultural de Carvalho Calero: a reintegraçâo lingüística galego-portuguesa”. Montero Santalha, José-Martinho
- “A obra lingüística de Carvalho Calero”. Mariño Paz, Ramón
- “Carvalho Calero: o teatro e a vida”. Guisan Seixas, Joâo
- “A narrativa de Carvalho Calero na encrucillada dos anos cincuenta”. Forcadela, Manuel
- “Ricardo Carvalho Calero: a elegancia do intelectual comprometido”. Fernán-Vello, Miguel Anxo
- “Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”. Rodríguez Fernández, José Luís
- “Algúns recordos de Carvalho Calero”. Díaz Pardo, Isaac
- “Carballo Calero no diagrama da comunicación dramática. Carballo, poeta dramático e ironista” Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Herrero Figueroa, Araceli
- “O professor, o mestre, o amigo: evocaçom saudosa”. Marco, Aurora
- “O discurso metapoético de Ricardo Carvalho Calero”. Álvarez Cáccamo, Xosé María
- “As pegadas de Manoel Antonio na poesía de Ricardo Carvalho Calero”. March, Kathleen
- “Carvalho Calero: mitos para un exílio”. Pallarés, Pilar
- “Reflexións sobre a Segunda República”. Barreiro Fernández, Xosé Ramón
- “A descrición na obra narrativa de Carvalho Calero. Análise retórica e hermenéutica”. Casas, Arturo
- “Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária”. Torres Feijó, Elias J.
- “Carballo Calero, un xove nacionalista. 1926-1936”. Beramendi, Justo
- “Limiar”. López, Teresa; Salinas Portugal, Francisco
- “Ricardo Carvalho Calero escribe a Xosé Filgueira Valverde. Dados para a antoloxía da poesía galega do ano 1936”. López, Teresa
- “Do carácter híbrido da narrativa breve de Carvalho Calero. (Da ambigua verdade intempestiva de Aos amores seródios)”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
- VVAA (2003-2004). "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6.
- VVAA (2005). "Carballo Calero, Ricardo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- VVAA (2006). "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. p. 432. ISBN 978-84-8288-942-9.
- VVAA (2010-2011). "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. p. 180-183.
- VVAA (2011). Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación. Carlos Caetano Biscainho Fernandes (coord.), Xosé-Manuel Sánchez-Rei (coord.) Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-475-5. Inclúe:
- “A gramática galega no século XX. O contributo de Carvalho Calero”. Álvarez Blanco, Rosario
- “"Auto do prisioneiro" nas Mostras de Ribadávia: a recepçom cénica da obra dramática de Carvalho Calero no período refundacional do teatro galego”. Biscainho Fernandes, Carlos Caetano
- “Momentos de memoria persoal e comunal de RCC”. Blanco García, Carmen
- “Carvalho Calero e a lingua galega: coherencia, compromiso e visión de futuro”. Freixeiro Mato, Xosé Ramón
- “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
- “Pensamento, intervención e ciencia”. García Negro, María Pilar
- “Ricardo Carvalho Calero, soliloquio contra a desesperanza”. Rodríguez, Francisco
- “O labor universitário de Ricardo Carvalho Calero”. Rodríguez Fernández, José Luís
- “Etapas no pensamento linguístico de Ricardo Carvalho Calero”. Montero Santalha, José-Martinho
- “Ricardo Carvalho Calero: planificador da língua galega”. Penabade Rei, Bernardo
- “Achegamento urxente á narrativa de Carvalho Calero”. Rabunhal Corgo, Enrique
- “Carvalho Calero poeta: a palabra no exilio”. Salinas Portugal, Francisco
- “A sociolingüística sobre o galego antes e despois de 1936: o contributo de Carvalho Calero”. Sanmartín Rei, Goretti
- “O teatro de Ricardo Carvalho Calero”. Tato-Fontaíña, Laura
- VVAA (2019). Hei de entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero. Crónica. Edicións Embora. ISBN 978-84-17824-11-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Debate "O porvir do galego" 1987, TVG | |
Memoria do século (c) AS-PG 2000 |
- Caderno Conhecermos Carvalho Calero, PDF, Fundaçom Artábria, Ferrol.
- Maurício Castro: Carvalho Calero no século XX galego, 3/6/2008.
- "Carballo Calero, Ricardo" na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán)
- "Carvalho Calero, Ricardo" "Historia da literatura galega - autores". AS-PG.
- Ricardo Carvalho Calero na Biblioteca Virtual Galega, UDC.
- Ricardo Carvalho Calero. Letras Galegas 2020. Culturagalega.gal
- Carvalho Calero 2020. AGAL
- Especial Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero. Aulas Galegas. Recompilación de recursos.