Real Sporting de Gijón
Sporting de Gijón | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Sporting de Gijón, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Rojiblancos (Branquivermellos); Sportinguistas | |||
Fundación | 1 de xullo de 1905 (119 anos) | |||
Estadio | El Molinón, Xixón, España | |||
Inauguración | 1908 | |||
Capacidade | 25.538 | |||
Presidente | Javier Fernández Rodríguez | |||
Adestrador | Rubén Albés | |||
Liga | Segunda División | |||
2017–18 | 4.º | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Concello de Xixón | |||
Na rede | ||||
http://www.realsporting.com/ | ||||
| ||||
O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.[1]
Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.
Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: camiseta de raias verticais brancas e vermellas, representando as cores da bandeira de Xixón, pantalóns azuis (dise que como homenaxe ao mar) e medias azuis con volta vermella.
- Uniforme visitante: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Municipal El Molinón.
O estadio do Sporting de Xixón é o estadio de El Molinón, que data de 1908, sendo o máis antigo do fútbol profesional en España. O seu nome débese a existencia dun antigo gran muíño preto da situación do estadio. A súa capacidade é de 25.885 espectadores e as súas dimensións son de 105 x 68 metros.
O estadio xixonés sufriu varias remodelacións ao longo da súa historia. A primeira prodúcese en 1917. De entre todas elas cabe destacar a que sufriu con motivo da Mundial de España de 1982, durante a cal o estadio acolleu varios partidos do Grupo B, compartido co Estadio Carlos Tartiere de Oviedo. Actualmente estanse levando a cabo obras de ampliación do estadio.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 40
- Tempadas en 2ª: 41
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 0
- Participacións en competicións europeas: 6 (na Copa da UEFA)
Datos en Primeira
[editar | editar a fonte]- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 15º
- Partidos xogados: 1268
- Gañados: 424
- Empatados: 305
- Perdidos: 539
- Goles a favor: 1558
- Goles en contra: 1856
- Puntos: 1195
- Mellor posto: 2º (1978-79)
- Peor posto: 20º (1997-98)
- Peor puntuación acabada a tempada: 13 puntos (1997-98)
- Maior número de tempadas consecutivas: 21 (1977-78 a 1997-98)
- Maiores goleadas conseguidas:
- Na casa: Sporting 7-1 Osasuna (1993-94)
- Fóra: FC Barcelona 0-4 Sporting (1986-87)
- Maiores goleadas encaixadas:
- Na casa: Sporting 2-7 Atlético de Madrid (1947-48)
- Fóra: Athletic de Bilbao 9-0 Sporting (1958-59)
- Maior serie de partidos consecutivos gañandos: 7 partidos (xornadas 1ª a 7ª na tempada 1979-80)
- Maior serie de partidos consecutivos sen perder: 14 partidos (x.34ª da 1981-82 a x.13ª da 1982-83)
Datos en Segunda
[editar | editar a fonte]- Posto na Clasificación histórica da Segunda división: 2º
- Partidos xogados: 1214
- Gañados: 568
- Empatados: 277
- Perdidos: 369
- Goles a favor: 2129
- Goles en contra: 1527
- Puntos: 1575
- Mellor posto: 1º (7 ocasións)
- Peor posto: 13º (3 ocasións)
- Maior número de tempadas consecutivas: 13 (1928-29 a 1943-44)
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Sporting de Gijón.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Datos do 12 de agosto de 2013.
|
|
Xogadores Históricos
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Campionato Rexional de Asturias (13): 1917, 1918, 1920, 1921, 1922, 1923, 1924, 1926, 1927, 1930, 1931, 1940.
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Primeira División de España (1): 1978–79.
- Segunda División de España (5): 1943–44, 1950–51, 1956–57, 1969–70, 1976–77.
- Subcampión da Copa do Rei (2): 1981, 1982.
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Villa de Gijón (23): 1962, 1963, 1965, 1970, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1984, 1985, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1996, 2001, 2002, 2008, 2014
- Trofeo Ramón Losada (8): 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2008, 2009, 2010
- Trofeo Emma Cuervo (7): 1957, 1960, 1963, 1967, 1972, 2007, 2012
- Trofeo Principado (5): 1988, 1991, 1993, 1994, 2006
- Trofeo Ibérico (2): 1972, 1979
- Copa Stadium (2): 1979, 1981
- Trofeo Luis Otero (2): 2003, 2008
- Trofeo Amberes (1): 1963
- Trofeo Juan Antonio Samaranch (1): 1979
- Trofeo Ramón de Carranza (1): 1984
- Trofeo do Centenario do Portugalete (1): 2009
- Trofeo Cidade de Vigo (1): 2011
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Real Sporting de Gijón B.
O filial do Sporting é o Sporting B, fundado en 1967. Actualmente xoga na Segunda División B Española.