Saltar ao contido

The Incredibles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Incribles
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalThe Incredibles
DirectorBrad Bird
ProdutorJohn Walker
GuiónBrad Bird
IntérpretesCraig T. Nelson
Jason Lee
Holly Hunter
Sarah Vowell
Spencer Fox
Samuel L. Jackson
Elizabeth Peña
Brad Bird
MúsicaMichael Giacchino
FotografíaAndrew Jimenez
Patrick Lin
Janet Lucroy
MontaxeStephen Schaffer
EstudioWalt Disney Pictures
Pixar Animation Studios
DistribuidoraBuena Vista Pictures
Estrea2004
Duración115 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$92 millóns
Recadación$631 442 092[1]
Filme seguinteIncredibles 2
Na rede
https://www.pixar.com/feature-films/the-incredibles
IMDB: tt0317705 Filmaffinity: 288179 Allocine: 53096 Rottentomatoes: m/the_incredibles Mojo: incredibles Allmovie: v287450 TCM: 536488 Metacritic: movie/the-incredibles TV.com: movies/the-incredibles Netlix: 70001989 Editar o valor en Wikidata

The Incredibles (en galego, Os Incribles) é o sexto filme de animación de Pixar Animation Studios, gañador na súa categoría dos Premios Oscar, e o primeiro cun elenco enteiramente composto por personaxes humanos, estreado nos Estados Unidos o 5 de novembro de 2004 e en España o 26 de novembro do mesmo ano.

O filme está escrito e dirixido por Brad Bird, antigo director de capítulos de The Simpsons e máis coñecido por ser responsable da dirección do filme de animación The Iron Giant. Inicialmente foi concibido como un filme de animación convencional para a compañía Warner Bros pero esta clausurou a súa división de animación. Brad Bird foi contratado daquela por Pixar para desenvolver alí o proxecto.

A historia comeza con tres superheroes, Mr. Incredible (Bob Parr), a superheroína Elastigirl (Helen Parr) e Frozone (Lucius Best) nos seus días de gloria, salvando o mundo ata que Mr. Incredible foi demandado por unha persoa que o salvou. Isto provocou unha vaga de accións legais contra todos os superheroes, que foron mandados a un retiro forzado polos próximos 15 anos.

Bob Parr agora ten un emprego rutineiro e aburrido cun xefe insoportable. Bob traballa para manter a súa encantadora familia, composta pola súa dona Helen (Elastigirl) e os seus tres fillos Jack-Jack, Violet, e Dash.

Furioso co seu traballo e co xefe, golpéao, acción que fai que quede sen emprego. É nese momento cando Bob recibe unha proposta para traballar de superheroe, por parte dunha misteriosa e sedutora muller chamada Mirage. Non dubida en aceptar a súa oferta, pero non imaxina que se trata dunha trampa preparada polo malvado Syndrome (Síndrome), un antigo ex-admirador de Mr. Incredible, que quixo ser o seu axudante, só véndose rexeitado por el, e despois diso, está en busca de vinganza. Por fortuna a súa familia acode na súa axuda e xuntos tratarán de impedir que Syndrome faga realidade o seu malvado plan.

The Incredibles gañou os premios Oscar da academia de cine norteamericana ó mellor filme de animación e mellor edición de son do ano 2004.

Ademais, recibiu excelentes críticas e foi galardoada noutros moitos certames recibindo multitude de premios premios e nomeamentos.

  1. "The Incredibles (2004)". Box Office Mojo. Amazon.com. Consultado o 5 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]