Saltar ao contido

Shuji Nakamura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShuji Nakamura

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 中村修二 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Ikata, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Tokushima (en) Traducir
Universidade de Nagoia
Instituto de Ozu da prefeitura de Ehime Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, inventor, enxeñeiro, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Califórnia en Santa Bárbara (1999–)
Ehime University (en) Traducir
Nichia Corporation (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm6893225 Editar o valor en Wikidata

Shuji Nakamura (中村 修二 Nakamura Shūji?), nado en Ikata o 22 de maio de 1954, é un enxeñeiro electrónico e inventor estadounidense de orixe xaponesa especializado no eido da tecnoloxía dos semicondutores, profesor no Departamento de Materiais no College of Engineering da University of California, Santa Barbara (UCSB).[1]

Polo seu traballo foi galardoado co Premio Nobel de Física de 2014, xunto con Isamu Akasaki e Hiroshi Amano pola "invención de diodos emisores de luz azuis eficientes permitiron fontes de luz branca brillantes e que aforran enerxía".[2] En 2015, a súa achega á comercialización e o desenvolvemento da tecnoloxía de iluminación LED branca de baixo consumo foi recoñecida co Premio Global Energy. En 2021, Nakamura, xunto con Akasaki, Nick Holonyak, M. George Craford e Russell D. Dupuis foron galardoados co Queen Elizabeth Prize for Engineering "pola creación e desenvolvemento de iluminación LED, que constitúe a base de toda a tecnoloxía de iluminación de estado sólido".[3]

  1. "Shuji Nakamura". Santa Barbara: Universidade de California. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2008. 
  2. "The 2014 Nobel Prize in Physics - Press Release". Nobelprize.org. Nobel Media AB 2014. Consultado o 7 de outubro de 2014. 
  3. qeprize.org (ed.). "2021 QEPrize Winners. LED Lighting". Consultado o 29 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Shuji Nakamura, Gerhard Fasol, Stephen J. Pearton, The Blue Laser Diode : The Complete Story, Springer; 2ª edición, 2 de outubro de 2000, (ISBN 3-540-66505-6)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]