Saltar ao contido

Real Madrid Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Real Madrid Teka»)
Real Madrid
Información xeral
Liga ACB / Euroliga
Fundación 8 de marzo de 1931
Cores           Branco, azul
Presidente España Florentino Pérez
Adestrador España Pablo Laso
Patrocinador Palladium
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade España Madrid, España
Pavillón WiZink Center
Capacidade 17 453
Inauguración 6 de febreiro de 2005
Campionatos
Euroliga 10 (1964, 1965, 1967, 1968, 1974, 1978, 1980, 1995, 2015, 2018)
Saporta 4 (1984, 1989, 1992, 1997)
Copa Korać 1 (1988)
Eurocup 1 (2007)
Liga 37 (1957, 1958, 1960−1966, 1968−1977, 1979−1980, 1982, 1984−1986, 1993, 1994, 2000, 2005, 2007, 2013, 2015, 2016, 2018−2019, 2022, 2024)
Copa 28 (1951−1952, 1954, 1956−1957, 1960−1962, 1965−1967, 1970−1975, 1977, 1985−1986, 1989, 1993, 2012, 2014−2017, 2020)
Supercopa 8 (1985, 2012−2014, 2018−2021)
realmadrid.com/basquetebol

O Real Madrid Baloncesto, coñecido comunmente como Real Madrid, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Madrid (España). É a sección de baloncesto do Real Madrid Club de Fútbol, creada en 1932 da man de Angel Cabrera. É o club máis laureado de España e do baloncesto FIBA, e o único, xunto ao Club Joventut de Badalona que, unha vez nela, nunca baixou da máxima categoría do baloncesto español.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Co fútbol xa consolidado, o entón presidente do Real Madrid, Luis Usera Bugallal, quixo potenciar outros deportes que engrandecesen ao club. Ángel Cabrera, pioneiro e un dos impulsores do baloncesto en España, publica o 8 de marzo de 1931 un anuncio no diario ABC para localizar xogadores voluntarios para a creación desta sección.[1]

Se ruega a todos los señores interesados en la práctica de este deporte pasen por la secretaría del club, Caballero de Gracia, 15, para recibir instrucciones
Prégase a todos os señores interesados na práctica deste deporte que se acheguen ao secretariado do club, Caballero de Gracia 15, para recibir instrucións.

Os primeiros xogadores do proxecto foron Eric Hermes, Luís Hoyos, Emilio Gutiérrez Bringas, Juan Castellví, Jenaro Olives, Máximo Arnáiz, Juan Negrín, Midel, Delgado, Chairo e o alemán Midelman, que xunto a Cabrera formaron o primeiro elenco que se oficializou o día 22 do mesmo mes baixo o nome de Real Madrid Basket-Ball.[1] O mesmo ano da súa fundación o club gañou o seu primeiro trofeo, a Copa Chapultepec,[2] despois de disputar a súa primeira competición nacional oficial, o Campionato de Castela, no que finalizou en terceira posición por detrás do Rayo Club, o maior rival do club até o estoupido da Guerra Civil Española.[3]

En 1933 o club disputa a primeira edición do Campionato de España de baloncesto. Debutou caendo derrotado por 21−17 fronte ao Iluro Bastek-Ball Club en Mataró. Após remontar no partido de volta en Madrid, terminou como subcampión ao caer derrotado na final por 21−11 fronte a un Rayo formado por varios exxogadores madridistas. Foi o primeiro de catro subcampionatos antes de que, finalmente, puidese proclamarse campión de España grazas ao continuo crecemento da sección coas primeiras incorporacións internacionais e que lle serviron para converterse no dominador español. Das antigas colonias españolas de Cuba, Porto Rico e Filipinas chegaron ao club grandes xogadores como Freddy Borrás, Rafael Deliz, Willo Galíndez, Toñín Casillas ou Johnny Báez. Con eles o club conseguiu tres títulos do Campionato de España. En 1952 chegou un dos momentos chave da historia do club cando, coincidindo coas vodas de ouro da entidade, Santiago Bernabéu, decidiu solicitar axuda á Federación Española de Baloncesto para organizar un campionato de baloncesto e que derivou na chegada ao club dunha das súas máximas figuras: Raimundo Saporta.

A época de Raimundo Saporta

[editar | editar a fonte]
O equipo en 1965.

Raimundo Saporta converteuse rapidamente na man dereita de Santiago Bernabéu. Naceu así unha dupla que levou ao club todo o máis alto de Europa e que converteu a Saporta nunha das máximas figuras do baloncesto en Europa. Os éxitos comezaron na temporada 1952−53 tras alzarse coa Copa Latina, competición de recente creación e que foi a precursora da Copa de Europa, actual Euroliga, sendo o primeiro título internacional do club. Baixo a súa dirección, o club continuou co crecemento da sección e foi un dos creadores das diversas competicións que darían proxección ao baloncesto, como a Liga Nacional de Baloncesto que o club disputou na súa nova cancha do Frontón Jai Alai, coñecido como Fiesta Alegre. Tras a honra de ser o primeiro líder na súa clasificación tras vencer na primeira xornada ao seu veciño e máximo rival, o Club Baloncesto Estudiantes por 76−61, terminou por conquistar o título ás ordes de Ignacio Pinedo. No equipo destacaban xogadores como Joaquín Hernández, Luís Trujillano, William Brindle ou o pivote Alfonso Martínez, sendo o máximo anotador da liga con 180 puntos.

Desde entón o club nunca descendeu de categoría sendo o único en disputar todas as súas edicións xunto ao Club Joventut de Badalona. O éxito na competición valeulle para representar a España na primeira edición da Copa de Europa, competición creada da man de Raimundo Saporta a semellanza da Copa de Europa de Fútbol que vira a luz tres anos antes. Así, ambas as competicións foron creadas e impulsadas polo club.[4] O seu primeiro partido nesta competición foi fronte o Barreirense Basket. O encontro, de oitavos de final, acabou con vitoria para o equipo castelán por 51−68. Os máximos anotadores do equipo foron Alfonso Martínez e Johnny Báez con 16 puntos. Tras superar a eliminatoria por un 154−91 global, e a seguinte fronte ao Royal Brussels, o club foi descualificado en semifinais tras o impedimento do réxime político de España liderado por Francisco Franco de competir fronte ao ASK Riga da soviético debido ás discrepancias políticas da época entre ambos os países. Ante o contratempo, Raimundo Saporta propuxo xogar a eliminatoria a un único partido en París, circunstancia que non foi aceptada pola FIBA polo que o equipo español foi eliminado sen poder disputar a súa eliminatoria fronte ao posteriormente campión do tres primeiras edicións do torneo.

Pese ao éxito na Copa Latina, o club non conseguía trasladar os seus éxitos á nova competición europea. Debido a iso Saporta decidiu incorporar ao plano técnico á que se convertería cos anos nunha das máximas figuras do baloncesto mundial e membro do Salón da Fama, Pedro Ferrándiz. Baixo a súa dirección o equipo conquistou quince Campionatos de Liga, catorce Campionatos de España de Copa e catro Copas de Europa.

De Ferrandiz a Sáinz

[editar | editar a fonte]
Pedro Ferrandiz, adestrador do club nas etapas de 1959–1962, 1964–1965 e 1966–1975.

