Luís Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1910 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 5 de abril de 1979 (68 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | litógrafo, poeta, avogado, xornalista, gravador, escritor, político, pintor, muralista |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Cónxuxe | María Elvira Fernández López |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Metromod (en) |
Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires. O seu estilo pictórico evolucionou cara ó debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nado en Buenos Aires no ano 1910, fillo de Luis Seoane Brocos e María López Mosquera que casaran en Compostela o 18 de febreiro de 1909,[2] e emigraran a América. En 1916, con seis anos de idade, veu a Galicia, instalándose na Coruña.[3], onde estivo uns meses, dando aquí comezo os seus estudos primarios. Porén, a súa nai recibiu unha herdanza dunha leira na parroquia piñeira de Arca e decidiron construír aí unha casa, que aínda hoxe se conserva e onde pasou boa parte da súa xuventude. Comezou a ir ao Instituto de Santiago, polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur do lugar da Igrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da familia materna, que visitaba a miúdo. Ao dar comezo os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca[4].
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Nesta cidade mergullouse no ambiente das Irmandades da Fala e da Xeración Nós, contactando cos novos escritores vinculados ás vangardas.[5] Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais. Militou na Federación Universitaria Escolar.
De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña. En 1933 afiliouse ao Partido Galeguista. Colaborou asiduamente na revista Ser, de Ramón Suárez Picallo.[6] Foi membro da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía.
Exilio
[editar | editar a fonte]Tras o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado ata que en setembro puido exiliarse a Buenos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.
Casou por poderes coa súa prima, a coruñesa María Elvira Fernández López (1912-2003), filla da súa tía Teresa López Mosquera e irmá de Manuel Fernández López, dende aquela máis coñecida como Maruxa Seoane.[7] Casaron de novo, por exixencia das autoridades arxentinas, no Porto de Buenos Aires á chegada dela alí.[8] Non tiveron descendencia.[9]
En 1937 publicou o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.
Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Ediciones Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos etc.).[3]
Unha das cousas que fixo na Arxentina foi dar a coñecer a cultura galega, para o que en 1940 fundou en Emecé Editores as coleccións Dorna e Hórreo e en 1942 a Editorial Nova, nas que se recuperaron obras de Manuel Antonio, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Macías o Namorado, Rafael Dieste, Manuel Murguía, Benito Xerónimo Feijoo, Salvador de Madariaga, Roberto Nóvoa, Ramón Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán, Martín Sarmiento, Ramón María del Valle-Inclán, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao etc. De Seoane eran, ademais, as tapas e ilustracións de case todos os números.[10]
Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Idas e vidas
[editar | editar a fonte]Regresou a España en 1960. En 1968 fixo unha exposición retrospectiva na Art Gallery Internacional de Buenos Aires e o 22 de agosto dese mesmo ano foi designado Académico de Número da Academia Nacional de Bellas Artes da Arxentina.[11] Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en abril de 1979.
Legado
[editar | editar a fonte]En 1980 a súa viúva legou á Real Academia Galega 2.411 libros sobre arte e creación.[13] A biblioteca é unha das mellores na súa especialidade, cun marcado carácter internacional e composta case integramente por primeiras edicións. 276 volumes do fondo están relacionados con Pablo Picasso e os libros dedicados a Paul Klee, Joan Miró, Henri Matisse ou George Grosz teñen tamén unha notable presenza nesta colección.[14]
Obra plástica
[editar | editar a fonte]A súa obra como artista gráfico foi moi importante: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, muralista, cartelista, pintor… Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido.[15] A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.
A súa obra, de tendencia expresionista e próxima á abstracción, foi exposta en lugares como Buenos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas ou Hamburgo.
Teñen obra súa, entre outras, as seguintes institucións: o Museo Nacional de Artes Visuais do Uruguai[16], o MoMA de Nova York[17], o Museo de Belas Artes da Coruña[18], a Colección Afundación[19], o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside[20], o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, o Museo Provincial de Pontevedra, o Museo Nacional de Belas Artes da Arxentina[21], o Museo de Artes Plásticas Eduardo Sívori de Buenos Aires, o Metropolitan Museum of Art, a Free Library of Philadelphia, o Museo de Bellas Artes de Caracas, o Museo Municipal Quiñones de León[22], o Museo Genaro Pérez de Córdoba, Arxentina, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América[23], a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego[24], o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos[25], o Museo de Arte Moderna de Buenos Aires[26] e o Teatro San Martín de Buenos Aires.
