Blanca García Montenegro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | empresaria |
Premios | |
| |
Blanca García Montenegro, nada en Lugo en 1960, é unha empresaria galega, presidenta do grupo de comunicación El Progreso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Secretariado Internacional en Madrid e Oxford. Viúva de Purificación de Cora Paradela, ao falecer o seu marido en abril de 1993, fíxose cargo da presidencia do grupo.
Amais diso é vicepresidenta da Confederación de Empresarios de Lugo, presidenta da Axencia Galega de Noticias, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e membro do comité executivo da Cámara de Comercio de Lugo.
O seu fillo, Antonio de Cora García, é o presidente do Diario de Pontevedra.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Galicia en Feminino 2003 pola difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres.[1]
- Outorgóuselle a Medalla Castelao no ano 2004.[2]
- Premio Diego Bernal 2007 da Asociación de Xornalistas de Galicia.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Premiados... Arquivado 10/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia 7/3/2003 (en castelán).
- ↑ DECRETO 113/2004, do 3 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao DOG.
- ↑ Premio Periodístico Diego Bernal Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Margarita Ledo Andión e Margarida Maria Krohling Kunsch, Comunicación Audiovisual: Investigación e formación universitarias, USC, 1999, 487 páx.
- Xosé López García, A Comunicación en Galicia 2002 Consello da Cultura Galega, 2002, 211 páx.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Los 125 Gallegos más influyentes: 96. Blanca García, presidenta do grupo El Progreso". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 09 de xuño de 2013.