Kingston
Lema | «A city which hath foundations» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Kingston-upon-Thames | ||||
Localización | |||||
| |||||
Reinos da Commonwealth | Xamaica | ||||
County of Jamaica (en) | Condado de Surrey | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 580.000 (2009) (1.208,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 480.000.000 m² | ||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Altitude | 9 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1692 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ksac.gov.jm | ||||
Kingston é a capital de Xamaica. Está situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe. A súa poboación en 2004 estimábase que andaba arredor dos 660.000 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Kingston foi fundada en 1693 polos ingleses logo de que un terremoto destuíse a cidade portuaria de Port Royal. Converteuse na capital administrativa da illa xamaicana en 1872 e conservou tal status até que o país logrou a súa independencia en 1962, pasando entón a ser a capital do novo estado.
Urbanismo
[editar | editar a fonte]Kingstonposúe a imaxe de numerosas cidades que no pasado formaran parte de paíss colonizados: un centro urbano e un barrio norte, que son herdanza directa dos colonos británicos. Aí é onde se concentran a maioría das actividades económicas e políticas e a súa calidade contrasta nidia e fortemente coa realidade imperante nos barrios menos favorecidos.
O desenvolvemento da cidade carece de controis, de xeito que os "shanty towns" (favelas) aumentan en superficie ocupada e en poboación. Kingston non escapa a depauperización nos suburbios. Cada día acolle movos moradores que o éxodo rural conduce até a cidade.
Kingston posúe o barrio popular de Trenchtown, barrio orixinario dos artistas xamaïcanos de sona mundial: Bob Marley, Peter Tosh ou mesmo Burning Spear.
Porén, os barrios meridionais son os máis pobres e os máis insalubres, e onde é maior a influencia rastafari, da cal o altofalante foi Bob Marley. Mais ces quartiers sont aussi les plus pauvres et les plus insalubres de la ville.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Kingston é tropical, cinha temperatura media anual alta e uniforme, que supera os 26 °C. As precipitacións concéntranse nos meses que van de abril a novembro. Pola súa situación na área caribeña, Kingston está exposta á acción dos furacáns que se forman nesa zona.
Educación superior
[editar | editar a fonte]O principal centro educativo superior é a University of the West Indies. Posúe unha biblioteca de preto de medio millón de volumes. É frecuentada non só por estudantes xamaicanos, senón por outros procedentes das illas próximas.
Turismo
[editar | editar a fonte]A fin de revitalizar a economía de Kingston, os ingleses trazaron un ferrocarril até Montego Bay, sito na costa norte do país. Porén a medida é insuficiente, nin sequera para servir de válvula de escape aos máis de 600.000 habitantes da capital.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kingston |