Antes da retirada de Ferrándiz e Saporta da sección, lograron sumar cinco títulos de dobrete de Liga e Copa de maneira consecutiva, asinando unha xeira de oitenta e oito partidos seguidos sen perder en Liga. Como sucesor no banco escolleron a Lolo Sáinz, un dos integrantes da exitosa época anterior. A elección pronto se viu reflectida como un acerto. Sen chegar a igualar ao seu antecesor, cultivou un gran número de títulos nacionais e europeos nas dúas décadas nas que dirixiu ao primeiro equipo. O seu substituto na cancha foi Juan Antonio Corbalán, que capitaneou ao equipo noutra grande época xunto a Wayne Brabender, Rafael Rullán, Carmelo Cabrera, Juanma López Iturriaga, Fernando Romay,Chechu Biriukov e Fernando Martín. Todos contribuíron a que non se detivesen os éxitos do club. O citado Martín foi considerado como un dos mellores xogadores que deu o club e o baloncesto español, xa que entre outros méritos foi o primeiro xogador do territorio e o segundo europeo en participar na National Basketball Association (NBA) con Portland Trail Blazers.

Con Sáinz como adestrador, o club chega até as dez ligas consecutivas, sendo até a actualidade a mellor serie asinada por un equipo español. Porén, a hexemonía na Copa viuse freada polo Barcelona, deixando para a historia unhas das máis igualadas contendas do panorama baloncestístico xunto coa producidos fronte ao Pallacanestro Varese. Fronte aos italianos o Real Madrid disputouse a hexemonía en Europa, chegando a enfrontarse en catro finais da máxima competición europea de clubs, cun balance de dúas vitorias para cada equipo. Nesta époc destaca Walter Szczerbiak, que consegue anotar 65 puntos antes o Club Baloncesto Breogán en 1976. O gran crecemento que experimentaba o baloncesto viuse particularmente reflectido na creación da Asociación de Clubs de Baloncesto e a Liga ACB.

Tras vencer en 22 das 27 edicións da Liga Nacional, o Real Madrid anotouse as tres primeiras edición da ACB. Tras a volta de Fernando Martín dos Estados Unidos, onde permaneceu unha única temporada, o club reforzouse con Dražen Petrović, a grande estrela dun dos seus grandes rivais europeos, a Cibona Zagreb. Co croata o equipo consegue unha Copa do Rei e a Recopa de Europa, sendo Lolo Sáinz o primeiro adestrador que gañaba o tres títulos continentais (Copa de Europa, Recopa e Korać). Na temporada 1989−90, após quince anos como adestrador branco, Lolo Sáinz deixa o banco para ocupar a secretaría técnica. No seu lugar colocou a un adestrador NBA, George Karl á vez que Petrović facía o camiño inverso, recaendo de novo o peso do equipo en Fernando Martín. Con todo o destino cruzouse no seu camiño o 3 de decembro de 1989, cando o pivote madrileño sufriu un accidente de tráfico mortal. Tráxicamente e en circunstancias similares, o xogador croata falecía o 7 de xuño de 1993.

Tras a desgraza sufrida por Fernando Martín tendo un tremendo impacto na sociedade española e en particular e no club., que se viu moi afectado animicamente e cedeu a testemuña como club dominador en favor do Barcelona. Isto non privou á sección de seguir conquistando trofeos, pero xa sen a autoridade de épocas anteriores. Na temporada seguinte, soportando aínda o tráxico suceso, repetíronse os acontecementos unha terceira vez. Na final da Copa Korać o entón adestrador Ignacio Pinedo, faleceu dun infarto cando apenas levaban 16 minutos da final do partido de ida. Aquela imaxe impactou tanto nos xogadores que non puideron sobreporse na prórroga do partido de volta daquela final. Con todo, na seguinte tempada puideron dedicarlle un triunfo coa conquista dunha emotiva final da Recopa de Europa en Nantes grazas á canastra de Ricky Brown e con Clifford Luyk no banco.

