Saltar ao contido

Xesús Alonso Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXesús Alonso Montero

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1928 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
13º Presidente da Real Academia Galega
20 de abril de 2013 – 17 de marzo de 2017
← Xosé Luís Méndez FerrínVíctor Freixanes → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Madrid
Universidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Director de teseJosé Luis Pensado Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, poeta, sociolingüista, escritor, crítico literario, lingüista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoensaio, poesía
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEmilia Pimentel Iglesias
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda Editar o valor en Wikidata
FillosEmilio Alonso Pimentel
 () Emilia Pimentel Iglesias
Xesús Pimentel
 () Emilia Pimentel Iglesias Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX837368 Bitraga: 1360 BUSC: alonso-montero-xesus-1928 Dialnet: 69331

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa dos avós en Ventosela, Ribadavia.

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, onde os seus pais Benito Alonso e Angelina Montero rexentaban unha taberna na rúa Urzáiz. A familia trasladouse en 1938 a Ventosela (Ribadavia), a terra dos avós (e do seu sobriño Manuel Rodríguez Alonso), onde pasou a súa infancia e adolescencia. Estudou o bacharelato en Ribadavia con Bernardino Graña e rematouno en Vigo no Instituto Santa Irene en 1948. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid en 1953.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Lingua e Literatura Española desde 1956, exerceu na Escola Normal de Santiago de Compostela e nos institutos de Palencia (1959-1960) e Lugo (1960-1976). En 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Manuel Curros Enríquez: Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega. En 1976 é profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo, despois pasou a ser profesor titular de Literatura Galega e foi catedrático de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola súa idade, pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a guerra civil española. É militante do PCE desde 1962, represaliado en varias ocasións. Encabezou a candidatura do PCG pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións democráticas. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid. Foi nomeado catedrático emérito da USC en 1999.[3]

Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 8/10/2017

Destacou no campo da sociolingüística con libros como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como Rosalía de Castro (Páxinas sobre Rosalía de Castro, 1954-2004), Manuel Curros Enríquez (Curros Enríquez no Franquismo, 1936-1971), Manuel Leiras Pulpeiro, Luís Pimentel (Luís Pimentel: biografía da súa poesía), Celso Emilio Ferreiro (Celso Emilio Ferreiro), Luís Seoane (As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane), Mendiño, Xosé Neira Vilas, Lorenzo Varela, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro.

Fixo tamén achegas noutros ámbitos da literatura galega como a poesía popular e os poetas alófonos en galego, e ten realizado estudos sobre autores da literatura española como Antonio Machado, Federico García Lorca, Miguel de Unamuno ou Ramón María del Valle-Inclán. Alén disto, son destacábeis as súas colaboracións na prensa galega, recollidas en parte na obra Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999). Salienta tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e en América. Tamén ten libros de poemas: Versos satíricos ó xeito medieval ou Versos republicanos. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: Coroa poética para Castelao (1988), Coroa poética para un mártir (1996), Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte (1999) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001).

Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993 a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares e Ramón Piñeiro. O seu discurso de ingreso, contestado por Xosé Filgueira Valverde, titulouno "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962).[4] O 20 de abril de 2013 foi elixido presidente da Real Academia Galega, cargo que ocupou ata o 29 de abril de 2017.[1][2]

Deu o seu apoio ao esperanto e ao movemento esperantista galego; escribiu a única visión xeral da historia do movemento en Galicia, o artigo que figura na palabra clave "Esperanto" da Gran Enciclopedia Galega.[5] Nese sentido, impartiu unha conferencia no 46º Congreso Español de Esperanto, en Vigo (1986)[6] e no 69º Congreso Español de Esperanto en Santiago de Compostela (2010)[7].