Libros ilustrados por Seoane
[editar | editar a fonte]Ilustrou centos de libros, editados en Galicia e maioritariamente na Arxentina. Por exemplo:[27]
- Mar ao norde, de Álvaro Cunqueiro. Nós, Santiago de Compostela, 1932.[28]
- Huellas, de Feliciano Rolán. Nós, Santiago de Compostela, 1932.[29]
- Poemas do si e non, de Álvaro Cunqueiro. Ediciós Ún, Lugo, 1933.
- Corazón ao vento, de Aquilino Iglesia Alvariño. Ediciós Ún, Lugo, 1933.
- Cantiga nova que se chama Riveira, de Cunqueiro. Resol, Santiago de Compostela, 1933.
- Torres de amor, de Lorenzo Varela. Editorial Nova, Buenos Aires, 1942.
- Historias e invenciones de Félix Muriel, de Rafael Dieste. Nova, Buenos Aires, 1943.
- Lonxe, de Lorenzo Varela. Botella al Mar, Buenos Aires, 1954.
- Cartas a Lelo, de Xosé Neira Vilas. Ediciós do Castro, 1971.[30]
- Farsas para títeres, de Eduardo Blanco Amor, Ediciós do Castro, 1973.[31]
Murais
[editar | editar a fonte]Seoane fixo o seu primeiro mural en Buenos Aires en 1943, no restaurante La Casa de Troya da Avenida de Mayo, nun edificio hoxe desaparecido. Na cidade consérvanse, catalogados, 25 murais nos barrios de Recoleta, Retiro, San Nicolás, Balvanera e Belgrano, 11 deles situados en lugares públicos como galerías comerciais ou teatros e 14 en recibidores de edificios particulares. Algúns exemplos son:[33]
- Av. Santa Fe 1660, Marcelo T. de Alvear 1645, Recoleta. Galería Santa Fe. Los músicos. Fresco, bóveda lateral. 1953-1954.
- Montevideo 1920, Recoleta, edificio particular. Las Carretas. Mural combinando cerámica e resinas sintéticas. 1956.
- Av. Corrientes 1530, San Nicolás. Teatro General San Martín. El nacimiento del Teatro Argentino. 35x11m. 1957.
- Florida 971, San Martín 948, Retiro. Galería Larreta. Taracea de mármores sobre fondo de mármore travertino. 1958.
- Marcelo T. de Alvear 1260, Libertad 948, Retiro. Galería Las Victorias. Mater Galeciae. 1958
- Esmeralda 1075/77, Retiro. Edificio de vivendas e oficinas, Ing. Lázaro Goldstein. Las pescadoras e vidreira. 1959.
- Esmeralda 561 - Tucumán 764, San Nicolás. Galería del Centro. Homenaje a Guamán Poma de Ayala. 10x6m. 1960.
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc.[34]
Tamén se dedicou á poesía e no 1977 Ediciós do Castro publicou a súa obra poética completa.
En 2023 Pablo García Martínez publicou Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luís Seoane (2023). Santiago: Laiovento. 124 páxs. ISBN 978-84-8487-623-6.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Fardel de eisilado (Buenos Aires, Ediciós Anxel Casal, 1952).[36]
- Na brétema, Sant-Iago (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1956).[37]
- As cicatrices (Buenos Aires, Editorial Citania, 1959).
- A maior abondamento (Buenos Aires, Cuco-Rei, 1972).
- Obra poética. Limiar de Basilio Losada. (Sada, Ediciós do Castro, 1977).
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Tres follas de ruda e un allo verde (inédito).[a]
- "Un cristo na montaña", conto publicado en Galicia Emigrante n.º 2 en 1954.[38]
Teatro
[editar | editar a fonte]- A soldadeira (Ediciós do Castro).[b]
- Esquema de farsa, publicada na revista Galicia Emigrante en 1957.