Etapa de transición

[editar | editar a fonte]
Louis Bullock (2004–2010)

Ao redor da figura do lituano Arvydas Sabonis, reforzado coa fichaxe do norteamericano Joe Arlauckas, comezou a proxectarse un equipo que volvese á cima europea. O traballo tróuxolles un dobrete na temporada 1992−93 e unhas semifinais da Copa de Europa. Unha nova perda, do vicepresidente Mariano Jaquotot, precedeu á conquista en 1995 da Euroliga, a oitava do club, ás ordes do laureado Želimir Obradović. A temporada seguinte estivo cerca de repetir guión ao acadar novamente a Final Four, aínda que esta vez ficaron ás portas da final ao perder en semifinais ante a Virtus Bologna a pesar dos 63 puntos de Arlauckas.

A pesar dos seus éxitos deportivos, a sección atravesaba graves problemas económicos acrecentados por unha reestruturación económica a nivel global na entidade. Isto, unido á saída dalgúns dos seus referentes como Sabonis ou Pep Cargol ou as retiradas de Biriukov e Antonio Martín, fixeron que se interrompese o proxecto e houbese de empezar case de cero. Con todo, coa chegada ao equipo de Alberto Herreros e Dejan Bodiroga, xunto a un grupo de xogadores experimentados como Pablo Laso, Alberto Angulo ou Juan Antonio Orenga, o equipo conseguiu a Recopa de Europa de 1997. En 1998, debido ás grandes perdas financeiras que xeraba, especulouse coa posibilidade de disolver a sección, algo que finalmente non ocorreu.

Apó gañar a ACB en 1999, na temporada 2002−03, con Javier Imbroda de técnico, o club queda fóra dos playoff por primeira vez na historia. Isto siginificaba ficar fóra de competicións europeas. Porén, a ULEB decidiu invitar ao club a participar na EuroCup en lugar do equipo ao que lle correspondería por clasificación, o Breogán de Lugo. Así, na tempada seguinte o club acada a final desta competición continental caendo na final fronte o Hapoel Jerusalem B.C. (72−83).

Tras unha serie de malos anos, coa chegada do técnico Božidar Maljković, o Real Madrid consegue un novo títulos de liga, a 2004−05. Cómpre destacar a conclusión desta temporada, xa que deu lugar a un dos finais de Liga máis destacábeis da historia. No quinto e definitivo xogo da final, o club madrileño perdía por 8 puntos a falta de 42 segundos para a conclusión contra do Baskonia en Vitoria. Após unha serie de ataques rápidos, o Real Madrid conseguiu remontar cunha canatra tripla desde o recuncho de Alberto Herreros nos intres finais do encontro, facendo subir o definitivo 69-70 ao marcador e outorgando aos madrileños o título.

Coa chegada á presidencia de Ramón Calderón, contrátase a Joan Praza que consegue gañar na su primeira temporada, a 2006−07, a liga e a EuroCup. Nesta temporada destacou a incorporación do base Sergio Llull. Porén, entre 2007–08 e 2011–12 o club non consegue volver gañar un título de Liga. Coa chegada de Florentino Pérez á presidencia en 2009, no que sería o seu segundo mandato, iniciase un novo proxecto que toma forma coa chegada ao banco dun ex-xogador do club, Pablo Laso.

A época de Pablo Laso

[editar | editar a fonte]
Rudy Fernández.

Coa chegada de Laso, a tónica do equipo fixo que desde o club realizase un esforzo económico pola sección. O seu estilo ofensivo reforzouse con fichaxes contrastadas ou de proxección como Sergio Rodríguez, Jaycee Carroll, a chegada do NBA Rudy Fernández ou a do canteirán Nikola Mirotić. Na temporada 2011−12, tras a volta ao Pazo de Deportes, o club consegue despois de dezanove anos unha nova Copa do Rei, ademais de conquistar o seu trixésimo primeiro título de Liga cun rexistro de 38 vitorias en 44 partidos. En Europa, conseguiu tras 18 anos chegar á Final Four da Euroliga, perdendo o título fronte ao Olympiacos de Vassilis Spanoulis por 100−88. As temporadas seguintes o club seguiu aumentando o seu palmarés nacional.