Etapa luguesa

[editar | editar a fonte]

Chegou a Lugo en 1960 como catedrático do Instituto Masculino (IES Lucus Augusti), alí atopouse con Amable Veiga e Epifanio Ramos. Axiña se incorporou ao faladoiro do Hotel Méndez Núñez ("La tertulia de los desafectos"). Tamén se incorporou ás actividades do Círculo das Artes de Lugo, que en 1963 acolleu a exposición «Cen anos de literatura galega» polos cen anos da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, era a época de Ramón Varela Núñez no Círculo. Tamén impartiu docencia na Escola de Maxisterio.[8]

No instituto, no que tamén daba clases a súa muller, tivo como alumnos a Fernando Ónega, Perfecto Conde Muruais, Antón Grande, Claudio Rodríguez Fer, Antón Santamarina, Darío Xoán Cabana, Xesús Rábade, Anxo González Guerra, Fiz Vergara Vilariño, Xulio López Valcárcel, Camilo Valdeorras, Paco Martín etc.[8]

Desde Lugo publicou o Informe —dramático— sobre la lengua gallega, alí se afiliou ao Partido Comunista o 1 de maio de 1962 no Café do Centro e desde Lugo mandaba crónicas a Radio España Indepediente, emisora do PCE coñecida popularmente como "A Pirenaica".

Esta etapa (1960-1976) deixou pegada nel que declarou "Síntome galego de Lugo" en 2024 e tamén deixou pegada nos seus moitos alumnos.[8]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
Xesús Alonso Montero nos Premios da AGE 2009
Xesús Alonso Montero na entrega do premio García Barros 2014.
  • Versos republicanos e outros versos políticos (1963-2001) (2002). Poio: Litoral das Rías. ISBN 84-932093-3-3. Editor.
  • Versos satíricos (para hoxe) ó xeito medieval (2002). Nigra Imaxe. ISBN 9788487709609.
  • Pois era un barco pirata (romance escrito nalgures no ano 2028, centenario do autor e 180 aniversario da publicación do manifiesto) (2003). Poio: Litoral das Rias. ISBN 84-932093-7-6.
  • Romances do dezaseis de febreiro de 1936 (2006). Poio: Litoral das Rías. 48 páxs. ISBN 978-84-933408-6-5.
  • Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo. Antoloxía: 1963-2016 (2017). Vigo: Xerais.184 páxs. ISBN 978-84-9121-151-8.[20]
  • Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (1975). Akal Ed. ISBN 978-8473390354.
    • Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (1999). Ed. de José Gómez Alén e Víctor Manuel Santadrián Arias. Fundación 10 de marzo, USC.[21]
    • Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo (2014). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9914-656-0. ePub: ISBN 978-84-9914-751-2.
  • Das miñas memorias: 27 meses na Guerra Civil (1936-1939) (1999). Sada: Ediciós do Castro.

Escolmas e edicións

[editar | editar a fonte]
  • Os cen mellores poemas da lingua galega (1969). Lugo: Celta. 268 páxs.
  • Cantigas sociales (1969). Vigo: Castrelos. O Moucho, nº 10.
  • Castelao. Prosas recuperadas I (1912-1950) (1974). Lugo: Celta.
  • Castelao, Páxinas escollidas (1975). Madrid: Akal. 126 páxs. Ed. de 25.000 exemplares gratuítos.
  • Obra galega completa, de Rosalía de Castro (1975). Madrid: Akal. 5 edicións.
  • Poesía galega completa, Tovar Bobillo, Antonio. (1975). Madrid: Akal. 371 páxs.
  • Galicia no corazón de X. Ramón Fernández-Oxea (1977). Sada: Ediciós do Castro.
  • Celso E. Ferreiro, Antoloxía (1982).
  • Coroa poética para Rosalía de Castro (1985). Vigo: Xerais. 148 páxs.
  • Rosalía de Castro e a súa época (1985). Vigo: Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
  • Coroa poética para Castelao. 187 poemas de 1911 a 1987 (1988). Sada: Ediciós do Castro. 379 páxs.
  • Curros Enríquez para nenos (1988). Madrid: Ediciones de la Torre. 125 páxs.
  • Dez poemas de Lorenzo Varela (1988). Sada: Ediciós do Castro. 40 páxs.
  • Carles Riba e Galicia. Homenaxe no I centenario do seu nacemento (1993). Vigo: Galaxia. 353 páxs.
  • Coroa poética para un mártir: 35 poemas á morte de Alexandre Bóveda (1996). Vigo: Xerais. 94 páxs.
  • Poemas ó vagalume (1997). Vigo: Galaxia. Minilibros.
  • 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara (1998). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. 109 páxs. ISBN 978-8481216783.
  • A cantiga de Mendiño en 28 linguas (1998). Santiago: Xunta de Galicia. 108 páxs.
  • A Guerrilla galega antifanquista e os guerrilleiros na voz dos poetas (2002).
  • R. Alberti, Once poemas “gallegos” (2002).

