Portal:Anarquismo
Artigo destacado
O anarquismo feminista ou anarcofeminismo é unha teoría e movemento que vencella o feminismo co anarquismo. O anarcofemenismo busca o autogoberno da muller, é dicir, a súa emancipación e realización como individuo e como xénero particular. Ven no patriarcado unha manifestación do poder involuntario ou autoritarismo, por isto pensan que a liberación contra o patriarcado é unha parte esencial da eliminación do Estado, posto que ambos se fundamentarían na ausencia de liberdade e nas relacións sociais involuntarias.
Segundo o anarcofeminismo, o anarquismo, ao seren unha filosofía política que se opón a todas as relacións de poder forzadas ou coactivas, sería intrinsecamente feminista, segundo expresa Susan Brown. En esencia, esta corrente ve o anarquismo como unha compoñente necesaria do feminismo e viceversa. A súa orixinalidade reside especialmente na súa visión política, e en non ser unha corrente dogmática, polo que pódense atopar diversos planteamientos libertarios ao respecto do que é a muller, o feminismo, a feminidade etc. Imaxe destacada
Sabías que...?
...o símbolo anarquista (na imaxe) pode verse como a encarnación da máxima aparentemente paradóxica de Pierre-Joseph Proudhon, "a anarquía é orde"?
Categorías
Biografía destacada
William Godwin, nado o 3 de marzo de 1756 e finado o 7 de abril de 1836, fillo dun pastor disidente, foi un escritor político e polígrafo británico, considerado como un dos máis importantes precursores das escolas anarquista e utilitarista. Foi tamén célebre polas mulleres da súa vida. Casado con Mary Wollstonecraft, escritora feminista, en 1797, tiveran unha filla, Mary Wollstonecraft Godwin, máis coñecida como Mary Shelley, que escribiu Frankenstein ou o moderno Prometeo.
Godwin volveuse recoñecido decontado co libro The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (1793), citado con frecuencia abreviadamente como Political Justice (Xustiza Política), obra en dous volumes, que acadou varias edicións ata mediados do XIX, en pleno fervor revolucionario. Godwin preludia os principios do anarquismo, mais só indica vías pacíficas, baseadas na razón e no saber, para a instauración da nova sociedade. Cita destacada
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|