Na temporada 2014−15 o club reforzouse con K. C. Rivers, Jonas Mačiulis, Andrés Nocioni e Gustavo Ayón ante a baixa de Nikola Mirotić, quen puxera rumbo á NBA. Co novo elenco, o club chegou por terceiro ano consecutivo á Final Four, esta vez celebrado en Madrid. En semifinais derrotaron ao Fenerbahçe Ulker, volvéndose encontrar na final Olympiacos do Pireo. Porén, esta vez, con Nocioni como MVP da final, o Real Madrid conseguiu proclamáronse campión por novena vez, sendo o seu vixesimoterceiro título internacional. Ao título sumouselle a Liga e a Copa do Rei, conseguindo o club a súa terceira tripla coroa. Ademais, conseguiron gañar a Copa Intercontinental, pechando así un ano con catro títulos nunca logrado no europeo. Este éxito tamén se extendía polo deporte base, onde despuntaba un mozo Luka Dončić, o cal xa debutara co primeiro equipo.

Para a campaña 2015−16, con Dončić xa como xogador primeiro equipo e xunto a Willy Hernangómez, o club marcouse como obxectivo reter o título europeo. Durante a nova temporada Llull, que rexeitara irse á NBA onde tivese sido o rookie mellor pagado da historia, converteuse no máximo asistente histórico do club con 1 160 asistencias, superando ao seu excompañeiro Sergio Rodríguez. Na Euroliga, a pesar de conseguir unha vitoria histórica ante o Barcelona no Palau Blaugrana por 63−102, esta vez o club non consegue chegar á Final Four. Na competición doméstica, porén, o club revalida o título. Tras unha temporada 2016−17, na que o club só consegue gañar a Copa do Rei, na temporada 2017−18, o Real Madrid consegue a súa décima, e até o momento última, Euroliga após vencer na final ao Fenerbahçe por 85-80.

Pavillóns

[editar | editar a fonte]
O Pazo de Deportes da CAM.

O club utilizou ao longo da súa historias os seguintes pavillóns como local.

  • Fronton Fiesta Alegre (1955–1965)
  • Colegio Maravillas (1965)
  • Pavillón da Cidade Deportiva do Real Madrid (1966–1986)
  • Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid (1986–1998)
  • Polideportivo Parque Corredor en Torrejón de Ardoz (1998–1999)
  • Pavillón Raimundo Saporta (1999–2004)
  • Palacio de Vistalegre (2004–2010)
  • Caja Mágica (2010–2011)
  • Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid (2011–presente)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Real Madrid 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 0 Williams-Goss, Nigel 1,91 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb) Lokomotiv Kuban (2021)
A 1 Francia Causeur, Fabien 1,96 m (6 ft 5 in) 91 kg (201 lb) Brose Bamberg (2017)
A 3 Eslovenia Randolph, Anthony 2,11 m (6 ft 11 in) 104 kg (229 lb) Lokomotiv Kuban (2016)
A 5 España Fernández, Rudy 1,96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) Denver Nuggets (2012)
A 6 Galicia Abalde, Alberto 2,02 m (6 ft 8 in) 93 kg (205 lb) Valencia Basket (2020)
A 8 Hungría Hanga, Ádám 2,00 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) FC Barcelona (2021)
AP 11 Croacia Hezonja, Mario 2,03 m (6 ft 8 in) 110 kg (243 lb) UNICS Kazan (2022)
B 12 España Alocén, Carlos 1,94 m (6 ft 4 in) 84 kg (185 lb) Zaragoza (2020)
B 13 España Rodríguez, Sergio 1,91 m (6 ft 3 in) 83 kg (183 lb) Olimpia Milano (2022)
AP 14 Deck, Gabriel 1,98 m (6 ft 6 in) 105 kg (231 lb) Oklahoma City Thunder (2022)
P 17 Francia Poirier, Vincent 2,13 m (7 ft 0 in) 110 kg (243 lb) Philadelphia 76ers (2021)
AP-P 21 Francia Cornelie, Petr 2,11 m (6 ft 11 in) 108 kg (238 lb) Grand Rapids Gold (2022)
P 22 Tavares, Edy 2,20 m (7 ft 3 in) 120 kg (265 lb) Raptors 905 (2017)
E 23 España Llull, Sergio 1,90 m (6 ft 3 in) 95 kg (209 lb) Bàsquet Manresa (2007)
AP 28 Francia Yabusele, Guerschon 2,01 m (6 ft 7 in) 118 kg (260 lb) ASVEL (2021)
A 31 Bosnia e Hercegovina Musa, Džanan 2,05 m (6 ft 9 in) 101 kg (223 lb) Breogán (2022)
Adestrador
España Jesús Mateo
Asistente(s)
España Francisco Redondo
España Isidoro Calín