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
La Saudade, Galaxia, 1953, inclúe artigos en galego e castelán de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Lois Tobío Fernández, Xoán Rof Carballo, Francisco Elías de Tejada, Alonso Montero, Manuel Vidán e Francisco Fernández del Riego.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras Galegas de 2018.
  • Textos literarios y geográficos sobre Tierra de Campos (1960). Con Esteban Ortegal Gato. Palencia: Deputación provincial.
  • Textos literarios sobre Lugo y su provincia (1963). Con Enrique Santín Díaz. Madrid-Lugo: Celta.
  • Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968). Madrid: Ciencia Nueva.
  • Rosalía de Castro (1972). Madrid: Ed. Júcar.
  • Azorín, Rosalía de Castro y otros motivos gallegos (1973). Lugo: Celta. 155 páxs.
  • Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973). Madrid: Akal, Colección Arealonga.
  • Galicia vista por los no gallegos. Cuatrocientos autores, de Estrabón a Laín Entralgo (1974). Madrid: Ed. Júcar.
  • Celso Emilio Ferreiro (1982). Madrid: Ed. Júcar. 224 páxs. 978-84-334-3036-6.
  • En torno a Rosalía (1985). Madrid: Ed. Júcar. 471 páxs.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Emilia Pimentel Iglesias en 1957, coa que tivo tres fillos: Emilio, Jesús (Cuchús Pimentel) e Sara. Divorciado, volveu casar con Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, que finou en setembro de 2018.

  1. 1,0 1,1 "Xesús Alonso Montero, novo presidente da Academia". Sermos Galiza. 20 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Miguel Pardo (28 de marzo de 2017). "Freixanes, elixido novo presidente da RAG, apela á "unidade" e reivindica o "continuísmo"". Praza Pública. 
  3. "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-03. 
  4. "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962). Real Academia Galega. 1993. 
  5. Alonso Montero, Xesús (1984): "Esperanto", en: Silverio Cañada (eldonisto): Gran Enciclopedia Gallega. Santiago/Gijón, paĝoj 214-218
  6. -- (1986): Kongreslibro de la 46-a Hispana Kongreso de Esperanto. Vigo: [Hispana Esperanto-Federacio]
  7. -- (2010): Kongreslibro de la 69-a Hispana Kongreso de Esperanto, Santiago de Compostela: [Hispana Esperanto-Federacio]
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Palacios, Xosé María (2024-04-13). "Xesús Alonso Montero: «Síntome galego de Lugo»". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-04-14. 
  9. Incluído despois na Biblioteca Galega 120, co título, en cuberta e lombo, de: As palabras do exilio.
  10. Os poetas galegos e Franco na páxina web de Akal.
  11. "Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) Uiversidade de Santiago de Compostela LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2022-03-03. 
  12. Comentarios ó libro por parte de Alonso Montero Arquivado 23/06/2016, en Archive.is (en galego)
  13. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-03. 
  14. "«A Guerra Civil tamén se perpetrou contra Curros Enríquez»". La Voz de Galicia. 2003-06-16. Consultado o 2022-03-03. 
  15. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03. 
  16. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03. 
  17. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03. 
  18. "Presentación de 'María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura'". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-03. 
  19. Mariño Dávila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Tempos avoltos, literatura subversiva". Grial LX (233): 110–111. ISSN 0017-4181. 
  20. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-03. 
  21. Montero, Xesús Alonso (1999). Pedro Petouto: traballos e cavilacións dun mestre subversivo. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-8121-779-7. 
  22. Nicolás, Ramón (2013-08-27). "Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (Xosé Ramón Fandiño, coord.)". Caderno da crítica. Consultado o 2022-03-03. 
  23. Libro electrónico
  24. "Ficha autor". bvg.udc.es/. 
  25. "Xesús Alonso Montero, Amancio Prada o la restauración del Pórtico, entre los Premios da Cultura Galega 2019". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-27. 
  26. "Xesús Alonso Montero, premio Laxeiro 2023". La Voz de Galicia. 2022-12-01. Consultado o 2022-12-04. 
  27. "Xesús Alonso Montero Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-03-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé Luís Méndez Ferrín
 
Presidente da RAG
 
2013 -2017
Sucesor:
Víctor Freixanes