Saltar ao contido

Sydney F. Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSydney Furman Martin
Biografía
NacementoDecembro de 1945.
Schilling Air Force Base, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2021
Jacksonville.
Florida.
Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense.
Educación Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
Q89547790Estudos sobre moeda colonial dos EEUU.
Actividade
Campo de traballoNumismática e industria militar.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSharon Athy. Editar o valor en Wikidata
Premios
(2020): Medalla Huntington (ANS.

Sydney Furman Martin, nado en decembro de 1945 en Salina (Kansas) e finado o 19 de xaneiro de 2021 en Jacksonville (Florida), foi un industrial, filántropo e numismático estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sydney F. Martin naceu na base de Smoky Hill da forza aérea dos EEUU en Salina, Kansas, fillo de Furman C. Martin e de Naomi Louise Stevens. Durante a súa infancia desprazouse a varios lugares dos EEUU coa súa familia ata o retiro do seu pai en 1959, cando se instalou en Warsaw, Indiana, onde se graduou en educación secundaria en 1963. Posteriormente cursou tanto o grao como o mestrado en Ciencias no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, e a partir de aí comezou a súa carreira na industria de defensa, primeiro en diferentes empresas e a partir de 1988 en Sytex, Inc., a compañía que fundou xunto coa súa esposa, Sharon Martin.[1][2]

Paralelamente ao seu labor profesional, durante as tres décadas que residiu en Doylestown, Filadelfia, Martin foi un grande interesado pola filantropía, a arte e, sobre todo, a numismática. Nestes ámbitos ocupou diversos postos, como o de presidente do Museo de Arte de Michener, vicepresidente da Sociedade Histórica de Doylestown, e membro da dirección da Sociedade Bibliográfica Nacional e mesmo dos Boy Scouts dos EEUU.[1][2]

No ámbito numismático, Sydney F. Martin foi membro da American Numismatic Society desde 1997, e entre 2013 e 2020 exerceu a presidencia desta institución.[3] Tanto como coleccionista como nas súas investigacións, especializouse na moeda estadounidense da época colonial e prefederal, aspecto sobre o que realizou numerosas publicacións, e tamén foi o editor da revista Colonial Coin Collectors Society Newsletter. Na súa honra, a Sociedade de Coleccionistas de Moedas Coloniais creou o premio F. Martin á publicación numismática.[1][2]

Xunto coa súa muller emprendeu varios proxectos filantrópicos, entre o que destaca a creación do proxecto Philadelphia Prostate Cancer Bioma no Jefferson Hospital.[1]

Sydney Furman Martin morreu vítima do cancro o 19 de xaneiro de 2021 en Jacksonville, Florida.[1][2][4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Medalla da Orde de Santa Barbara.[1][2]
  • Medalla Knowlton.[1][2]

Numismática

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • (2007). The Hibernia Coinage of William Wood (1722-1724). Colonial Coin Collectors Club, Fort Myers. ISBN 9780615153964
  • (2011). The Rosa Americana Coinage of William Wood. Colonial Coin Collectors Club, Fort Myers. ISBN 9780692013625
  • (2015). French Coinage Specifically for Colonial America. Colonial Coin Collectors Club, Fort Myers. ISBN 9781495171567
  • (2018). St. Patrick Coinage for Ireland and New Jersey. Colonial Coin Collectors Club. ISBN 9781532366253

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]