- O irlandés astrólogo, edición bilingüe (Ediciós do Castro, 1980).
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Eiroa (Vigo, Galaxia, 1957). Inclúe 27 gravados.
- Castelao artista (Buenos Aires, Alborada, 1969).
- Comunicacións mesturadas (Vigo, Editorial Galaxia, 1973).
- George Grosz (Sada, Ediciós do Castro, 1975).
- Textos encol da arte galega (Cadernos da Gadaña, Brais Pinto, 1979).
- Textos sobre arte galega e deseño (Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1994).
- Luís Seoane. Teórico do deseño gráfico (Museo do Pobo Galego, 2010). Edición de X. R. Fandiño e G. López.[c]
Gravados e debuxos con textos literarios
[editar | editar a fonte]- O meco (A Coruña, Ediciós do Castro, 1963).
- Luis Seoane. Grabados (Galaxia, 1965). 34 gravados con texto de Domingo García-Sabell.[42]
- Homaxe a un paxaro (A Coruña, Ediciós do Castro, 1969).
- Retratos de esguello (A Coruña, Ediciós do Castro, 1968).
- O conde asesino de Sobrado (A Coruña-Buenos Aires, Ediciós Cuco-Rei, 1971).
- Figuraciós (A Coruña, Deputación da Coruña, 1990). Edición de Lino Braxe e Xavier Seoane.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Homaxes / Lorenzo Varela; textos de Seoane e Lidia Besouchet (Ediciós do Castro, 1979). ISBN 84-7492-010-8.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948).[d]
Teatro
[editar | editar a fonte]- La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957).
- El irlandés astrólogo (Buenos Aires, Ediciones Losange, 1959).[43]
Gravados e debuxos
[editar | editar a fonte]- 13 Estampas de la traición, Buenos Aires, edición de autor (1937).
- Homenaje a la Torre de Hércules (1945), obra galardoada en Nova York xunto a Histoire Naturelle de Buffon que estaba ilustrada por Picasso.[3]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Arte mural. La ilustración (Buenos Aires, Sudamericana, 1974).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994.[5]
En outubro de 2003 a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (RCM-FNMT) puxo en circulación un selo postal coa imaxe dun cadro de Seoane, El viejo y el pájaro, de 1950, cun valor facial de 1'85 €, do que se fixeron un millón de unidades.[44]
O 27 de marzo de 2008 o Concello do Pino por unanimidade decidiu nomealo fillo predilecto, atendendo ao feito de que boa parte da súa xuventude viviu no Pedrouzo, na casa da familia que aínda hoxe se conserva, e a que na súa obra escrita e gráfica son recorrentes as referencias a esta terra, especialmente á parroquia de Arca[45]. Ademais, a finais de maio do mesmo ano, rebautizouse a nova Casa de Cultura como Centro Sociocultural Luís Seoane.
Dous centros de ensino públicos de Galicia levan o seu nome, o colexio de educación infantil e primaria Luís Seoane de Oleiros[46] e o instituto de ensino secundario Luís Seoane de Monte Porreiro, Pontevedra[47]
No ano 2010 o Consello da Cultura Galega e a Fundación Luis Seoane organizaron o "Ano Seoane", de conmemoración do centenario do nacemento do intelectual galego, que incluíu o congreso internacional Luís Seoane: Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía e unha exposición.[48]
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas do ano 2019.[49]
Fundación Luis Seoane
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Fundación Luis Seoane.
A mediados dos anos noventa, a partir dos fondos conservados pola viúva de Seoane, Maruxa, creouse a Fundación Luis Seoane na Coruña, que desde entón realiza e promove mostras sobre a súa obra e a súa época.[50] Así, en 2003 realizouse unha gran retrospectiva no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela, que logo se levou ao Museo de Arte Moderna de Buenos Aires. Realizáronse outras sobre a súa pintura, obra gráfica, carteis e libros ilustrados. Entre as máis relevantes sobresae a titulada Buenos Aires. Escenarios de Luís Seoane (do 4 de outubro ao 9 de decembro de 2007), na propia Fundación Luis Seoane, que recreou a cidade e a contorna de Seoane na capital arxentina, publicándose á vez un libro-catálogo co inventario máis completo existente sobre os murais do artista en Buenos Aires (máis de 50), a máis extensa cronoloxía feita ata a data, varios textos de autores arxentinos e galegos, e todas as obras que integraron a mostra.[51]
Amais da exposición permanente, a Fundación fixo outras exposicións, temporais, relativas a Luís Seoane, entre elas as seguintes:
- Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos, do 9/5/2003 ao 9/7/2003, comisariada por M.ª Luisa Sobrino.[52]
- Luis Seoane. Homenaje a la Torre de Hércules. 60 anos da súa publicación, do 21/12/2004 ao 25/12/2005.[53]
- Lorenzo Varela-Luis Seoane. Galeguidade universal, do 1/6/2005 ao 15/1/2006.[54]
- Modelos de intención. Bodegóns e paisaxes de Luis Seoane, do 28/3/2006 ao 18/6/2006.[55]
- Mirarte. Luis Seoane, do 11/1/2007 ao 11/1/2008.[56]
- Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane, do 23/3/2007 ao 15/6/2007.[57]
- Como se imprime un libro. Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950, do 17/11/2017 ao 15/4/2018.[58]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Luís, de neno, coa súa familia, en Buenos Aires en 1916.[3]
-
Luís Seoane retratado na revista Vida Gallega o 20/8/1929.[59]
-
Rafael Dieste con Luís Seoane en Buenos Aires en 1946.[60]
-
Con Francisco Fernández del Riego, en 1954.[61]
-
Seoane en decembro de 1978 en Buenos Aires.
-
Busto de Luis Seoane na praza homónima, A Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948).
- ↑ Publicada en tradución castelá: La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957).
- ↑ Escolma de artigos sobre o deseño gráfico.
- ↑ Subtitulado Las narraciones de un vagabundo. Doce contos con ilustracións súas. Pertence á colección "La sirena escondida" que dirixía A. Cuadrado.
- Referencias
- ↑ Alvarellos, Quique (19/11/2017). "Luís Seoane no Santiago de 1930". La Voz de Galicia.
- ↑ Gaceta de Galicia,19-2-1909, p. 2.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Biografía. Fundación Luís Seoane
- ↑ "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020.
- ↑ 5,0 5,1 Figuras homenaxeadas. Luís Seoane RAG.
- ↑ González Fernández 1994, p. 13-14.
- ↑ Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña: O legado de Maruxa Seoane. 2019. ISBN 978-84-453-5336-3.
- ↑ "Maruxa Seoane" Galicia Aberta. Secretaría Xeral da Emigración.
- ↑ Testamento de María Elvira Fernández López 5/7/2000 (en castelán).
- ↑ "Ao pé do prelo. Luís Seoane editor e artista gráfico" Arquivado 08 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. Museo de Pontevedra, 17/11/2010.
- ↑ Academia Nacional de Bellas Artes Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine. da Arxentina (en castelán).
- ↑ "Seoane volta á outra banda" Consello da Cultura Galega, 20/3/2012.
- ↑ Axeitos, Xosé Luís (2003). "A biblioteca de arte de Luís Seoane". O exilio galego, un mapa de cicatrices, Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-127-3.
- ↑ "A dobre viaxe transatlántica da biblioteca de arte de Luís Seoane" RAG, 1/62/016.
- ↑ Galiciadigital.com
- ↑ Museo Nacional de Artes Visuales
- ↑ MoMA
- ↑ Museo de Belas Artes da Coruña
- ↑ Colección Afundación
- ↑ Museo Maside
- ↑ Museo Nacional de Belas Artes da Arxentina
- ↑ Museo Nunicipal Quiñones de León
- ↑ Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos
- ↑ Pinacoteca Francisco Fernández del Riego en turismo.gal.
- ↑ Centro Internacional da Estampa Contemporánea
- ↑ Anónimo (xulio-agosto-setembre de 1979). "Luis Seoane: cronoloxía e exposicións". Grial (65): 387.
- ↑ Odriozola, Antonio (xulio-agosto-setembre de 1979). "Algúns libros galegos ilustrados por Seoane". Grial (65): 378.
- ↑ Iglesias, Xabier (2/9/2016). "Mar ao Norde". Os libros de Ánxel Casal.
- ↑ Iglesias, Xabier (1/10/2016). "Huellas". Os libros de Ánxel Casal.
- ↑ "Cartas a Lelo" na páxina web da Fundación Neira Vilas.
- ↑ "A narrativa de Eduardo Blanco Amor: o descubrimento dun mundo conflitivo". Enciclopedia Historia Literatura Galega. AS-PG.
- ↑ Martínez-Romero 2019.
- ↑ "Luis seoane, recorrido por sus murales". Buenos Aires Ciudad e Xunta de Galicia, 2016 (en castelán).
- ↑ Luís Seoane, Enciclopedia Historia da Literatura Galega AS-PG.
- ↑ "Luis Felipe Noé. Ocho instantáneas vitales". Clarín (en castelán) (Buenos Aires). 10/7/2017.
- ↑ Fardel de eisilado Consello da Cultura Galega.
- ↑ Na brétema nunha edición de 1977 na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ "Seoane". Grial (65). xulio-agosto-setembre de 1979.
- ↑ Díaz, Xosé (novembro de 2010). "Seoane o deseño e o Laboratorio de Formas". Raigame (33): 35–41.
- ↑ Díaz, Xosé (2010). "O factor simbólico. Luís Seoane e o Laboratorio de Formas" (PDF). Grial (186): 46–53.
- ↑ 41,0 41,1 Pintores Argentinos del Siglo XX vol,s. 1-58. Centro Editor de América Latina. 1980-1981. Buenos Aires.
- ↑ Luis Seoane. Grabados en Google Books.
- ↑ El irlandés astrólogo imaxe da portada.
- ↑ "Correos". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020.
- ↑ "El Concello de O Pino nombra hijo predilecto del municipio al intelectual Luís Seoane". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 28-3-2008. Consultado o 18-8-2020.
- ↑ CEIP Luís Seoane
- ↑ IES Luís Seoane
- ↑ "O CCG e a Fundación Luís Seoane presentan un gran congreso sobre o artista". El Correo Gallego. 19/3/2010.
- ↑ M., X. (30/6/2018). "Luís Seoane, a figura distinguida co Día das Artes Galegas 2019". Sermos Galiza.
- ↑ Páxina web da Fundación Luis Seoane
- ↑ Buenos Aires. Escenarios de Luis Seoane.
- ↑ Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos
- ↑ Luis Seoane. Homenaje a la Torre de Hércules. 60 anos da súa publicación
- ↑ Lorenzo Varela-Luis Seoane. Galeguidade universal
- ↑ Modelos de intención. Bodegóns e paisaxes de Luis Seoane
- ↑ Mirarte. Luis Seoane
- ↑ Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane
- ↑ Como se imprime un libro
- ↑ Vida Gallega, 20-8-1929, p. 18
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega. Do 26/11/2021 ao 7/1/2023. Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. ISBN 978-84-92425-42-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Seoane". Grial (Galaxia) (65). xulio-agosto-setembre de 1979. ISSN 0017-4181. Con textos de Dieste, García-Sabell; Dónega; Carballo Calero; Díaz Pardo; Ledo; Piñeiro; Gómez Paz; Lorenzana; Paz-Andrade; Patiño; González Garcés; Seoane; García-Bodaño; Novoneyra; R. Ruibal; Blanco Amor; Fernández de la Vega; Cunqueiro; Losada; Tobío Fernández; Sucarrat Boutet; Fole; Girri e Odriozola.
- "Seoane López, Luís". Diccionario enciclopédico galego universal 55. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 72. ISBN 84-7680-429-6.
- "Seoane López, Luís". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1915–1916. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Seoane López, Luís". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. pp. 267–268. ISBN 84-7680-288-9.
- "Seoane López, Luis". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Luís Seoane". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (33). novembro de 2010. ISSN 1136-3207. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 17 de maio de 2020.
- Emigrante dun país soñado: Luís Seoane entre Galicia e Arxentina. CCG. 2011. ISBN 978-84-92923-22-9. Con textos de Villares; Sarlo; Sobrino; Díaz; Núñez Seixas; Devoto; Romero; Wechsler; Gutiérrez Viñualez; Axeitos; Castiñeiras; Portela; Casas; Méndez Ferrín; Beramendi; Patiño e Montero.
- Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña: O legado de Maruxa Seoane. Xunta de Galicia. 2019. ISBN 978-84-453-5336-3.
- Alfaya, E.; Villaverde, M.ª D. (2012). "Dicindo adeus a Galicia dende o Highland Princess". RLLCGV (UNED) (17): 93–116. ISSN 1130-8508. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- Alonso Montero, Xesús (2002) [1994]. As palabras do exilio. Biblioteca Galega 120 n.º 114. La Voz de Galicia. ISBN 84-9757-009-X.
- Axeitos, X. L.; Seoane, X. (coordinadores) (1994). Luís Seoane e o libro galego na Arxentina [1937-1978]. Deputación da Coruña.
- ——— (2004). A Academia no discurso exílico de Luís Seoane. Real Academia Galega. ISBN 84-87987-54-0.
- ———; Díaz; Patiño; Pérez; Seoane; Villares (2010). Dicionario Seonae. Fundación Luis Seoane. ISBN 978-84-614-1071-2.
- Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. pp. 242–255. ISBN 978-84-89599-44-4.
- Barreiro; Longueira; López; Monterroso. Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane (+1CD) (en bilingüe). Fundación. ISBN 978-84-611-4636-9.
- Barro, David; Montero, Carmela (2018). Luis Seoane. Deseño e diferenza (en bilingüe). Santiago de Compostela: Dardo. ISBN 978-84-92772-61-2.
- Blanco Rosas, Jesús José (2010). Galicia emigrante. Prensa e radio no exilio galego. A pegada de Luís Seoane. A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-469-9.
- Braxe, L.; Seoane, X., eds. (1989). Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-434-0.
- ———; ———, eds. (1990). Figuraciós, de Luís Seoane. Deputación da Coruña. ISBN 84-86040-50-7.
- ———; ———, eds. (1994). O cine e a fotografía. Luís Seoane. Centro Galego de Artes da Imaxe. ISBN 84-453-1223-5.
- ———; ———, eds. (1996). Luís Seoane e o teatro. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-808-7.
- ———; ———, eds. (1996). Luís Seoane: textos sobre arte. Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-16-4.
- Capelán Rey, Antón (2010). Luís Seoane en Compostela e outros ensaios. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-193-4.
- Castiñeiras, Manuel A. (1995). "Luis Seoane: a pintura como sinal de identidade" (PDF). Anuario Brigantino (18): 295–300. ISSN 1130-7625.
- Cid; Neira; Seoane; Axeitos (1994). Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía. Xerais. ISBN 84-7507-796-X.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 352.
- Cuba, Xulio (1994). Luís Seoane: A forma da patria. Didáctica. A Coruña: Espiral Maior. ISBN 84-88137-24-9.
- Díaz Arias de Castro, Xosé (1994). Luís Seoane, a forxa da modernidade. Biblioteca Coruñesa. Vía Láctea. ISBN 84-86531-80-2.
- ——— (2019). Luis Seonae: unha vida e unha obra con Galicia ao fondo (PDF). Deputación da Coruña. Dep. legal: C 219-2019.
- ——— (2019). "Significado de Luis Seoane no contexto da cultura galega do século xx". Cadernos de Estudos Xerais (A. C. Irmáns Suárez Picallo) (16).
- Díaz Pampín, María América (2004). Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-141-9.
- Dolinko, Silvia (2017). "Imágenes de Galicia, grabados de Luís Seoane en Buenos Aires". Madrygal (en castelán) (20 extra): 73–86. ISSN 1138-9664.
- Dónega, Marino (1994). Luis Seoane: vida e obra literaria. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 84-87987-03-6.
- Fandiño, X. R.; López, Gloria, eds. (2010). Luís Seoane: teórico do deseño gráfico. Alicerces n.º 18. Museo do Pobo Galego. ISBN 978-84-88508-46-1.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 412–413. ISBN 84-7492-465-0.
- ——— (1994). Luís Seoane desde a memoria. serie/documentos n.º 108. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-703-X.
- Fernández Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 61–78. ISBN 84-7154-248-X.
