Andrés Fernández-Albalat Lois
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1924 A Coruña, España |
Morte | 29 de decembro de 2019 (95 anos) A Coruña, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | sete: "Fernández-Albalat Ruíz" (2 deles arquitectos) |
Premios | |
| |
Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 2019,[1] foi un arquitecto galego,[2] recoñecido como a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega da segunda metade do século XX. A súa obra, funcionalista, relaciónase coa de Ludwig Mies van der Rohe.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun enxeñeiro militar, fixo o bacharelato na súa cidade natal. Estudou dous anos de violín. Fixo dous cursos de Ciencias Exactas en Santiago de Compostela. En 1955, cunha bolsa de estudos de artes plásticas, facendo acuarelas, viaxou por Italia, percorrendo Venecia, Roma, Florencia e Asís. Preparou o ingreso na universidade no Colexio Maior Ximénez de Cisneros, onde coincidiu con Eduardo Chillida. Doutorouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), onde coñeceu a Miguel Fisac, Ramón Vázquez Molezún, José Antonio Corrales, Carlos Meijide, Alberto Noguerol, Javier Carvajal Ferrer e Rafael de la Hoz Arderius.[4] Foi profesor emérito da Universidade da Coruña, onde exerceu como docente dende 1978.[5] Ditou cursos de doutoramento e seminarios sobre: "Hecho Proyectual, Relaciones de las Bellas Artes y la Arquitectura" e "Construcción, Arquitectura, Música" en España e o Brasil.
Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia e decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1977).[6] En 1999 foi escollido académico de número da Real Academia Galega, pronunciando o discurso "Significante y significado. Linguaxe e arquitectura", que foi respondido por Carlos Casares.[7] Así mesmo, foi tesoureiro da mesma institución de finais de 2001 a finais de 2009.[8] Foi membro da Real Academia Galega de Ciencias, académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes[9] e académico de número e supernumerario da Real Academia de Doutores de España, na que ingresou co discurso "Música y arquitectura".[10]
Foi, tamén, académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, membro e presidente de honra do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, no que ingresou en 1968 co discurso "La ciudad de las rías",[11] membro do padroado do Museo do Pobo Galego e membro do Padroado Rosalía de Castro.
O seu gran proxecto: A Cidade das Rías
[editar | editar a fonte]Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
No ano 1968, Fernández-Albalat presenta á Deputación da Coruña un proxecto para a organización urbana entre as cidades da Coruña e de Ferrol, posto que os estudos daquela prognosticaban que A Coruña chegaría ao millón de habitantes para o ano 2000. Por iso a arquitecto coruñés ideou unha sorte de área metropolitana Coruña-Ferrol, algo moi avanzado para a época.
O proxecto consistía en que, ao non ter A Coruña espazo para a súa expansión dentro dos seus termos municipais, e dado o extraordinario crecemento demográfico e industrial de Ferrol, a idea era facer unha cidade entre ambas zonas urbanas, arredor da ría de Betanzos e da ría de Ares, nos concellos de Sada, Bergondo, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Fene e Ares, unindo cunha ponte Sada e Pontedeume, facendo unha estrada directa que fose de Ferrol á Coruña. A nova cidade, nomeada polo arquitecto como "Cidade das Rías", ía contar cunha poboación de 600.000 habitantes, distribuídos en zonas de 25.000 habitantes e estas en tres barrios cada unha duns 8.000 habitantes. Os barrios e zonas (unión de tres barrios) contarían co básico, tendas, supermercado, escola e instituto, igrexa, polideportivo etc.; é dicir, Albalat non busca crear unha cidade xardín para A Coruña e Ferrol, senón unir ámbalas dúas urbes mediante un tecido urbano completo, respectuoso coa natureza e o contorno e localizado nos mellores puntos xeográficos para a súa comodidade e eficiencia. A Deputación da Coruña rapidamente fixo caso ao proxecto coa intención de poñelo en marcha, máis finalmente non obtivo o apoio das corporacións municipais, en concreto a do Concello de Ferrol, que vía con moita reticencia ese proxecto ao pensar que suporía quedar subordinados á cidade da Coruña e perder a súa autonomía e identidade, postura apoiada polo crecemento demográfico e industrial ferrolán que parecía non decaer, así que a Deputación deixouno no caixón sen facerlle caso.
Obras
[editar | editar a fonte]- Edificio da SEAT na Coruña (1963).[12]
- Fábrica de Begano-Coca Cola na Coruña (1963–1965).[12]
- Convento dos Padres Pasionistas en Santa Xema, A Coruña (1965).[13]
- Sede da Sociedad Recreativa Hípica na Coruña (1966–1967).[14]
- Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Sargadelos, Cervo (1967).[14]
- Vivendas para pescadores en Fontán (1967).[14]
- Rehabilitación da Casa Museo Rosalía de Castro (1971).[15]
- Rehabilitación da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán como sede da RAG.
