Saltar ao contido

Tour de Francia 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2008
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.558,5 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaBrest Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes145, final
180, inicio Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia e Italia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2008 – 27 de xullo de 2008 Editar o valor en Wikidata
Número de edición95 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Carlos Sastre
Segundo da clasificación xeral Cadel Evans
Terceiro da clasificación xeral Denis Menchov
Gañador da clasificación por puntos Óscar Freire
Gañador da clasificación da montaña Carlos Sastre
Vencedor da classificação dos jovens Andy Schleck
Winner of the most combative rider Sylvain Chavanel
Vencedora da classificação por equipas Tinkoff-Saxo
Editar o valor en Wikidata

2007 Editar o valor en Wikidata
2009 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2008 foi a 95ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3559 quilómetros comezou o 5 de xullo na cidade bretoa de Brest, e rematou o 27 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

A ronda gala saíu da cidade bretoa de Brest e chegou como decote á cidade de París, onde tivo a meta nos seus Campos Elisios. A proba decorreu case totalmente por territorio francés, se ben pasou tamén por Italia. Na vila de Prato Nevoso tivo lugar a chegada da 15ª tirada, mentres que a 16ª saíu de Cuneo, tamén na zona alpina italiana.

O percorrido, de 3.554 quilómetros, tivo 21 tiradas sen prólogo, algo novidoso no conxunto das últimas edicións.

Houbo dúas xornadas de descanso intercaladas, cinco chegadas en alto, once tiradas chás, catro de media montaña e dúas contra o reloxo individuais.

Participantes

[editar | editar a fonte]

20 equipos tomaron a saída, con 9 corredores por equipo, facendo un total de 180 participantes, dos que remataron a carreira 144.

Equipo Líder
Agritubel Cristophe Moreau Francia
Ag2r La Mondiale Cyril Dessel Francia
Garmin Chipotle Christian Vande Velde
Barloworld Mauricio Soler
Bouygues Télécom Pierrick Fedrigo Francia
Caisse d´Epargne Alejandro Valverde España
Cofidis Sylvain Chavanel Francia
Crédit Agricole Thor Hushovd
Euskaltel-Euskadi Haimar Zubeldia
Française des Jeux Sandy Casar Francia
Equipo Líder
Gerolsteiner Stefan Schumacher Alemaña
Lampre Damiano Cunego Italia
Liquigas Filippo Pozzato Italia
Silence-Lotto Cadel Evans Australia
Quick Step-Innergetic Stijn Devolder Bélxica
Rabobank Denis Menchov
Saunier Duval-Prodir Riccardo Riccò Italia
CSC Saxo Bank Carlos Sastre España
Milram Erik Zabel Alemaña
Team Columbia Kim Kirchen Luxemburgo

Galegos no Tour

[editar | editar a fonte]

O único corredor galego no Tour foi Óscar Pereiro, do equipo Caisse d'Epargne, partindo co dorsal 37. Pereiro tivo que retirarse logo de sufrir unha perigosa caída[1] na décimo quinta tirada.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 5 de xullo BrestPlumelec Etapa de media montaña 195 España Alejandro Valverde España Alejandro Valverde
2.ª 6 de xullo AuraySaint-Brieuc 165 Thor Hushovd España Alejandro Valverde
3.ª 7 de xullo Saint-MaloNantes 195 Francia Samuel Dumoulin Francia Romain Feillu
4.ª 8 de xullo CholetCholet 29 (CRI) Alemaña S.Schumacher Luxemburgo Kim Kirchen Alemaña S.Schumacher Luxemburgo Kim Kirchen
5.ª 9 de xullo CholetChâteauroux 230 Mark Cavendish Alemaña S.Schumacher Luxemburgo Kim Kirchen
6.ª 10 de xullo AigurandeSuper-Besse Etapa de media montaña 195 Italia R.Ricco España Alejandro Valverde Luxemburgo Kim Kirchen
7.ª 11 de xullo BrioudeAurillac 158 España Luis León Sánchez Luxemburgo Kim Kirchen
8.ª 12 de xullo FigeacTolosa 174 Mark Cavendish Luxemburgo Kim Kirchen
9.ª 13 de xullo TolosaBagnères de Bigorre Etapa de montaña 222 Italia R.Ricco Vladimir Efimkin Luxemburgo Kim Kirchen
10.ª 14 de xullo PauHautacam Etapa de montaña 156 Italia L.Piepoli España Juan José Cobo Australia Cadel Evans
11.ª 16 de xullo LannemezanFoix 166 Kurt Asle Arvesen Australia Cadel Evans
12.ª 17 de xullo LavelanetNarbona 168 Mark Cavendish Australia Cadel Evans
13.ª 18 de xullo NarbonaNimes 182 Mark Cavendish Australia Cadel Evans
14.ª 19 de xullo NimesDigne-les-Bains 182 España Óscar Freire Australia Cadel Evans
15.ª 20 de xullo EmbrunItalia Prato Nevoso Etapa de montaña 216 Australia Simon Gerrans Luxemburgo Frank Schleck
16.ª 22 de xullo Italia CuneoJausiers Etapa de montaña 157 Francia Cyril Dessel Luxemburgo Frank Schleck
17.ª 23 de xullo EmbrunAlpe d'Huez Etapa de montaña 210 España Carlos Sastre España Carlos Sastre
18.ª 24 de xullo Bourg-d'OisansSaint-Étienne 197 Alemaña Marcus Burghardt España Carlos Sastre
19.ª 25 de xullo RoanneMontluçon 163 Francia Sylvain Chavanel España Carlos Sastre
20.ª 26 de xullo CérillySaint Amand Montrond 53 (CRI) Alemaña S.Schumacher Suíza Fabian Cancellara España Carlos Sastre
21.ª 27 de xullo ÉtampesParís 143 Bélxica Gert Steegmans España Carlos Sastre
  • CRI - Contra o reloxo individual.

Tres ciclistas foron acusados de empregaren substancias ou prácticas dopantes durante a celebración desta edición do Tour de Francia. O primeiro caso detectado foi o do ciclista español Manuel Beltrán, do Liquigas, ao que se lle atoparon[2], niveis anómalos de EPO no sangue nun control pasado na primeira tirada da proba. Foi expulsado do Tour. O segundo foi o tamén español Moisés Dueñas, tamén do Liquigas, e tamén por EPO. No rexistro policial subseguinte atopáronlle materiais dopantes, e foi detido[3] e expulsado do Tour. O terceiro foi o italiano Riccardo Riccò, do Saunier Duval, así mesmo por consumo de EPO. Riccò obtivera a vitoria en dúas tiradas da rolda gala, e figuraba á cabeza da clasificación da montaña. Riccò era o líder do seu equipo, foi detido e expulsado do Tour, ao mesmo tempo que o conxunto do equipo deixaba a proba[4].

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

O terceiro clasificado da xeral, o austríaco Bernhard Kohl, foi eliminado da carreira tralo seu remate, por mor dun positivo nun control antidopaxe. A clasificación da montaña, liderada polo mesmo corredor, quedou sen gañador.

Carlos Sastre entrando en París co maillot amarelo.
Posición Ciclista Equipo Tempo
España Carlos Sastre CSC-Saxo Bank 87h 52' 52"
2 Australia Cadel Evans Silence-Lotto + 58"
Desc. Austria Bernhard Kohl Gerolsteiner + 1' 13"
3 Denis Menchov Rabobank + 2' 10"
4 Christian Vande Velde Garmin Chipotle + 3' 05"
5 Luxemburgo Frank Schleck CSC-Saxo Bank + 4' 28″
6 España Samuel Sánchez Euskaltel-Euskadi + 6' 25″
7 Luxemburgo Kim Kirchen Columbia + 6' 55″
8 España Alejandro Valverde Caisse d'Épargne + 7' 12″
9 Eslovenia Tadej Valjavec AG2R La Mondiale + 9' 05″
10 Vladimir Efimkin AG2R La Mondiale + 9' 55″

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]