- García, S. (2020). "El diseño gráfico y la identidad gallega desde el exilio…" (PDF). Actas del III Simposio FHD (en castelán). Museu del Disseny.
- García-Sabell, Domingo (1983). Carta ao pintor Luis Seoane. O movemento renovador da arte galega. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-200-3.
- González Fernández, Helena (1994). Luís Seoane. Vida e obra. Agra Aberta. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-895-5.
- López Bernárdez, C. (2005). Breve historia da arte galega - Breve historia del arte gallego (en bilingüe). Nigra Trea. ISBN 84-95364-33-6.
- ——— (2010). "As estratexias de representación na obra plástica de Luís Seoane". Terra e Tempo (155-158): 42–51. ISSN 1575-5509. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- ——— (2015). Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-305-1.
- ——— (2018). Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-387-7.
- López Vázquez, J. M. (1990). Enciclopedia temática de Galicia. Arte (en castelán) 5. Barcelona: Nauta. pp. 225–227. ISBN 84-278-1210-8.
- Lucie-Smith, Edward (1994). Arte latinoamericano del siglo XX (en castelán). Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-2437-0.
- M. Vilanova, F. (1998). A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade. Xerais. ISBN 978-84-8302-271-9.
- Martínez-Romero, J. (2019). "Merecida homenaxe a un artista creador polifacético". Cadernos de Estudos Xerais (A. C. Irmáns Suárez Picallo) (14).
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 100–102. ISBN 84-7507-139-2.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 300–301. ISBN 84-7231-603-3.
- ——— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. pp. 138–141. ISBN 84-95364-15-8.
- Pascual Carballo, Alberto (2009). Humor gráfico galego: da transición ao século XXI. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-648-7.
- Pena, X. R. (2019). "A actividade cultural na diáspora: o labor de Luís Seoane". Historia da literatura galega IV. Xerais. pp. 67–77. ISBN 978-84-9121-481-6.
- Pérez Rodríguez, Mª. Antonia (2003). Luis Seoane a través da prensa, 1929-1979. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-119-2.
- ——— (2010). "Unha análise de contido da plástica de Luis Seoane". Terra e Tempo (155-158): 53–73. ISSN 1575-5509. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- Pozo Garza, Luz (1994). Galicia ferida (A visión de Luis Seoane). ensaio. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-716-1.
- Rey, G., ed. (2002). Luis Seoane ilustra a Rosalía. Centro de Estudios Rosalianos. Fundación Rosalía de Castro. ISBN 84-87668-17-8. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 19 de maio de 2020.
- Seoane Rivas, Xavier (1994). A voz dun tempo. Luís Seoane: o criador total. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-702-1.
- Squirru, Rafael (1976). Seoane (estudio crítico-biográfico). La Barca Gráfica (en castelán e inglés). Buenos Aires: Dead Weight.
- Sucarrat, Francine (1977). Luis Seoane. Su obra poética y su importancia en la literatura gallega actual (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-35-4.
- Tilve, M. (2007). El despertar de la conciencia gallega en Buenos Aires: Luis Seoane y Galicia emigrante (en castelán). Xeito Novo. ISBN 978-987-24098-0-7.
- Varela Vázquez, Lorenzo (1948). Seoane. Buenos Aires: Botella al mar.
- Vázquez; García; Rosende; Ortega; Sobrino (1982). Historia del Arte Gallego (en castelán). Madrid: Alhambra. ISBN 84-205-0913-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 557–560. ISBN 84-8288-019-5.
- ———, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 205. ISBN 84-8288-365-8.
- Villares, Ramón (2019). Galicia. Una nación entre dos mundos (en castelán). Pasado & Presente. ISBN 978-84-949706-7-2.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Seoane |
A Galicitas posúe citas sobre: Luís Seoane |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Gravacións de son | |
---|---|
Luís Seoane, galego, arxentino e mundial 10'37". RG. 2/4/2019. | |
Vídeos | |
Día das Letras Galegas 1994 Xosé Fernández Ferreiro, RAG. |
- Luís Seoane na Colección Afundación.
- Luís Seoane na Biblioteca Virtual Galega.
- Luis Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña.
- Epistolario de Luís Seoane (2178 cartas dixitalizadas). CCG.