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 12−102022

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados polo Real Madrid
Xogador Posición Etapa
10 Fernando Martín Pivote 1981–1986, 1987–1989

Membros do Salón da Fama

[editar | editar a fonte]

Os seguintes antigos xogadores e adestradores do Real Madrid son membros do Salón da Fama do baloncesto:

Destacados

[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

A seguinte relación detalla cronoloxicamente a todos os adestradores que tivo o Real Madrid.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Liga

Campións (37): 1957, 1958, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1962–63, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1967–68, 1968–69, 1969–70, 1970–71, 1971–72, 1972–73, 1973–74, 1974–75, 1975–76, 1976–77, 1978–79, 1979–80, 1981–82, 1983–84, 1984–85, 1985–86, 1992–93, 1993–94, 1999–2000, 2004–05, 2006–07, 2012–13, 2014–15, 2015–16, 2017–18, 2018–19, 2021–22, 2023–24
Subcampións (12): 1958−59, 1966−67, 1977−78, 1982−83, 1987−88, 1988−89, 1991−92, 1996−97, 2000−01, 2011−12, 2013−14, 2016−17, 2020–21, 2022–23

Copa do Rei

Campións (28): 1951, 1952, 1954, 1956, 1957, 1960, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1977, 1985, 1986, 1989, 1993, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2020
Subcampións (21): 1933, 1944, 1948, 1949, 1953, 1955, 1958, 1963, 1969, 1976, 1978, 1981, 1982, 1988, 2001, 2005, 2007, 2010, 2011, 2018, 2019

Supercopa

Campións (8): 1986, 2012, 2013, 2014, 2018, 2019, 2020, 2021
Subcampións (4): 1985, 1987, 2004, 2009

Internacional

[editar | editar a fonte]

Euroliga

Campións (10): 1963–64, 1964–65, 1966–67, 1967–68, 1973–74, 1977–78, 1979–80, 1994–95, 2014–15, 2017–18
Subcampións (8): 1961–62, 1962–63, 1968–69, 1974–75, 1975–76, 1984–85, 2012–13, 2013–14

Copa Saporta

Campións (4): 1983–84, 1988–89, 1991–92, 1996–97
Subcampións (2): 1981–82, 1989–90

