Os cabalos
- Non confundir coa Fonte dos Cabalos das Pratarías en Santiago de Compostela.
Os cabalos | |
---|---|
Os cabalos | |
Presentación | |
Localización | Vigo |
Dirección | Praza de España |
Tipo | Monumento |
Construción | |
Data da construción | 1991 |
Equipo | |
Escultor | Juan Oliveira Viéitez |
Os cabalos é un monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado na cidade de Vigo. Atópase no medio e medio da glorieta da Praza de España, onde antes houbo unha fonte circular con chafarices alumeados con diferentes cores, e anteriormente, para o mesmo deseño da glorieta, erguíase o pétreo Monumento aos heroes da Reconquista, obra do escultor Julio González Pola, que hoxe preside a peonil Praza da Independencia da mesma cidade.
Descrición
[editar | editar a fonte]O grupo escultórico feito en bronce negro forma unha especie de espiral metálica ascendente que acada os 18 metros de altura, pola que ruben cinco grandes cabalos, o superior apoiado nas dúas patas traseiras no cumio da escultura. Pola espiral baixa unha fervenza de auga que cae nun encoro de 10 metros de diámetro e forma a fonte; arrodéase cun sinxelo xardín formado por céspede e unhas sebes que agochan os focos que alumean a fonte á noite. O conxunto pesa 40 toneladas e sitúase sobre un paso inferior para o tránsito rodado da Gran Vía, polo que houbo que reforzar moito o forxado para que o chan ature o peso.
O sentido da escultura é unha homenaxe ás bestas bravas que poboan os montes de Vigo (como as que moraban no achegado Monte do Castro)[1].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os cabalos na páxina do Concello de Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os cabalos |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cerimonia de inauguración na web da RTVG