Patrice Evra
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Patrice Latyr Evra 15 de maio de 1981 (43 anos) Dakar, Senegal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Eliminatórias da Copa do Mundo FIFA de 2018 - Europa (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Middle East and Africa Summit 2022 (en) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Patrice Latyr Evra, nado en Dakar o 15 de maio de 1981, é un futbolista senegalés nacionalizado francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Patrice Evra é fillo dun diplomático, chegou axiña a Europa por Bruxelas onde o seu pai foi enviado cando el era moi novo. Foi criado en Les Ulis, departamento de Essonne, en Francia onde viviu dende 1984 até 1998. Evra empezou a súa carreira como futbolista no equipo xuvenil do Paris Saint-Germain antes de pasar ao S. C. Marsala, equipo da Serie C de Italia, onde comezou a facerse un nome e foi alcumado A Gacela Negra. A seguinte tempada xogaríaa no Monza da Serie B.
Foi traspasado ó Olympique de Niza e logo ó A. S. Monaco en 2002. No Monaco, Patrice foi parte do equipo que se coroou campión da Copa da liga de Francia e que chegou á final da liga de Campións da UEFA en 2004. Evra asinou un contrato co Manchester United o 10 de xaneiro de 2006 por preto de 5,5 millóns de libras e tres anos e medio de duración, proveniente do Monaco; xusto despois da adquisición de Nemanja Vidić. Fixo o seu debut o 14 de xaneiro cunha derrota por 3-1 contra o Manchester City na Premier League.
Fixo a súa primeira actuación en Old Trafford ante o Liverpool cunha vitoria por 1-0. Evra tivo dificultades en adaptarse ó estilo inglés, pero demostrou o seu gran rendemento na tempada 2006-07. O 29 de novembro de 2006, marcou o seu primeiro gol no equipo ante o Everton F.C. Recuperado dunha lesión, volveu ó campo de xogo o 10 de abril de 2007, no famoso partido da liga de Campións da UEFA ante a A. S. Roma, onde colaborou no 7-1 final. Posteriormente, gañaría a UEFA Champions League nesa mesma tempada, o título máis importante da súa carreira no Manchester United. O 21 de xullo de 2014, dáse por oficial a fichaxe de Evra pola Juventus de Turín. Tras dous anos e medio alí, decide abandonar a Vecchia Signora por falta de continuidade no último tempo, polo que a finais de xaneiro de 2017 acorda a súa saída e recala no Olympique de Marsella, marcando así o seu retorno a Francia.[1]
O 2 de novembro do 2017 foi expulsado nun partido do Marsella fronte ao Vitória Guimaraes pola Europa League 2017-18, porque no quecemento, pateou na cara a un afeccionado. Días despois foi despedido do Olympique de Marsella e sancionado sete meses pola UEFA.[2][3]
O 7 de febreiro do 2018 confírmase a súa fichaxe polo West Ham United da Premier League inglesa até o final da mesma tempada, con todo o 24 de maio do mesmo ano rescinde o seu contrato co club quedando libre ós 37 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ juventus.com (ed.). "Evra è bianconero". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ https://www.infobae.com/america/deportes/2017/11/03/patrice-evra-despedido-olympique-marsella-criminal-patada-a-un-ultra/
- ↑ https://as.com/futbol/2017/11/10/internacional/1510333034_544952.html
- Nados en Dakar
- Nados en 1981
- Futbolistas do Senegal
- Xogadores do West Ham United FC
- Xogadores do Olympique de Marsella
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do Manchester United FC
- Xogadores do AS Monaco FC
- Xogadores do OGC Nice
- Xogadores da selección de fútbol de Francia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA