RenderMan
Aparencia
RenderMan Interface Specification (RISpec) é unha API desenvolvida por Pixar para transformar as escenas tridimensionais das súas producións en imaxes dixitais de alta calidade. Existe un protocolo de comunicación entre o programa de modelado e o de renderizado, necesario para poder "comprender" os comandos do programa e "traducilos" a unha imaxe fotorrealística.
Este programa é usado, principalmente, de dúas maneiras:
- Para crear longametraxes mediante a técnica da animación por ordenador (como as coñecidas Toy Story, Finding Nemo, Antz, Monsters, Inc. ou The Incredibles).
- Para rodar fragmentos de maior ou menor duración en longametraxes de non-animación. Estes fragmentos son, principalmente, efectos visuais dixitais (como os vistos en Star Wars ou O Señor dos Aneis).