Olympique d'Antibes
Antibes Sharks | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro B |
Fundación | 1933 |
Historia | Olympique d'Antibes (1933–2012) |
Cores | Azul, ouro, branco |
Presidente | Freddy Tacheny |
Adestrador | Julien Espinosa |
Localización | |
Cidade | Antibes, Francia |
Pavillón | Azur Arena Antibes |
Capacidade | 5.249 |
Inauguración | 2013 |
Campionatos | |
Liga | 3 (1970, 1991, 1995) |
sharks-antibes.com |
O Olympique d'Antibes Juan-les-Pins, tamén coñecido como Antibes Sharks, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Antibes (Provenza-Alpes-Costa Azul). O equipo compite actualmente na LNB Pro B, a segunda categoría do baloncesto galo. Entre os seus títulos destacan tres campionatos de liga, conseguidos en 1970, 1991 e 1995. O seu pavillón como local é o Azur Arena, con capacidade para 5.249 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O Olympique d'Antibes foi fundado no ano 1933, aínda que non competiu a nivel nacional até a década de 1950 cando conseguen o ascenso Nationale 1, a actual Pro A. Só permaneceu un ano na categoría, regresando á segunda división, converténdose a partir de comezo dos anos 60 nun equipo ascensor. En 1970 o equipo logra o seu primeiro título de Liga da man de xogadores como Jean-Claude Bonato, Dan Rodriguez e Jacques Cachemire. Co comezo dos anos 1980, o Antibes sufriu moitas temporadas decepcionantes, aínda que foi mellorando co paso dos anos até a consecución dun novo título en 1991. A partir desta data o equipo convértese nun dos principais contendentes ao campionato xunto ao Limoges CSP e o Pau-Orthez. En 1995, tras conseguir o seu terceiro título, comezaron os problemas económicos no club.
O peor momento chegou no ano 2002, cando, a pesar de terse salvado deportivamente, o equipo descende á ProB debido aos problemas financeiros. Os seguintes anos na segunda categoría foron complicados, chegando mesmo a descender na temporada 2006–07 á Nationale 1, unha categoría afeccionada. Este descenso produciuse após ocupar o décimo sexto lugar na liga. Este posto usualmente daba a salvación aos equipos, mais ese ano decidírase reducir o número de equipos das ligas profesionais francesas. Con todo, o equipo consegue recuperar a categoría na seguinte temporada, gañando ademais ese primeiro ano a Copa Pro B.
Tras varios anos na Pro B, na temporada 2013 o equipo ambiciona de novo o ascenso. Para iso tiña que competir con outros favoritos como o Pau-Orthez e o Hyères Toulon, procedentes da Pro A, e o JL Bourg. O equipo acaba finalmente no quinto posto, o cal lle permite xogar os play-offs polo ascenso. Nas eliminatorias consegue eliminar en primeira rolda ao Boulogne-sur-Mer, en semifinais ao Pau-Orthez e na final ao Champagne Châlons-Reims. O seu retorno á máxima categoría, porén, foi breve, xa que acaban no último lugar con seis vitorias e vinte e catro derrotas. Con todo, o paso polo Pro B esta vez foi máis breve, retornando en tan só un ano á máxima categoría. Nesta ocasión o equipo acabou en segundo lugar na liga regular e gañou nos play-offs polo ascenso a Le Portel, Denain Voltaire e Souffelweyersheim.[1]
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa |
---|---|---|---|---|
2008–09 | 2 | Pro B | 11th | Oitavos de final |
2009–10 | 2 | Pro B | 16º | Cuartos de final |
2010–11 | 2 | Pro B | 14º | Cuartos de final |
2011–12 | 2 | Pro B | 11º | Rolda de 32 |
2012–13 | 2 | Pro B | 5º | Oitavos de final |
2013–14 | 1 | Pro A | 16º | Rolda de 64 |
2014–15 | 2 | Pro B | 2º | Rolda de 16 |
2015–16 | 1 | Pro A | 12º | Rolda de 32 |
2016–17 | 1 | Pro A | 14º | Semifinais |
2017–18 | 1 | Pro A | 16º | Rolda de 32 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (3): 1970, 1991, 1995
- Campións (1): 2013
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historique des classements". sharks-antibes.com (en francés). Consultado o 13 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do Antibes Sharks (en francés)