One Man Band
Aparencia
One Man Band | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Andrew Jimenez Mark Andrews |
Produtor | Osnat Shurer John Lasseter Brad Bird |
Guión | Andrew Jimenez Mark Andrews |
Música | Michael Giacchino |
Montaxe | Steve Bloom |
Estudio | Pixar Animation Studios Walt Disney Pictures |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 31 de xaneiro de 2005 9 de xuño de 2006 (con Cars) |
Duración | 4 minutos e 33 segundos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Na rede | |
https://www.pixar.com/one-man-band | |
One Man Band é unha curtametraxe de animación de Pixar estreada no 2005.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Bass é un home orquestra que toca na praza dende hai anos. Un día, chega Treble, un novo home orquestra que semella superalo. Aí entra Tippy, unha cativa que quere pedir un desexo á fonte cunha moeda. Xa que os dous precisan dunha moeda, Bass e Treble comezan a competir pola atención de Tippy, facendo que ela tire a moeda por accidente. Anoxada, Tippy pídelle un dos seus violíns a Treble, e sorprendentemente tócao como unha verdadeira profesional, facendo que un home lle entregue unha enorme bolsa chea de moedas. Tippy saca dúas e tenta con elas a Bass e Treble. Porén, lánzaas ó tope da fonte. Despois dos créditos, vese como ambos tratan de facerse coas moedas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)
- One Man Band' na IMDb (en inglés)
- One Man Band na Big Cartoon DataBase (en inglés)
Predecesor: Boundin' |
Curtametraxes de Pixar Animation Studios 2005 |
Sucesor: Lifted |