Rogelio Groba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1930 Guláns, España |
Morte | 31 de decembro de 2022 (92 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, compositor |
Período de actividade | 1968 - 2023 |
Premios | |
| |
Rogelio Groba Groba, nado o 16 de xaneiro de 1930 en Guláns (Ponteareas) e finado o 1 de xaneiro de 2023 na Coruña,[1] foi un músico e compositor galego. Logo de anos residindo en Suíza regresou a Galicia, onde durante 23 anos foi director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña. Tamén na cidade da Coruña creou e dirixiu a Orquesta da Coruña e a súa sucesora, a Orquesta de Cámara Municipal, e foi un dos promotores da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi compositor asociado. Tamén fundou a Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ademais do seu labor como director de orquestra e compositor, Groba desenvolveu un importante labor no eido da educación. Foi mestre do Conservatorio da Coruña, do cal foi director durante vinte anos, e puxo en marcha moitos conservatorios en Galicia.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Rogelio Groba Groba naceu na casa da súa avoa materna, María, no lugar do Lameiro da parroquia ponteareá de Guláns ás 11:00 horas do día 16 de xaneiro de 1930. Foi o segundo fillo de Aurora Groba e Gabino Groba, e o maior dos sobreviventes da parella, que casaría dous anos despois do seu nacemento. Seu pai, xordomudo,[a] acudía con el aos ensaios da Banda de Música A Unión de Guláns, entrando así en contacto coa música.[4][5]
Formación
[editar | editar a fonte]Foi precisamente na banda ponteareá onde deu os seus primeiros pasos na música, onde comezou os seus estudos de música aos once anos tocando o piccolo.[6][7] Os progresos de Groba levárono en 1943 a ser aceptado, con tan só 13 anos, como piccolo solista da banda de Guláns, mudando así o seu alcume de "o fillo do mudo" a "o frautín de Guláns".[4]
Ós dezasete continúa en Vigo.
En 1947, con 17 anos, converteuse en director da Banda de Música A Unión de Guláns, posto no que permaneceu ata 1952.[8][9]
Aos 20 anos inicia os seus estudos de composición no Real Conservatorio de Música de Madrid. Na capital de España estudou con Julio Gómez, finalizando os seus estudos cos primeiros premios en harmonía, contrapunto e fuga. Paralelamente á súa formación no conservatorio madrileño exerceu a dirección en diversas bandas de ventos e agrupacións corais.[7]
En 1962 trasladouse a Suíza, onde dirixiu diversas agrupacións, realizou algunhas composicións e entrou en contacto cos movementos que daquela estaban a revolucionar a música culta europea. No país helvético deixaría pegada, chegando a organzarse ata catro festivais co seu nome,[10] En 1966 naceu a súa primeira filla, Clara Groba Otero.[11]
De volta a Galicia dirixe as bandas municipais da Estrada, Tui e Ponteareas. Tras un breve paso por Cidade Real, retorna a Galicia en 1968 como director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña. Pouco despois creou na Coruña a Orquesta da Coruña, que el mesmo dirixiu, e que sería substituída pola Orquesta de Cámara Municipal que tamén dirixiu el mesmo.[12]
En 1971 nacía en Ponteareas o seu segundo fillo, Rogelio Groba Otero.[13]
Dirixiu tamén o Conservatorio, a Coral Polifónica Follas Novas,[14] a Coral Polifónica El Eco. Rogelio Groba foi así mesmo promotor da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi "compositor asociado".[15] Precisamente a orquestra coruñesa encargaríalle Ultreia, que formou parte do programa do primeiro concerto da institución.[16] Foi nese momento cando cesou a súa intensa actividade pedagóxica e performativa para adicarse por completo á composición.[17]
Exerceu como profesor de harmonía, contrapunto, fuga e composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña, que dirixiu durante vinte anos, ao tempo que fundou paralelamente numerosos conservatorios por toda Galiza.[2]
Autor de varios ensaios e libros, desde 1992 dedidouse exclusivamente á creatividade musical.
En 2011 foi galardoado co Premio Cultura Galega de Música en palabras do xurado "pola súa extensa traxectoria e por ser un dos máis prolíficos compositores galegos e pola enorme relevancia do seu traballo como compositor".[18]
A principios de 2021 a Xunta de Galicia propúxoo como candidato ao Premio Princesa de Asturias das Artes. Nunha carta, a Xunta sinalaba que Groba "é un músico, intérprete e compositor galego que constitúe todo un referente no ámbito do ensino e da difusión e proxección da cultura musical de España".[2]
Obra
[editar | editar a fonte]A música de Groba pode encadrarse nunha órbita nacionalista de universalización da música galega, reflectindo a súa terra.[4]
A extensa obra de Groba conta con máis de 700 composicións, o que o converte no compositor galego máis prolífico.[19][20][21] Entre elas salientan:
- 10 cantatas (Cantata das cantigas, Un pobo sen destino, Nova Galicia, In Memoriam Manuel de Falla, Mandatum, Cantigas de Mar, Anxos de Compostela, Cantata de Maio, Gran Cantata Xacobea e Corpus en Ponteareas).
- 7 sinfonías (Lúdica, Bucólica, Épica, Máxica, Christmas Symphony, Sinfonía para cordas e Trasno).