- Sede de La Sociedad de Sada (1975).[16]
- Centro de Servizos Informáticos de Abanca.[17] en Pocomaco (1975–1983).
- Vivenda unifamiliar en Montecelo, Bergondo (1976).[14]
- Facultades de Matemáticas e Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1978).[14]
- Piscina cuberta de Santa Isabel en Santiago de Compostela (1982).[14]
- Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
- Conservatorio da Coruña (1985).[14]
- Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (1993).[14]
- Estadio Multiúsos de San Lázaro (1993).[14]
- Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.[18]
- Rehabilitación do Castelo de Monterrei (1996).[14]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla Castelao en 1994.[19]
- Medalla de Ouro da Universidade da Coruña en 2007.[20]
- Premio ARQano en 2008 dos Colexios de Arquitectos do Noroeste á traxectoria profesional.[21]
- Premio 2012 á traxectoria profesional do COAG.
- Fillo predilecto da cidade na Coruña en 2020.[22]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Santuario de Santa Xema.
-
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.
-
Casa Museo Rosalía de Castro, rehabilitada.
-
Castelo de Monterrei, rehabilitado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Menéndez, Nacho G. (29/12/2019). "Fallece a los 95 años el arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat". El Progreso (en castelán). Consultado o 30/12/2019.
- ↑ "Wiki Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña.". Arquivado dende o orixinal o 05/03/2011. Consultado o 21/3/2010.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ Amado Lorenzo 2012.
- ↑ Colegio Libre de Eméritos Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- ↑ "Significante y significado. Linguaxe e arquitectura "
- ↑ Real Academia Galega
- ↑ Relación de académicos Arquivado 18 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Real Academia Galega de Belas Artes.
- ↑ Real Academia de Doutores de España (en castelán).
- ↑ Membros de honra Arquivado 30 de decembro de 2019 en Wayback Machine. Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.
- ↑ 12,0 12,1 Proyectos de estructuras 1. Grupo 9 (en castelán).
- ↑ Fernández-Albalat, Andrés (xuño de 2008). Arquitectura y oficio (en castelán). Universidade de Navarra.
- ↑ 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 "Andrés Fernández-Albalat Lois" (blog). Arquitectura de Galicia. Consultado o 7/5/2017.
- ↑ A historia da Casa Fundación Rosalía de Castro.
- ↑ "Historia - La Sociedad de Sada". www.lasociedad-sada.org. Arquivado dende o orixinal o 30/10/2016. Consultado o 7/5/2017.
- ↑ "Centro de Servizos Informáticos de Abanca" en Turismo.gal.
- ↑ "Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside" en Turismo.gal.
- ↑ Gutiérrez, J. M.; Rodríguez, R.D. (29 de decembro de 2019). "Albalat, el arquitecto visionario que diseñó la Ciudad de las Rías, fallece a los 95 años". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Andrés Fernández Albalat recibió Medalla de Oro de la Universidad de Coruña Arquivado 05/03/2011, en Wayback Machine., outubro de 2007, ArquitecturaHoy.com (en castelán).
- ↑ Los arquitectos premian al coruñés Fernández Albalat por su carrera, 14/2/2008, La Opinión A Coruña (en castelán).
- ↑ Prieto, Nuria (7 de outubro de 2020). "Andrés Fernández-Albalat y su legado en la ciudad de A Coruña". elespanol.com (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Fernández-Albalat Lois |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "El restauro, opiniones y cautelas". Restauro, G7 Patrimonio y Gestión Siglo XXI (en castelán) (1): 14–16. 2008. Texto e fotografías de Andrés Fernández-Albalat Lois.
- "Fernández-Albalat Lois, Andrés". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 82. ISBN 84-7680-429-6.
- "Fernández-Albalat Lois, Andrés". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 89.
- "Fernández-Albalat Lois, Andrés". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 98. ISBN 84-7680-288-9.
- "Fernández-Albalat Lois, Andrés". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alcolea Rodríguez, Rubén Andrés (2008). Andrés Fernández Albalat. Arquitectura y oficio (en castelán). T6 ediciones. ISBN 978-84-92409-03-7. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2019. Transcrición de tres conferencias impartidas na Escola de Arquitectura da Universidade de Navarra.
- Amado Lorenzo, Antonio (2012). "Andrés Fernández-Abalat Lois. Arquitectura y docencia" (PDF). Boletín Académico: Revista de investigación y arquitectura contemporánea (en castelán) (UDC) (2): 64–70. ISSN 2173-6723.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 214. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 565. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Galegos Televisión de Galicia, 17/5/2014.
- Vídeo de entrevista en edicions-espontaneas.com 23/2/2009.
- "Fernández-Albalat: "Es bastante alarmante que los arquitectos que salen siempre en los medios no sean los mejores"" Entrevista en unav.es por Javier Echávarri (en castelán).
- Nados en 1924
- Nados na Coruña
- Arquitectos de Galicia do século XX
- Membros de número da Real Academia Galega
- Medallas Castelao
- Finados en 2019
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Profesores da Universidade da Coruña
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando