23 de abril
Aparencia
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1014 - Batalla de Clontarf: Brian Boru vence aos invasores viquingos, mais perece na batalla.
- 1533 - A Igrexa de Inglaterra anula o matrimonio entre Catarina de Aragón e Henrique VIII de Inglaterra.
- 1834 - Betanzos perde a capitalidade da provincia ao ser asimilada á da Coruña.
- 1846 - Batalla de Cacheiras, que remata co levantamento progresista en Galiza contra o poder central e o fusilamento dos Mártires de Carral.
- 1920 - Fundación da Grande Asemblea Nacional de Turquía e proclamación da República por Ataturk.
- 1937 - Asalto do bou Eva, tráxico período da represión franquista en Galiza.
- 1967 - Lanzamento da Soiuz 1, cun só cosmonauta, Vladimir Komarov, que morre cando a nave se estrela ao retornar.
- 2007 - Lanzamento do observatorio espacial italiano AGILE.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1185 - Afonso II, terceiro rei de Portugal.
- 1564 - William Shakespeare, dramaturgo, poeta e actor inglés.
- 1697 - George Anson, almirante británico (m. 1762).
- 1755 - William Turner, paisaxista inglés, en Covent Garden, Londres.
- 1791 - James Buchanan, presidente dos Estados Unidos (m. 1868).
- 1812 - Alejandro de Castro Casal, político e diplomático galego (m. 1881).
- 1826 - Victoriano Sánchez Barcáiztegui, militar galego (m. 1875).
- 1833 - Aurelio Aguirre, poeta galego.
- 1857 - Ruggero Leoncavallo, compositor italiano (m. 1919).
- 1858 - Max Planck, físico alemán.
- 1858 - Manuel María Puga y Parga, escritor, gastrónomo e político galego.
- 1861 - Ricardo Mella, escritor e activista libertario galego (m. 1925).
- 1867 - Johannes Andreas Grib Fibiger, médico danés (m. 1928).
- 1879 - Aurora Rodríguez Carballeira, nai de Hildegart (m. 1955).
- 1882 - Albert Coates, compositor e director anglo-ruso (m. 1953).
- 1891 - Serguei Prokofiev, músico ruso.
- 1898 - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego.
- 1899 - Vladimir Nabokov, escritor estadounidense, en San Petersburgo.
- 1907 - Baltasar Lopes da Silva, escritor caboverdiano (m. 1989).
- 1923 - Xosé Manuel Rey de Viana, bailarín e coreógrafo galego (m. 1995).
- 1928 - Shirley Temple, actriz estadounidense.
- 1929 - George Steiner, crítico e teórico da literatura francés.
- 1932 - Xosé Chao Rego, teólogo e escritor galego.
- 1936 - Roy Orbison, cantante e compositor estadounidense.
- 1940 - Esperanza Guisán, filósofa galega.
- 1947 - Ifi Amadiume, escritora e antropóloga nixeriana.
- 1954 - Michael Moore, cineasta norteamericano.
- 1955 - Eloi Caldeiro, músico e escritor galego.
- 1976 - Pasión Vega, cantante española.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1016 - Ethelred II, rei de Inglaterra.
- 1605 - Boris Godunov, tsar de Rusia.
- 1616 - Miguel de Cervantes, escritor español.
- 1616 - (calendario gregoriano) William Shakespeare, dramaturgo, poeta e actor inglés.
- 1850 - William Wordsworth, poeta romántico inglés.
- 1868 - Ramón María Narváez, político e militar español.
- 1893 - Manuel Estévez Caneda, político galego (n. 1824).
- 1913 - Marcial Taboada de la Riva, médico e político galego (n. 1837).
- 1940 - Gerardo Doval Rodríguez, avogado e político galego.
- 1967 - Edgar Neville, escritor español (n. 1899).
- 1975 - Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador (n. 1906)
- 1977 - Tino Grandío, pintor galego (n. 1924).
- 1981 - Josep Pla, escritor catalán.
- 1982 - Rebelo Gonçalves, filólogo e lexicográfico portugués (n. 1907).
- 1986 - Otto Preminger, director de cinema estadounidense.
- 1992 - Matilde Vázquez, soprano teatral de zarzuela e revista do século XX.
- 1997 - Francisco Castro Represas, arquitecto galego (n. 1905).
- 2007 - Boris Eltsin, político ruso (n. 1931).
- 2012 - Xosé Manteiga Pedrares, escritor e filósofo galego (n. 1934).
- 2017 - Mariví Villaverde, exiliada e escritora galega (n. 1922).
Festas e Celebracións
[editar | editar a fonte]- Día de Aragón, instituído en 1978.
- Día de Castela e León, en conmemoración da derrota dos Comuneros en Villalar (Valladolid).
- Día dos Namorados en Cataluña, que se celebra cun libro e unha flor.
- Día Mundial do Libro e dos Dereitos de autoría.
- Día Nacional de Inglaterra.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Xurxo