Stephen Album
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1942 |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de California en Berkeley. |
Q89547790 | Estudos de moeda islámica e oriental. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Membro de | |
Premios | |
2000 e 2005: Samir Shamma (RNS). 2005: Medalla Huntington (ANA). |
Stephen M. Album, nado en Nova York o 31 de decembro de 1942, é un numismático estadounidense especializado en moeda islámica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Stephen M. Album, nado en Nova York en 1942, cursou os seus estudos superiores de Matemáticas na Universidade de California en Berkeley, onde se graduou en 1963. En 1971 acadou o seu mestrado en Estudos de Oriente Próximo, na mesma universidade.[1][2][3]
A vinculación de Album á numismática comezou en 1960,[3] e a partir de 1975 dedicuose por completo a esta rama do saber, ata se converter nun experto nas emisións do mundo islámico,[1] tanto desde o punto de vista académico como desde o comercial.[4]
En 1977 publicou unha versión totalmente reescrita da obra de William Marsden Numismata Orientalia Illustrata, unha guía para o coleccionismo de moedas islámicas e orientais. Ootro dos seus traballos máis salientables foi a súa contribuciión con tres dos dez volumes na obra monuimental Sylloge of Islamic Coins, que cataloga as moedas islámicas da colección do Museo Ashmolean, de Oxford.[3][4]
En 1976, Stephen Album estableceu un comercio numismático especializado nas poxas de moedas raras, sinaladamente islámicas e orientais.[3][5]
Entre outras scoiedades eruditas, Album é membro da American Numismatic Society, de Nova York.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2000 e 2005: Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres.[7]
- 2003: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[1][2][3][8]
- 2004: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Tubinga.[3]
- 2021: inclusión na listaxe de persoas máis influentes en en Numismática no períoso 1960-2020, pola revista Coin World.[1][3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Stephen Album ao longo da súa traxectoria:[1][3][4]
- (1971-1974). Catalogue of California Trade Tokens. S. Album, Berkeley.
- (1971). Vol. 1. Nothern California.
- (1974). Vol. 2. Southern California and San Francisco.
- (1971). California Trade Token Place Names in 1971 (con D. Feisel).
- (1977). Marsden's Numismata orientalia illustrata. ISBN 978-0915018161
- (1980). California '76: Tokens and Medals of the American Revolution (con D. Feisel).
- (1993). A Cheklist of Islamic Coins.S. Album, Berkeley. ISBN 978-0963602411
- (1999-2002). Sylloge of ISlamic Coins In the Ashmolean Museum. Ashmolean Museum, Oxford.
- (1999). Vol 10. Coins of Arabia and East Africa. ISBN 978-1854441256
- (2001). Vol. 9, Iran after the Mongol Invasion (con T. Goodwin). ISBN 9781854441591
- (2002). Vol. 1: The Pre-Reform Coinage of the Early Islamic Period (con T. Goodwin). ISBN 978-1854441737
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 "Stephen Album voted 2003 Huntington recipient". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Steve Album". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 10.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Our Staff: Stephen Album". Stephen Album Rare Coins (Db.stephenalbum.com).
- ↑ "Our Company". Stephen Album Rare Coins (Db.stephenalbum.com).
- ↑ "ANS Fellows 2023". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Album, Stephen M.". En American Numismatic Biographies. Páxina 8.