Copa Korać

Campións (1): 1987–88
Subcampións (1): 1990–91

EuroCup

Campións (1): 2006–07
Subcampións (1): 2003–04

Copa Intercontinental

Campións (5): 1976, 1977, 1978, 1981, 2015
Subcampións (2): 1968, 1970

Tripla Coroa

Campións (3): 1964–65, 1973–74, 2014–15

Historial

[editar | editar a fonte]
Sergio Llull.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1931–56 Copa do Rei 4 veces campión (1951, 1952, 1954, 1956), 6 veces subcampión (1933, 1944, 1948, 1949, 1953, 1955)
1957 1 1ª Div. 7–3 Campión
1958 1 1ª Div. 16–2 Subcampión 1 Copa de Europa SF 3–3
1958–59 1 1ª Div. 19–3 Semifinais 1 Copa de Europa OF 1–1
1959–60 1 1ª Div. 20–2 Campión
1960–61 1 1ª Div. 21–1 Campión 1 Copa de Europa SF 5–1
1961–62 1 1ª Div. 18–0 Campión 1 Copa de Europa 5–4
1962–63 1 1ª Div. 14–2 Subcampión 1 Copa de Europa 7–4
1963–64 1 1ª Div. 19–3 Cuarto lugar 1 Copa de Europa 8–2
1964–65 1 1ª Div. 13–1 Campión 1 Copa de Europa 6–2
1965–66 1 1ª Div. 16–2 Campión 1 Copa de Europa CF 5–3
1966–67 1 1ª Div. 18–2 Campión 1 Copa de Europa 10–2
1967–68 1 1ª Div. 18–2 Semifinais 1 Copa de Europa 10–3
1968–69 1 1ª Div. 18–1–3 Subcampión 1 Copa de Europa 10–3
1969–70 1 1ª Div. 19–3 Campión 1 Copa de Europa SF 6–6
1970–71 1 1ª Div. 21–1 Campión 1 Copa de Europa SF 7–1–4
1971–72 1 1ª Div. 21–1 Campión 1 Copa de Europa SF 8–4
1972–73 1 1ª Div. 30–0 Campión 1 Copa de Europa CF 7–3
1973–74 1 1ª Div. 27–1–0 Campión 1 Copa de Europa 12–1
1974–75 1 1ª Div. 20–2 Campión 1 Copa de Europa 11–2
1975–76 1 1ª Div. 29–3 Subcampión 1 Copa de Europa 12–3
1976–77 1 1ª Div. 21–1 Campión 1 Copa de Europa SF 12–4
1977–78 1 1ª Div. 19–3 Subcampión 1 Copa de Europa 14–3
1978–79 1 1ª Div. 19–2–1 Semifinais 1 Copa de Europa SF 12–4
1979–80 1 1ª Div. 20–2 Cuartos de final 1 Copa de Europa 14–3
1980–81 1 1ª Div. 18–2–6 Subcampión 1 Copa de Europa SF 10–6
1981–82 1 1ª Div. 25–1 Subcampión 2 Recopa de Europa 10–1
1982–83 1 1ª Div. 25–2 Semifinais 1 Copa de Europa SF 8–6
1983–84 1 ACB 31–5 Terceiro lugar 2 Copa de Europa 8–1
1984–85 1 ACB 33–3 Campión Supercopa 1 Copa de Europa 10–1–4
1985–86 1 ACB 30–4 Campión Supercopa 1 Copa de Europa SF 9–5
1986–87 1 ACB 23–12 Cuartos de final Supercopa 1 Copa de Europa SF 7–7
Copa Príncipe CF
1987–88 1 ACB 32–7 Campión Copa Príncipe 3 Copa Korać 10–2
1988–89 1 ACB 36–11 Campión Copa Príncipe SF 2 Recopa de Europa 10–1
1989–90 1 ACB 26–15 Semifinais 2 Recopa de Europa 8–3
1990–91 1 ACB 26–12 Cuarto lugar Copa Príncipe SF 3 Copa Korać 8–6
1991–92 1 ACB 33–15 Cuartos de final 2 Recopa de Europa 13–1–1
1992–93 1 ACB 35–10 Campión 1 Euroliga 16–4
1993–94 1 ACB 34–6 Semifinais 1 Euroliga CF 9–7
1994–95 1 ACB 27–19 Cuarto lugar 1 Euroliga 13–5
1995–96 1 ACB 28–12 Terceiro lugar 1 Euroliga 13–8
1996–97 1 ACB 37–8 Cuartos de final 2 EuroCup 15–4
1997–98 1 ACB 29–13 Cuartos de final 1 Euroliga FG 7–9
1998–99 1 ACB 30–11 Semifinais 1 Euroliga CF 11–9
1999–00 1 ACB 32–15 Cuartos de final 1 Euroliga OF 10–8
2000–01 1 ACB 33–12 Subcampión 1 Euroliga CF 10–5
2001–02 1 ACB 26–13 Cuartos de final 1 Euroliga T16 12–8
2002–03 1 ACB 10º 17–17 Cuartos de final 1 Euroliga TR 6–8
2003–04 1 ACB 21–17 Cuartos de final 2 Copa ULEB 12–5
2004–05 1 ACB 35–12 Subcampión Supercopa 1 Euroliga T16 9–11
2005–06 1 ACB 20–18 Semifinais Supercopa 1 Euroliga CF 12–11
2006–07 1 ACB 34–13 Subcampión 2 Copa ULEB 13–4
2007–08 1 ACB 29–7 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga T16 14–6
2008–09 1 ACB 26–12 Cuartos de final 1 Euroliga CF 12–8
2009–10 1 ACB 31–11 Subcampión Supercopa 1 Euroliga CF 12–8
2010–11 1 ACB 29–11 Subcampión Supercopa SF 1 Euroliga 14–9
2011–12 1 ACB 33–13 Campión Supercopa SF 1 Euroliga T16 12–4
2012–13 1 ACB 38–6 Cuartos de final Supercopa 1 Euroliga 21–8
2013–14 1 ACB 38–6 Campión Supercopa 1 Euroliga 25–6
2014–15 1 ACB 35–8 Campión Supercopa 1 Euroliga 24–6
2015–16 1 ACB 37–8 Campión Supercopa SF 1 Euroliga CF 12–15
2016–17 1 ACB 31–11 Campión Supercopa SF 1 Euroliga 26–10
2017–18 1 ACB 38–5 Subcampión Supercopa SF 1 Euroliga 24–12
2018–19 1 ACB 36–7 Subcampión Supercopa 1 Euroliga 26–9
2019–20 1 ACB 21–7 Campión Supercopa 1 Euroliga 22–6
2020–21 1 ACB 34–2 Subcampión Supercopa 1 Euroliga CF 22–17

Partidos fronte equipos da NBA

[editar | editar a fonte]
23 de outubro de 1988 Boston Celtics Estados Unidos 111–96 España Real Madrid España Pazo de Deportes, Madrid
22 de outubro de 1993 Phoenix Suns Estados Unidos 145–115 España Real Madrid Alemaña Olympiahalle, Múnic
11 de outubro de 2007 Resumo Toronto Raptors Canadá 103–104 España Real Madrid España Pazo de Deportes, Madrid
8 de outubro de 2009 Resumo Utah Jazz Estados Unidos 109–87 España Real Madrid España Pazo de Deportes, Madrid
6 de outubro de 2012 Resumo Real Madrid España 93–105 Estados Unidos Memphis Grizzlies Estados Unidos FedExForum, Memphis
8 de outubro de 2012 Resumo Real Madrid España 95–102 Canadá Toronto Raptors Canadá Air Canada Centre, Toronto
8 de outubro de 2015 Resumo Boston Celtics Estados Unidos 111–96 España Real Madrid España Barclaycard Center, Madrid
3 de outubro de 2016 Resumo Oklahoma City Thunder Estados Unidos 137–142 España Real Madrid España Barclaycard Center, Madrid
  1. 1,0 1,1 "El nacimiento de un equipo legendario" [O xurdimento dun equipo lendario]. realmadrid.com (en castelán). Consultado o 1 de setembto de 2021. 
  2. Diario ABC, ed. (25 de agosto de 1931). "Copa Chapultepec" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 01 de setembro de 2021. 
  3. Diario ABC, ed. (16 de setembro de 1931). "EnfrentamientosRayo-Madrid" [Enfrontamentos Rayo-Madrid] (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 01 de setembro de 2021. 
  4. "Creación de la Copa de Europa de baloncesto" [Creación da Copa de Europa de baloncesto]. fibaeurope.com (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]