3 de decembro
Aparencia
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 3 de decembro é o 337º día do ano do calendario gregoriano e o 338º nos anos bisestos. Quedan 28 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1800 - Aplícase, por primeira vez en España, a vacina contra a varíola (descuberta en 1796).
- 1800 - en Múnic, no marco da Segunda Coalición, o xeneral francés Jean Victor Marie Moreau derrota ás forzas monárquicas do arquiduque Carlos na batalla de Hohenlinden. Esta vitoria ―xunto á do primeiro cónsul Napoleón Bonaparte na batalla de Marengo― obriga aos austríacos a asinar o armisticio.
- 1936 - Son fusilados no cemiterio de Boisaca os integrantes do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Luís Martínez Nouche, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.
- 1967 - O cirurxián Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón na Universidade surafricana de Cidade do Cabo. O paciente, Louis Washkansky, sobreviviu 18 días.
- 1976 - Fidel Castro asume o cargo de presidente de Cuba.
- 1984 - En Bhopal, na India, un escape de gases tóxicos nunha planta de pesticidas da empresa Union Carbide causa a morte de miles de persoas.
- 1992 - O petroleiro grego Mar Exeo naufraga fronte á Coruña provocando unha vertedura dunhas 80 000 toneladas de cru.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1684 - Ludvig Holberg dramaturgo, historiador e ensaísta danés da Ilustración, considerado pai da literatura danesa e norueguesa. (m. 1754)
- 1795 - Rowland Hill, profesor e reformador social británico (m. 1879).
- 1869 - Ángel Pardo Puzo, mariño e escritor galego.
- 1883 - Anton Webern, compositor austríaco (m. 1945).
- 1886 - Manne Siegbahn, físico sueco (m. 1978).
- 1902 - Bibiano Fernández Osorio-Tafall, científico e político galego.
- 1922 - Sven Nykvist, director de fotografía sueco.
- 1924 - John Backus, informático estadounidense (m. 2007).
- 1926 - Agustín Sixto Seco, médico galego.
- 1930 - Jean-Luc Godard, cineasta francés.
- 1933 - Paul J. Crutzen, químico holandés.
- 1948 - Ozzy Osbourne, cantante estadounidense de rock.
- 1960 - Julianne Moore, actriz estadounidense.
- 1965 - Juan Valdivia, guitarrista de Héroes del Silencio.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1552 - Francisco Xabier, santo navarro (n. 1506).
- 1592 - Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza (n. 1545).
- 1894 - Robert Louis Stevenson, escritor escocés (n. 1850).
- 1902 - Prudente de Morais, expresidente do Brasil.
- 1909 - José Ojea Otero, político e escritor galego (n. 1845).
- 1911 - Juan Jacobo Durán Loriga, matemático galego (n. 1854).
- 1919 - Auguste Renoir, pintor impresionista francés (n. 1841).
- 1936 - Luis Rastrollo, mestre e sindicalista (n. 1908).
- 1936 - Manuel Maroño Calvo, sindicalista e político galego (n. 1899).
- 1937 - Attila József, poetas húngaro (n. 1905).
- 1963 - José Rubinos Ramos, xesuíta, escritor en lingua galega (n. 1898).
- 2017 - Manuel Moldes, pintor galego (n. 1949).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día de Navarra
- Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- Día Internacional da lingua éuscara
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Francisco Xabier.