- 5 óperas (María Pita, Divinas Palabras, Camiños de Rosalía, Floralba e Pedro Madruga) máis unha ópera infantil sobre O gato con botas (en dupla versión en galego e castelán).
- Unha "misa galega" (Corpus Christi).
- Un "réquiem" (Samaín. Réquiem galego).
- 19 concertos (catro para orquestra sinfónica: Concerto lorquiano, Concerto ostinato, Lembranzas e Ophiusa; sete para solista e orquestra sinfónica: Coexistencias, Concerto gulansés, Concerto Klásiko, Concerto no Lameiro, Confidencias, Fauno e Res, non verba; oito para solistas e corda: Nemet, Arcaico en Re, Añoranzas, Concerto en Arcos, Epicúreo, Malleus animatus, Oito microconcertos e Tres soidades).
Algunhas destas composicións foron gravadas por orquestras do prestixio da London Symphony Orchestra, a Orquestra de Cámara de Stuttgart, a Orquestra Sinfónica de Galicia, o Coro Gätchinger, ou o coro London Voices.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 1973 gañou o Premio Internacional de Composición Dante Luini por Ignis coronat opus.[22]
- Premio da Crítica Galega (1979, pola gravación do disco Intres boleses).[22]
- Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992).[22]
- Medalla Castelao (1995).[23]
- Galego do Ano (2002).[24]
- Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia (2004, Plenilunio).[25][26]
- Premio Cultura Galega de Música (2011).[18]
É membro de número da Real Academia de Belas Artes de Galicia, académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.[25][27][28]
O 29 de abril de 2006 foi nomeado Fillo Predilecto de Ponteareas.[5][b]
O 25 de maio de 2013, coincidindo co 65 aniversario do seu debut á fronte da banda "La Unión" no torreiro de Cans, recibiu unha homenaxe durante o Festival de Cans na que se descubriu unha placa e na que volveu dirixir a banda de Guláns.[29]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ D., R. (2 de xaneiro de 2023). "Fallece en A Coruña el compositor Rogelio Groba". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "La Xunta propone a Rogelio Groba para el Princesa de Asturias de las Artes". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ "ROGELIO GROBA" (PDF). Academia Galega de Belas Artes. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Franco, Fernando. "“Mi meta es universalizar la música que nace en Galicia”" (PDF). blog.xerais.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Mauleón, Amaia (27 de abril de 2006). "Rogelio Groba, Compositor, director de orquesta y pedagogo: "Galicia aún no se conoce a sí misma en el terreno musical"". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "Rogelio Groba". festivalgroba.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 Fernández Agulla & 2018-2019, p. 9.
- ↑ "BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE GULÁNS" (PDF). nuestrasbandasdemusica.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ "HISTORIAL". Banda de Música "A Unión de Guláns". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ Manrique 2011, p. 9.
- ↑ "El mundo musical coruñés consternado por la muerte de la violonchelista Clara Groba" (en castelán). Diario Lírico. 7 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ García Escudero, Aránzazu (2018). "Orquesta Sinfónica de Galicia, estudio sobre su programación en el período 1992-2002" (PDF). Escena (en castelán) 77 (2): 74. ISSN 2215-4906.
- ↑ Fernández Agulla & 2018-2019, p. 11.
- ↑ "HISTORIA". Coral Polifónica Follas Novas. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ Franco, Enrique (18 de maio de 1992). "Nace una nueva orquesta". El País (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ Carrillo, Julián (13 de maio de 2017). "La orquesta de los flechazos". El País (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ Fernández Agulla & 2018-2019, p. 10.
- ↑ 18,0 18,1 "La coruñesa María Pujalte y Carlos Núñez, Premios da Cultura Galega 2011". La Opinión (en castelán). 3 de novembro de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ Carrillo, Julián (17 de xaneiro de 2020). "Una flauta en un penedo". El País (en castelán) (A Coruña). Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Festival Groba presenta su primer disco grabado por la Orquestra de Cámara Galega". Faro de Vigo (en castelán). 17 de agosto de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "Groba en ARTeria Noroeste". El Correo Gallego (en castelán). 30 de setembro de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Manrique 2011, p. 10-11.
- ↑ "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS". DOG. Xunta de Galicia. 19 de xuño de 1995. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ Parra Piriz, Gema (25 de outubro de 2010). "Homenaje a Rogelio Groba, con la Orquesta de Cámara Galega" (en castelán). larepublicacultural.es. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ 25,0 25,1 "ROGELIO GROBA" (PDF). Academia Galega de Belas Artes. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ 26,0 26,1 Manrique 2011, p. 11.
- ↑ "Relación de Académicos". Real Academia de Belas Artes de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "Académicos" (en castelán). Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "Rogelio Groba. Torreiro de Cans, sábado 25 de Maio de 2013". Festival de Cans. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Manrique (2000). Rogelio Groba: Meditación en branco e negro. Vigo: Xerais. ISBN 978-8483024751.
- ————————— (2011). DIABOLUS IN MUSICA. Conversas con Rogelio Groba. Galaxia. p. 184. ISBN 9788498654059.
- Fernández Agulla, Estefanía (2018-2019). "ROGELIO GROBA GROBA: CONTRIBUTIONS TO THE FLUTEREPERTOIRE" (PDF) (en inglés). Academia Lituana de Música e Teatro. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Rogelio Groba
- Galegos, TVG, 28/06/2014.